Satyendra Nath Bose
| Satyendra Nath Bose | |
|---|---|
Satyendra Nath Bose en 1925 |
|
| Nacemento | 1 de xaneiro de 1894 Calcuta, India |
| Morte | 4 de febreiro de 1974 Calcuta, India |
| Residencia | India |
| Nacionalidade | India |
| Alma mater | Universidade de Calcuta Universidade de Daca |
| Director tese | Sahill Poddar |
| Coñecido por | Estatística de Bose-Einstein, bosóns |
Satyendra Nath Bose (en bengalí: সত্যেন্দ্রনাথ বসু, Satyendranāth Basu) , nado o 1 de xaneiro de 1894 e finado o 4 de febreiro de 1974, foi un físico indio especializado en física matemática. É coñecido polo seu traballo en mecánica cuántica nos anos 1920, provendo as bases para a estatística de Bose-Einstein e a teoría do condensado de Bose-Einstein. O bosón (unha das partículas elementais) é chamado así na súa honra. Foi premiado co segundo recoñecemento civil máis alto da India, o Padma Vibhushan, en 1954.
Bose naceu Calcuta e foi o maior de sete irmáns. Seu pai, Surendranath Bose, traballou no Departamento de Enxeñaría dos Ferrocarrís do Leste da India.
Bose asistiu á escola secundaria hindú en Calcuta e logo á Facultade da Presidencia, tamén en Calcuta, obtendo sempre as máis altas cualificacións. De 1916 a 1921 foi profesor no departamento de física da Universidade de Calcuta. En 1921 pasou a formar parte do departamento de física da nova Universidade de Dacca (agora chamada Universidade de Dhaka), novamente como profesor, até 1945. Logo volveu a Calcuta e deu clases na Universidade de Calcuta até 1956, data na que se retirou da docencia e foi nomeado profesor emérito.
O seu maior logro científico obtívoo cando lle enviou un manuscrito a Einstein para que este o revisara e traducira. Einstein quedou marabillado co traballo e recomendouno para a súa publicación. O manuscrito foi a semente do que despois se coñeceu como o condensado de Bose-Einstein