Castro Laboreiro
Castro Leboreiro é unha freguesía portuguesa do concello de Melgaço situado entre a serra de Laboreiro, a serra da Peneda e a serra de Queguas; a unha altura media duns 1.000 m de altitude. A pesar de ser a freguesía máis extensa de Melgaço, con 89,29 km², só ten unha poboación duns 726 habitantes segundo o censo do 2001, quedando deste xeito con unha densidade de poboación moi baixa, arredor dos 8,1 h/km².
Foi vila e sede de concello entre 1271 e 1855. Era constituído soamente pola freguesia da sede e tiña, en 1801, 1.284 habitantes e, en 1849, 1.512 habitantes.
A freguesía atópase dentro do parque natural da Peneda-Gerês, nun enclave illado, rodeado por serras que acadan os 1.340 m. de altitude no Gestoso, preto deste cumio nace o río Castro Laboreiro ou Barcia que forma un val longo arredor do cal se distribúen os núcleos de poboación, e que serve de fronteira durante un longo tramo duns 15 km con Galiza ata desembocar no encoro de Lindoso.
[editar] Patrimonio
- Castelo de Castro Laboreiro - séc. XII
- Ponte Celta dos Portos
- Ponte de Dorna
- Ponte da Capela
- Ponte de Varziela
- Ponte das Caínheiras
- Ponte das Veigas
- Ponte Nova da Cava da Velha
- Ponte Velha
- Ponte do Rudeiro
- Pelourinho de Castro Laboreiro - 1560
- muíños
- fornos comunitarios
- espigueiros
- Igrexa de Santa Maria da Visitação ou Igrexa Matriz de Castro Laboreiro
- Ponte de Assureira ou Ponte de São Brás, Capela de São Brás.
[editar] Festas e romarías
- Señora da Visitação e S. Bento (13 de Xullo)
- Señora dos Remédios (Agosto)
- Santa Isabel-Senhora da Visitação (Vila) 1.ª Domingo de xullo.