X edición dos Premios Goya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A cerimonia de entrega da X edición dos Premios Goya tivo lugar no Palacio Municipal de Congresos de Madrid o 27 de xaneiro de 1996. A dirección da gala correu a cargo de Manuel Gómez Pereira e foi presentada por Verónica Forqué e Javier Gurruchaga. A película Nadie hablará de nosotras cuando hayamos muerto, dirixida por Agustín Díaz Yanes, foi a triunfadora desa edición con 8 premios de 10 nominacións.