Cambio de estado
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O cambio de estado é un proceso sufrido por un corpo dun estado de agregación a outro. É un cambio de tipo físico.
Dado que os estados son tres (sólido, líquido e gasoso), os cambios de estado son seis, tres parellas en dúas direccións:
- de sólido a líquido, fusión;
- de sólido a gas, sublimación;
- de líquido a gas, evaporación;
e os seus inversos:
- de líquido a sólido, conxelación;
- de gas a sólido, contrasublimación;
- de gas a líguido, condensación;