Gipsy Kings
| Gipsy Kings | |
|---|---|
| Información | |
| Orixe | Arles e Montpellier, Francia |
| Período | 1987- |
| Xénero(s) | Rumba Catalá |
| Selo(s) discográfico(s) | |
| Membros | Nicolás Reyes Pablo Reyes Canut Reyes Patchai Reyes Andre Reyes Diego Baliardo Paco Baliardo Tonino Baliardo |
| Antigos membros | Chico Bouchikhi |
| Web oficial | www.gipsykings.com |
Os Gipsy Kings (Reis xitanos en inglés) son unha formación musical de rumba catalá, unha mestura entre flamenco, pop e varias tradicións de canción lixeira. As dúas familias dos seus integrantes fuxiron de Cataluña durante a guerra civil, como moitas outras, para se instalaren en Francia.
Os seus primeiros discos foron Djobi Djoba e Bamboleo, moi populares en Francia malia as críticas dos puristas do flamenco.
O álbum Gipsy Kings tivo éxito en varios países de Europa, especialmente en Francia e Inglaterra. En 1989, Gipsy Kings obtivo recoñecemento nos Estados Unidos, onde aguantou corenta semanas nas listaxes de éxitos, algo que moi poucos álbums en castelán acadaran antes.
A canción Volare do álbum Mosaique é unha versión do éxito do italiano Domenico Modugno Nel Blu Dipinto Di Blu. A versión en castelán de Hotel California de The Eagles aparece no filme The Big Lebowski dos irmáns Coen.
Índice |
Integrantes do grupo [editar]
Os membros de Gipsy Kings pertencen a dúas familias emparentadas: Os Reyes e os Baliardos (os Baliardos descenden do artista flamenco Manitas de Plata). Os seus nomes son:
- Nicolás Reyes - vocalista principal.
- Pablo Reyes - coros, guitarra.
- Canut Reyes - coros, guitarra.
- Patchai Reyes - coros, guitarra.
- Andre Reyes - guitarra.
- Diego Baliardo - guitarra.
- Paco Baliardo - guitarra.
- Tonino Baliardo - guitarra principal.
Chico Bouchikhi tamén foi membro de Gipsy Kings, pero deixouno tralo álbum Este Mundo.
Álbums [editar]
- Allegria (1982).
- Luna de Fuego (1983).
- Gipsy Kings (1987).
- Mosaique (1989).
- Allegria (versión para os USA) (1990).
- Este Mundo (1991).
- Live (1992).
- Love and Liberté (1993).
- Greatest Hits (1994).
- The Best of the Gipsy Kings (1995).
- Tierra Gitana (1996).
- Compas (1997).
- Cantos De Amor (1998).
- Volare: The Very Best of the Gipsy Kings (1999, de novo en 2000).
- Somos Gitanos (2001).
- Tonino Baliardo (2003).
- Roots (2004).
- Pasajero (2006).