Chus Lampreave
| Chus Lampreave | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | María Jesús Lampreave 11 de decembro de 1930 Madrid, España |
|||||||||||
| Ficha na IMDb | ||||||||||||
|
||||||||||||
María Jesús Lampreave, nada en Madrid o 11 de decembro de 1930, é unha actriz española.
Índice |
Biografía [editar]
Aínda que nunca tivo vocación de actriz, converteuse nunha das máis recoñecidas e apreciadas do cine español. Participou en máis de cincuenta películas e numerosos traballos en televisión, colaborando cos máis importantes directores do Estado.
Tras cursar o bacharelato e movida pola súa gran paixón pola pintura, ingresou na Academia de Belas Artes de San Fernando e por medio de Jaime de Armiñán, en 1958, Chus fai o seu debut como actriz na televisión. O seus comezos no cine foron da man de Marco Ferreri e Luis García Berlanga, con quen traballou despois en películas tan emblemáticas como El verdugo e na triloxía Nacional.
Mais os seus maiores éxitos serían na década de 1980 e da man do director Pedro Almodóvar, co que roda Entre tinieblas (1983), ¿Qué he hecho yo para merecer esto? (1984) e Matador (1986). Con el colaborou en cinco películas máis, incluíndo Hable con ella (2002) e Volver (2006). Cabe destacar que é a única actriz que traballou co manchego con regularidade en toda a súa filmografía.
Con Fernando Trueba actúa, en 1986, en El año de las luces, nun papel que supón a primeira das súas cinco candidaturas ao Premio Goya. Especializada en personaxes inxenuos ou despistados, adquire maior protagonismo en Espérame en el cielo (Antonio Mercero, 1988). Con Trueba volve a colaborar en Belle Époque (1992), filme gañador do Óscar á mellor película de fala non inglesa e pola que Chus obtivo o Goya á mellor actriz de reparto.
Filmografía [editar]
Televisión [editar]
Premios e candidaturas [editar]
Festival Internacional de Cine de Cannes
| Ano | Categoría | Película | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2006 | Mellor actriz (en conxunto co resto de actrices) | Volver | Gañadora |
| Ano | Categoría | Película | Resultado |
|---|---|---|---|
| 1995 | Mejor interpretación femenina de reparto | La flor de mi secreto | Candidata |
| 1992 | Mellor interpretación feminina de reparto | Belle Époque | Gañadora |
| 1989 | Mellor interpretación feminina de reparto | Bajarse al moro | Candidata |
| 1988 | Mellor interpretación feminina de reparto | Espérame en el cielo | Candidata |
| 1986 | Mellor interpretación feminina de reparto | El año de las luces | Candidata |
| Ano | Categoría | Película/Serie de TV | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2005 | Toda una vida | Gañadora | |
| 1993 | Mellor actriz de televisión | ¿De parte de quién? | Semifinalista (1ª ronda) |
| 1990 | Mellor actriz de televisión | Eva y Adán, agencia matrimonial | Candidata |
| 1988 | Mellor actriz de cine | Espérame en el cielo Miss Caribe Mujeres al borde de un ataque de nervios |
Candidata |
| 1986 | Mellor actriz de cine | El año de las luces Lulú de noche MatadorMatador |
Candidata |
| 1984 | Mellor actriz de cine | ¿Qué he hecho yo para merecer esto? | Candidata |
| Ano | Categoría | Película | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2008 | Mellor actriz secundaria de cine | Fuera de carta | Candidata |
| 2006 | Mellor actriz de reparto de cine | Volver | Gañadora |
| 1995 | Mellor interpretación secundaria de cine | La flor de mi secreto | Candidata |