Fermión
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Na física de partículas os fermións son partículas de espín semienteiras e obedece á estatística de Fermi-Dirac. O nome é unha homenaxe ó físico italiano Enrico Fermi.
Todas as partículas elementais son fermións ou bosóns (agás o hipotético plektón), os fermións son as partículas que constitúen a materia e divídense en dous grupos: hadróns e leptóns en función de se sofren ou non, respectivamente, a interacción nuclear débil.
Os electróns son fermións, e isto é de gran relevancia para a química (e para o mundo físico tal e como o coñecemos), pois o principio de exclusión de Pauli fai posible o enchido de diferentes orbitais, coa conseguinte aparición dos diferentes elementos químicos.
| Partículas fundamentais en Física (lista, táboa) | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Fermións | Bosóns de Gauge | ||||||||
| Quarks | Leptóns | Bosóns W e Z | Fotón | Gluón | |||||
| Arriba | Encantado | Cume | Electrón | Muón | Tau (tauón) | Bosóns hipotéticos | |||
| Abaixo | Extraño | Fondo | e-neutrino | μ-neutrino | τ-neutrino | Gravitón Bosón de Higgs | |||
| Outras clases, partículas compostas e outras | |||||||||
| barión - gravitino - hadrón - kaón - mesón - neutrón - pión - positrón - protón | |||||||||
| Termos relacionados | |||||||||
| antimateria - partícula subatómica | |||||||||

