Chongqing - 重庆
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa xeografía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Coordenadas: 29°33′30″N 106°34′00″E / 29.55833°N 106.5666667°E
Chongqing (ou Chungking; 重庆 en chinés) é unha das catro municipalidades controladas diretamente polo goberno central da República Popular da China, con estatuto de provincia. O concello contaba cunha poboación de 31.442.300 habitantes (2005).
Grande parte do municipio, que ocupa unha superficie de arredor de 80.000 km² (máis de 2,6 veces a área de Galicia), é rural. A poboación da área urbana de Chongqing propio era "só" de 5.090.000 habitantes segundo datos de (2000).
Chongqing é denominado de modo simple: Yú, unha abreviación que foi aprobada polo Consello de Estado a data de 18 de abril de 1997. O nome abreviado procede dunha vella denominación de parte do río Jialing, que atravesa Chongqing e desauga no Yangtzé.
Xeografía [editar]
Chongqing está situada sobre o río Yangtzé, xusto sobre o comezo do enorme lago artificial creado pola retención de augas do Encoro das Tres Gargantas. A aglomeración está construída na confluencia do Yangtzé e do seu tributario o Jialing. O centro da cidade érgueses sobre a península formada por ambos os dous cursos de auga.
A topografía da cidade é moi particular : Chongqing está composta en realidade de outeiros pendentes, o que a fai a única grande urbe chinesa isenta de bicicletas, pois as ladeiras son demasiado ásperas. Igualmente é a única na que o paso dos ríos que a atravesan se fai por medio de teleféricos. Desde a apertura internacional de Chongqing, sobre todo desde 1997, foron construídas numerosas pontes.
O clima da cidade é de tipo subtropical húmido, e como no resto da Asia extremo-oriental a influence do monzón é notábel. A media de precipitacións caídas na cidade no período 1961-90 foi de 1.101 mmm, pero están concentrada nos meses que van de abril a setembro. A media anual das temperaturas é de 19º C. As temperaturas son cálidas nos meses estivais; en xullo e agosto as medias máximas poden superar os 32º C e as mínimas medias non baixar de 24º C. Por contra no mes mais frío, xaneiro, as temperaturas máis altas a penas suben de 6º C, e as mínimas de 5º C.
