La escopeta nacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La escopeta nacional
Ficha técnica
Título orixinalLa escopeta nacional
DirectorLuis García Berlanga
GuiónLuis García Berlanga
Rafael Azcona
IntérpretesRafael Alonso
Luis Escobar
Conchita Montes
Agustín González
Antonio Ferrandis
José Luis López Vázquez
Mónica Randall
FotografíaCarlos Suárez
MontaxeJosé Luis Matesanz
EstudioImpala
DistribuidoraIn-Cine Compañía Industrial Cinematográfica
Estrea14 de setembro de 1978
Duración95 minutos
OrixeEspaña España
XéneroComedia
Na rede
IMDB: tt0076001 Filmaffinity: 608039 Allocine: 44709 Allmovie: v147664 TCM: 483782 Editar o valor em Wikidata

La escopeta nacional é un filme español de 1978 do director Luis García Berlanga que mostra un acedo retrato da clase empresarial e política dos últimos anos do franquismo, xa nos anos 70. Debido ao éxito do filme seguíronlle dous filmes máis que conformaron a triloxía da familia Leguineche: Patrimonio nacional (1981) e Nacional III (1982), ben acollidas pola crítica e o público. Berlanga inspirouse nas cazarías de Franco para realizar o filme.[1]

Sinopse[editar | editar a fonte]

Inverno de 1972. Jaume Canivell (José Sazatornil), un fabricante catalán de porteiros electrónicos para edificios, viaxa a Madrid coa súa secretaria (Mónica Randall), quen en realidade é a súa amante. Van asistir a unha cazaría paga por el mesmo na leira "Los Tejadillos", propiedade dos Marqueses de Leguineche. Porén, oficialmente é o marqués quen paga a cazaría aos amigos. O obxectivo de Canivell é relacionarse coa alta sociedade para mellorar o negocio e poder vender os porteiros nas urbanizacións de nova construción. Na cazaría establece amizade con Álvaro (Antonio Ferrandis), Ministro de Industria do gabinete.

Porén, desde que chega á leira todo son sobresaltos e aparicións de personaxes absurdos. Durante a súa estadía, Canivell e a súa parella son testemuños da destrución dunha extravagante colección do marqués de Leguineche (Luís Escobar), do rapto dunha actriz masoquista (Bárbara Rey) polo fillo onanista do marqués (José Luís López Vázquez) ou do cambio de goberno que deixa ao seu contacto ministerial na rúa. Isto obriga a Canivell a gañarse agora a amizade do novo equipo de goberno, do Opus Dei, presente tamén na cazaría. Entre outros disparates, o propio Canivell debe facerse pasar por un produtor de cine, axudar na misa na capela da leira, "aceptar" que a cazaría a paga o marqués ou devolver "xenerosamente" un premio dun bingo celebrado na leira.

Personaxes principais[editar | editar a fonte]

Produción[editar | editar a fonte]

Entre as localizacións da rodaxe atópase a leira madrileña de "El Ricón". Está situada no municipio de Aldea del Fresno, no suroeste da Comunidade, a 53 km da capital.[2]

Premios[editar | editar a fonte]

34.ª edición das Medallas do Círculo de Escritores Cinematográficos[3]

Categoría Premiado Resultado
Mellor filme La escopeta nacional Gañadora

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Las 100 sagas imprescindibles del cine. La escopeta nacional". Fotogramas. Consultado o 17 de abril de 2024. 
  2. "Palacios de película: así apoyan Carlos Falcó y otros aristócratas el cine español" (en castelán). 2020-02-05. Consultado o 2021-03-22. 
  3. "Medallas del CEC a la producción española de 1978". Círculo de Escritores Cinematográficos. Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2021. Consultado o 10 de decembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]