José Lamela Bautista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé Lamela Bautista

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(gl) galego Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de novembro de 1947 Editar o valor em Wikidata
Padrendo, España Editar o valor em Wikidata
Morte4 de xaneiro de 2021 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaRío Caldo Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Lobios
2007 – 2011 – María del Carmen Yáñez → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , xornalista , historiador , político , enxeñeiro industrial Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

José Lamela Bautista, nado en Padrendo (Río Caldo, Lobios) o 1 de novembro de 1947 e finado en Ourense o 4 de xaneiro do 2021,[1] foi un historiador, escritor e político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Realizou estudos de Enxeñería Técnica Industrial. Emigrou a Barcelona en 1973, onde traballou no sector de hidrocarburos e foi Director de Obra na Empresa OHL.

Dirixiu e presentou dende o ano 2000 o programa radiofónico cultural Sempre en Galicia de Radio Cornellá. Dende 2004 é membro do Xurado dos premios literarios Rosalía de Castro de poesía e Rosa Reboredo de narrativa de Cornellà de Llobregat. Foi fundador da asociación protectora de medio ambiente Amigos de Río Caldo, e da Plataforma pola defensa de Río Caldo.

Publicou numerosos traballos de investigación histórica sobre a Xurés en revistas como Auria, Arraianos, Nós, Xurdimento e Lúa Nova, da que tamén forma parte do consello de redacción. É colaborador permanente de La Región e do xornal de Terras de Bouro Geresâo.

Foi socio fundador de CALIDUM-Clube de Autores Minhoto/Galaicos.

Nas eleccións municipais de 2007 presentouse á alcaldía de Lobios encabezando a candidatura do PSdeG-PSOE e foi elixido alcalde grazas a un pacto co BNG. Nas municipais de 2011 perdeu a alcaldía tras logra-lo PPdeG a maioría absoluta.

O 14 de agosto do 2023 celébrase unha homenaxe para honrala memoria do autor de El Xurés y sus misterios e A Virxe do Xurés, en Padrendo[2], na aldea onde naceu e onde repousan os seus restos, coa descuberta dunha placa na súa casa natal, obra de Toño Monteiro, e cun acto para recordar a súa vida e obra ó pé da capela da Virxe do Xurés, onde se estreou o himno á Virxe do Xurés, e que lle foi encargado polo autor arraiano a Carmen Penín, quen lle pon a voz e a música.

Placa homenaxe a Xosé Lamela Bautista na súa casa natal

Obras[editar | editar a fonte]

  • El Xurés y sus misterios (CALIDUM - Clube de Autores Minhoto/Galaicos, 2000).
  • A Virxe do Xurés. (Asociación Amigos da Virxe do Xurés, 2016).

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Benito Vázquez Vázquez
 
Alcalde de Lobios
 
2007 - 2011
Sucesor:
María del Carmen Yáñez Salgado