Crataegus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outros usos véxase Estripeiro
Estripeiros (xénero Crataegus)
Estripeiro común (Crataegus monogyna)
Estripeiro común (Crataegus monogyna)
Clasificación científica
Superreino: Eukaryota
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Rosidae
Orde: Rosales
Familia: Rosaceae
Subfamilia: Spiraeoideae
Tribo: Pyreae
Xénero: ''Crataegus''
Tourn. ex L.
Especie

Véxase Especies de Crataegus.

Estripo común (primeiro plano das flores.

Crataegus é o nome científico dun dos dous xéneros nos que se dividen os espiños, un clado grande de arbustos e de árbores miñudas na familia Rosaceae, naturais das rexións temperadas do Hemisferio Norte en Europa, Asia e América do Norte. É a flor do estado de Missouri. En galego coñécense coma espiñeiros, espiños, estripeiros ou estripos[1].

Caracterízanse polos seus froitos miúdos, semellantes a un pero e as súas pólas espiñentas. O xénero relaciónase co asiático Rhaphiolepis. En Galiza é común a especie Crataegus monogyna (o estripeiro común).

Descrición[editar | editar a fonte]

Estes arbustos ou arboriñas, medran na súa maioría até os 5-15 m de alto,[2]. Posúen froitos miúdos en forma de pomo e (normalmente) teñen pólas espiñentas. O tipo máis habitual ten a casca cinsenta nos exemplares novos, desenvolvendo fendas lonxitudinais con cristas estreitiñas nas árbores máis idosas. As espiñas son poliñas miúdas apuntadas que se alzan quer doutras pólas, quer dende o toro, e teñen tipicamente 1-3 cm de longo (téñense documentdo de até 11,5 cm nun caso.[2]page 97) As follas medran en espiral dispostas en longas pólas, e en acios nos gomos con espiñas ou ramiñas. As follas da meirande parte das especies teñen bordos lobulados ou serrados e son dunha forma algo variábel. O froito ten forma de baga, mais estruturalmente é un pomo que contén de 1 a 5 sementes que se asemellan á carabuña das ameixas, pexegos, etc. que son froitos drupáceos na mesma subfamilia.

Ecoloxía[editar | editar a fonte]

Os estripos fornecen alimento e acubillo a moitas especies de aves e mamíferos. As flores son importantes para moitos insectos que se alimentan do néctar. Os espiñeiros tamén son alimento de larvas dun gran número de lepidópteros, sendo moi importantes para a vida silvestre no inverno, particularmente túrdidos e bombicílidos; estes paxaros comen dos estripeiro e espallan as sementes coas súas deposicións.

Moitas especies e híbridos úsanse coma ornamentais. O estripeiro común europeo, común en Galiza, úsase amplamente en Europa como sebe. En Galiza este uso non é común, empregándose tradicionalmente a árbore coma patrón para enxertar froiteiras. Téñense seleccionado varios cultivares da especie Crataegus laevigata polas súas flores rosas ou vermellas.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

O número de especies no xénero depende da interpretación taxonómica. Algúns botánicos noutrora recoñeceron milleiros de especies,[3] moitas das cales son, realmente, microespecies apomícticas. Calcúlase que un número razoábel serían 200 especies,[2] porén non queda claro cantas cómpre recoñecer, por mor a que "unha gran anaco da sinonimia, especialmente nos Crataegus de América do Norte, aínda non se arranxou."[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. http://www.realacademiagalega.org/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=estripeiro
  2. 2,0 2,1 2,2 Phipps, J.B., O’Kennon, R.J., Lance, R.W. (2003). Hawthorns and medlars. Royal Horticultural Society, Cambridge, Reino Unido.
  3. Palmer, E.J. (1925). Synopsis of North American Crataegi. Journal of the Arnold Arboretum. 6(1-2): 5–128.
  4. Phipps, J.B.; Robertson, K.R.; Smith, P.G.; Rohrer, J.R. (1990). A checklist of the subfamily Maloideae (Rosaceae). Canadian Journal of Botany. 68(10): 2209–2269.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Crataegus