Bento da Cruz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bento Gonçalves da Cruz, nado en Peirezes (Montalegre) en 1925, é un escritor e médico portugués.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ingresou no seminario con 15 anos, onde permaneceu ata os 21. En 1948 comezou a estudar Medicina na Universidade de Coimbra, rematando en 1955. Despois de exercer como médico na rexión de Barroso, estableceuse en Porto en 1971. Actualmente vive na súa aldea natal, na casa restaurada que pertencera ao seu avó.

Obra[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Hemoptise (1959, baixo o pseudónimo de Sabiel Truta).
  • Planalto em Chamas (1963).
  • Ao Longo da Fronteira (1964).
  • Filhas de Loth (1967).
  • Contos de Gostofrio (1973; Premio Fialho de Almeida da Sociedade Portuguesa de Escritores Médicos).
  • O lobo guerrilleiro (1980; Premio Diário de Notícias 1991 e Premio de Ficção da Sociedade Portuguesa de Escritores e Artistas Médicos). Editado en galego por Xerais.
  • Planalto do Gostofrio (1982).
  • Histórias da Vermelhinha (1991).
  • Planalto de Gostofrio (1992).
  • Histórias de Lana-Caprina (1994).
  • O Retábulo das Virgens Loucas (1996; Premio Literario (Ficción) da Câmara Municipal de Montalegre).
  • A loba (1999; Premio Eixo Atlántico, Premio Arcebispo San Clemente). Editado en galego por Xerais.
  • A Lenda de Hiran e Belkiss (2005).

Biografía[editar | editar a fonte]

  • Victor Branco: Escritor Barrosão, Vida e Obra (1995; Premio Literario de Investigação da Câmara Municipal de Montalegre).
  • Guerrilheiros Antifranquistas em Trás-os Montes (2005).

Crónicas[editar | editar a fonte]

  • Prolegómenos (2007).
  • Prolegómenos II (2009)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]