Andrea Saccocci

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAndrea Saccocci
Biografía
Nacemento1953
Monte San Savino, Italia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeItaliano.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Lugar de traballo Udine Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónnumismático , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversity of Udine (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Premios
(2007): Jeton de Vermeil (SFN).

Dialnet: 2150164


Andrea Saccocci, nado en Monte San Savino, Arezzo, en 1953, é un numismático italiano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Entre 1982 e 1992, Andrea Saccocci ocupou o posto de conservador do Museo Cívico Bottacin, de Padua.[1]

A partir de 1992 comezou a exercer a docencia de Numismática na Università degli Studi di Udine, en Padua, desde 2002 como profesor titular.[1][2][3]

Entre outras entidades asociativas, Saccocci é membro da Sociedade Numismática Italiana e desde 2001 forma parte do seu consello directivo. Nesta entidade, desde 2006 codirixe a súa publicación periódica, Rivista Italiana di Numismatica.[2][3][4] En abril de 1997 foi elixido membro correspondente da American Numismatic Society, de Nova York, institución na que participou como conferenciante.[1]

O seu centro de interese como investigador é a moeda italiana medieval e moderna, sinaladamente á cuñada nas cecas do norte de Italia entre os séculos VIII e XVI.[2][3] Desde 1999 veu colaborando no proxecto Medieval European Coinage, da Universidade de Cambridge, e froito desta colaboración é a súa redacción do volume XII da serie, correspondente ás emisións do norte de Italia.[1][5]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma da produción bibliográfica de Andrea Saccocci ao longo da súa carreira:[6][7][8][9]

Monografías[editar | editar a fonte]

Escolma de artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "CV Andrea Saccocci". Università degli Studi di Udine.
  2. 2,0 2,1 2,2 "Il ripostiglio monetale di Serravalle (secoli XIV-XV)". En Archivo Storico Cenedese. Decembro de 2017.
  3. 3,0 3,1 3,2 "Sette giorni di tweet con Andrea Saccocci". Corriere della Sera.
  4. "Comitato Scientifico Arquivado 19 de febreiro de 2020 en Wayback Machine.". No espazo da Revista na web da SNI.
  5. Véxase (2016) en "Publicacións".
  6. "Saccocci, Andrea". WorldCat Identities.
  7. "Saccocci, Andrea 1953- Arquivado 04 de decembro de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
  8. "Saccocci, Andrea (1953-)". Persee.fr
  9. "Andrea Saccocci". Academia.edu