Avetarda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Avetarda
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Gruiformes
Familia: Otididae
Xénero: Otis
Linnaeus, 1758
Especie: O. tarda
Nome binomial
'Otis tarda'
Linnaeus, 1758
Distribución da O. tarda      Residente      Verán      Inverno
Distribución da O. tarda      Residente      Verán      Inverno

Distribución da O. tarda

     Residente      Verán

     Inverno
Otis tarda

A avetarda[2] (Otis tarda) é unha ave zancuda do sur e centro de Europa e da Asia temperada. As poboacións europeas(Otis tarda tarda) non emigran, pero as asiáticas (Otis tarda dybowskii) móvense ao sur no inverno.

É unha especie en perigo debido á mecanización das rexións agrícolas, vive en zonas áridas.

O macho mide 1 m de longo e ten 2'4 m de envergadura, pode pesar ata 16 kg, considérase a ave de maior peso de Europa, ten a plumaxe parda avermellada con manchas negras. A femia é un 30% máis pequena e pesa a metade.

Aliméntase de herba e suplementariamente de insectos, ratos, ovos e vermes.

As principais poboacións están en España (15.000), Rusia (10.000), Hungría (1.200), Ucraína (550), Portugal (500), Austria (100), Alemaña (90) e Marrocos (50). En Galicia, actualmente, só se ve esporadicamente nas provincias de Ourense e Lugo.

As poboacións de avetarda asiática distribúense entre o sur de Rusia (200) e Mongolia (500)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]