Benxamín Dosil López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBenxamín Dosil López
Biografía
Nacemento7 de febreiro de 1961 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
A Fonsagrada, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 1682071

Benxamín Dosil López, nado na Fonsagrada o 7 de febreiro de 1961, é un lingüista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela, é intérprete xurado de galego. Foi tradutor de galego no Servizo de Tradución da Xunta (1989-1997), e, dende 1993, funcionario do corpo superior da Xunta de Galicia. Foi subdirector xeral de Política Lingüística (1998-2000). Encargouse da coordinación e tratamento terminolóxico da Guía de alimentación (1995) e do Léxico da construción (2001).

Obras[editar | editar a fonte]

  • Maiúsculas e abreviacións (1996). Dirección Xeral de Promoción Cultural.
  • Palabras novas e nomes propios (1997). Xunta de Galicia, Andel. 93 páxs. ISBN 978-84-453-1981-9.
  • Escrita doada. Consellos para redactar ben (2015). Ed. Xerais.

En colaboración[editar | editar a fonte]

  • Dicionario galego de banca, 1993.
  • Manual de fútbol, 1995-1998.
  • Dicionario de ortografía da lingua galega, 1996.
  • Ortografía galega. Método práctico, 1997.