Historia urbana de Chongqing

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esculturas rupestres

A cidade de Chongqing foi a capital do reino Ba, antigo pobo que desapareceu hai cerca de 2500 anos. Por estar lonxe da Ruta da Seda, a cidade perdeu súa importancia até o século XIX cando as potencias estranxeiras con intereses na China solicitaron que a cidade ábrase aos estranxeiros. En 1901, creouse unha colonia xaponesa na cidade.

En 1938, Chongqing transformouse na capital da República Chinesa de Chiang Kai Shek, que era reivindicada polo Xapón. Chongqing foi gravemente bombardeada polas tropas xaponesas durante ese período. A internvención da China Nacionalista potencializou o rápido desenvolvemento da cidade que, en poucos anos, pasou de 200 mil habitantes à máis dun millón.

Do paleolítico ata a cidade contemporánea[editar | editar a fonte]

Empuxado por outros pobos, o mítico pobo Ba foi emigrando dende o curso medio do Yangtze augas arriba cara a cunca de Sichuan. Seica no século XI aC, cando a dinastía Shang foi derrocada pola nacente Zhou, guerreiros Ba axudaron a esta última e lles foi concedido organizar o seu territorio coma un estado cos seus propios gobernantes.

O Reino de Ba, citado xa no período das Primaveras e Outonos (719-476 aC), floreceu no período dos Reinos Combatentes (475-256 aC) con múltiples capitais (Fuling, Fengdu, Zhongxian, de 50 a 200 km augas abaixo da actual cidade), unha das cales situouse na estratéxica península entre o Yangtze e o seu afluente o Jialing, o centro do Chongqing de hoxe en día (distrito de Yuzhong, a "cidade nai" [1]). No 316 aC foi conquistado polo reino rival de Qin, inda que lle foi permitido seguir con certa autonomía.

Cando a dinastía Qin unificou China (221-210 aC), a reforma administrativa que levou adiante rematou co último resto de Ba, construíndo unha cidade amurallada no canto da súa capital. Chamada Jiangzhou pola seguinte dinastía Han, que gobernaría o imperio chinés por máis de catro séculos, foi o primeiro nome histórico da metrópole. No século II dC a muralla foi reparada e ampliada. Foron moitos os nomes que adoptou coas sucesivas dinastías ata que en 1189, no tempo da dos Song Meridionais, lle foi imposto o actual.

En 1370, recentemente instaurada a dinastía Ming, volveuse a reconstruír a muralla, desta vez en sólida fábrica de pedra [2]. E no final dos Ming, a rebelión que rematou coa dinastía Qing no trono, deixou a cidade ao saqueo e destrución, polo que tivo que ser restaurada (1663). Tiña 17 portas e arredor de oito quilómetros de perímetro. A máis, a administración imperial apoiou o repoboamento da cidade cunha política de forte inmigración. A muralla foi novamente reforzada en 1760 [3].

No ano 1895, tralo tratado de Shimomoseki subseguinte a guerra sino-xaponesa, foi o primeiro porto chino interior aberto aos comerciantes estranxeiros. En 1901 foi establecida a concesión xaponesa. Na beira sur do Yangtzé asentouse a concesión francesa.

A municipalidade chinesa[editar | editar a fonte]

Centro comercial

En 1938 foi a capital provisional da República de China baixo os nacionalistas de Chiang Kai Shek. Pola súa protexida situación xeográfica, durante a Segunda Guerra Mundial moitas fábricas e universidades foron trasladadas alí dende o leste do país o que incrementou enormemente a súa poboación e a transformou de porto fluvial en capital fortemente industrializada.

Finalmente, en 1997 foi elevada ao rango de municipalidade directamente administrada polo goberno central (a cuarta tras Shanghai, Beijing e Tianjin). A pretensión é convertila en metrópole do xigantesco desenrolo que está a experimentar China no interior do país. De feito, o perfil urbano de Chongqing está a cambiar día a día [4].

Notas[editar | editar a fonte]