Coloide
Un coloide', suspensión coloidal ou dispersión coloidal é un sistema físico-químico composto por dúas fases: unha continua, normalmente fluída, e outra dispersa a xeito de partículas.
Adoita estar en estado sólido, de talle mesoscópico (a medio camiño entre os mundos macroscópico e microscópico). Son partículas non apreciábeis a simple vista, pero moito máis grandes que calquera molécula.
O nome de coloide provén da raíz grega "kolas" que significa "que pode colar ou pegar". Este nome fai referencia a unha das principais propiedades dos coloides: a súa tendencia espontánea a se agregar ou formar callos.
Malia que o coloide por excelencia é aquel no que a fase continua é un líquido e a fase dispersa componse de partículas sólidas, poden atoparse coloides cuxos compoñentes se atopan noutros estados de agregación.
Distintos tipos de coloides segundo o estado das súas fases continua e dispersa:
Brétema, neboeiro, fume, po en suspensión, escuma de barbear, leite, mollos (maionesa), crema de mans, sangue, tinturas, tinta chinesa, pedra Pómez, aeroxeles, xel, xelatina, queixo, cristal de Rubí...