Lei dos gases ideais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A lei dos gases ideais é unha ecuación de estado do gas ideal, un gas hipotético formado por partículas puntuais, sen atracción nin repulsión entre elas e con choques perfectamente elásticos, sen intercambio de enerxía. Un gas aproxímase ao modelo de gas ideal en condicións de temperatura elevada e presión baixa.

A lei xeral dos gases ideais obtense a partir da combinación da lei de Boyle-Mariotte, a lei de Gay-Lussac e doutras que as complementan e describe a relación entre a presión, temperatura, volume e cantidade de gas.

Ecuación de estado[editar | editar a fonte]

Valores de R
\rm 8,314472 \quad \frac{J}{K \cdot mol}
\rm 0,08205746 \quad \frac{L \cdot atm}{K \cdot mol}
\rm 8,205746 \cdot 10^{-5} \quad \frac{m^3 \cdot atm}{K \cdot mol}
\rm 8,314472 \quad \frac{L \cdot kPa}{K \cdot mol}
\rm 62,36367 \quad \frac{L \cdot mm Hg}{K \cdot mol}
\rm 62,36367 \quad \frac{L \cdot Torr}{K \cdot mol}
\rm 83,14472 \quad \frac{L \cdot mbar}{K \cdot mol}
\rm 1,98721 \quad \frac{cal}{K \cdot mol}
\rm 10,7316 \quad \frac{ft^3 \cdot psi}{^\circ R \cdot lbmol}

A ecuación matemática que define esta lei é:

P \cdot V = n \cdot R \cdot T

Na cal:

  • P é a presión do gas
  • V é o volume que ocupa o gas
  • n é o número de moles de gas
  • T é a temperatura termodinámica ou temperatura absoluta
  • R é a constante dos gases. Segundo as unidades que se utilicen, el valor da constante varía, así e todo as máis habituais son as dúas seguintes:
    • R\! = 8,314 J·K-1·mol-1
    • R\! = 0,082 atm·L·K-1·mol-1