Andrija Mohorovičić

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Andrija Mohorovičić (ca. 1880).

Andrija Mohorovičić, nado en Volosko o 23 de xaneiro de 1857 e finado en Zagreb o 18 de decembro de 1936, foi un notábel meteorólogo, sismólogo e xeofísico croata famoso por postular a existencia dunha descontinuidade nas propiedades mecánicas dos materiais xeolóxicos marcando a transición entre a codia e o manto da Terra.

Esta descontinuidade denomínase hoxe descontinuidade de Mohorovičić, ou simplemente descontinuidade Moho, en homenaxe ao seu descobridor.

Formación académica[editar | editar a fonte]

Casa natal de Mohorovičić, en Volosko.

Andrija recibiu a súa educación elemental na súa vila natal, continuando os seus estudos no instituto dunha cidad veciña, Rijeka (Fiume.

Posteriormente completou a súa formación en matemáticas e física na Facultade de Filosofía de Praga, en 1875. Nesta cidade, un dos seus profesores foi o famoso físico Ernst Mach. Aos quince años, o mozo Mohorovičić aprendeu italiano, inglés e francés, e algún tempo despois, alemán, latín e grego antigo.

A súa carreira comezou cun posto de profesor na Universidade de Zagreb (1879 - 1880) e máis tarde, na escola secundaria de Osijek. En 1882, empezou a impartir clases na Real Escola Náutica de Bakar, cerca de Rijeka, posto que conservou durante nove anos. Os traballos que iniciou neste período foron cruciais na súa posterior carreira científica.

Desde 1893 até 1917 - 1918 foi profesor de xeofísica e astronomía na Facultade de Filosofía da Universidade de Zagreb. En 1898 converteuse en membro do que posteriormente sería a Academia Croata de Artes e Ciencias, en Zagreb, onde el era docente privado. En 1910 asumiu o posto de profesor asociado da Universidade.

Meteoroloxía[editar | editar a fonte]

En Bakar, o seu primeiro contacto foi coa meteoroloxía, da que impartiu clases na Real Escola Náutica. Este campo da ciencia influiuno até o punto de que fundou a estación meteorolóxica local en 1887. Comezou a levar a cabo observacións, medidas e análises sistemáticas, inventando e construíndo instrumentación para a medida das velocidades vertical e horizontal das nubes. En 1907 publicou o traballo Instrucións para a observación da precipitación en Croacia e Eslovenia. En resposta a un requerimento seu, en 1891 foi transferido á Escola Secundaria de Zagreb onde, en 1892, convieteuse no director do Observatorio Meteorolóxico de Grič, establecendo un servizo para toda Croacia, mentres simultaneaba a ensinanza de xeofísica e astronomía na Universidade.

Un extraordinario fenómeno meteorolóxico que observou Andrija foi un tornado en Novska o día 31 de marzo de 1892, que levantou polos aires un vagón de tren de 13 toneladas con 50 pasaxeiros, e o lanzou a unha distancia de 30 metros. Tamén observou un "vijor" (manga de vento, turbillón), cerca de Cazma en 1898, e estudou el clima na capital, Zagreb. No seu último traballo sobre meteoroloxía, en 1901, tratou o descenso da temperatura atmosférica en función da altitude. Los datos acumulados sobre as observacións que realizou das nubes formaron a base da súa tese de doutoramento, titulada "Sobre a observación das nubes, os períodos diario e anual en Bakar", presentada na Universidad de Zagreb, que o fixo merecedor do seu grao de Doutor en Filosofía o ano 1893.

Sismoloxía[editar | editar a fonte]

Detalle da placa conmemorativa de Andrija Mohorovičić no Clementinum, Praga, República Checa.

O 8 de outubro de 1909 un terremoto azotou Pokuplje, unha rexión ao sueste de Zagreb, localizándose o epicentro a 39 kme da capital croata. Numerosos sismógrafos se instalaran antes deste suceso, e subministraron datos de incalculábel valor que permitiron a Andrija efectuar novos descubrimentos. Concluiu que cando as ondas sísmicas alcanzan os límites entre distintos tipos de material, estas reflíctense e refráctanse, tal e como o fan as ondas electromagnéticas que compoñen a luz cuando atravesan un prisma. Estableceu que cando ten lugar un terremoto, transmítense dous tipos de ondas —lonxitudinais e transversales—, que se propagan a través do terreo con diferentes velocidades.

Analizando os datos recibidos polos distintos puntos de observación, Mohorovičić concluiu que a Terra está formada por capas superficiais ao redor do núcleo interno. Foi o primeiro científico en deducir (baseándose nas ondas sísmicas), a descontinuidade de superficie e velocidade que separa a codia terrestre do manto. Existen profundidades onde as ondas sísmicas varían a súa velocidade e onde tamén varía a composición química do medio. A partir dos datos recollidos, estimou que o espesor da capa superior (codia) era de aproximadamente 54 km. Actualmente sábese que a codia alcanza os 5 - 9 km de grosor baixo a superficie do fondo oceánico, mentres que baixo a superficie continental, o espesor oscila entre os 25 e os 60 km. A superficie que separa a codia do manto denomínase hoxe, na súa honra, descontinuidade de Mohorovičić.

O posterior estudo da estrutura da Terra confirmou a existencia desta descontinuidade baixo todos os continentes e os océanos. Os pensamentos e ideas de Mohorovičić foron visionarias e só foron verdadeiramente comprendidas moitos anos máis tarde.

Mohorovičić retirouse en 1921. Foi un dos máis prominentes científicos no campo do estudo da Terra no século XX.


Principais publicacións[editar | editar a fonte]

  • Mohorovičić A. (1908): Epicenters of earthquakes in Croatia and Slavonia (Epicentra potresa u Hrvatskoj i Slavoniji). Godinje izvjeće Zagrebačkog meteorolokog opservatorija za godinu 1906. Part IV. Introduction (Uvod) 15-19.
  • Mohorovičić A. (1910): Earthquake of 8 October 1909 (Potres od 8. X 1909; Das Beben vom 8. X. 1909.). Yearly report of the Zagreb meteorological observatory for the year 1909 (Godinje izvjeće zagrebačkog meteorolokog opservatorija za godinu 1909), Zagreb, 63 pp. Reimoresión: Ckolska knjiga, Zagreb, 1977 (en croata e alemán), con tradución en inglés: Geofizika, 9, 3-55 (1992).
  • Mohorovičić A. (1911): The effects of earthquakes on buildings (Djelovanje potresa na zgrade). Vijesti hrv. drutva in. i arh., Zagreb.
  • Mohorovičić A. (1913): Developments in seismology in the last fifty years (Razvoj seizmologije posljednjih pedeset godina). Ljetopis JAZU, 27, Zagreb.
  • Mohorovičić A. (1914): Hodograph der normalen P-Wellen fur eine mittlere Herdtiefe. Beilage zu den Seismischen Aufzeichnungen. Kr. zem. zavod za meteorologiju i geodinamiku, Zagreb.
  • Mohorovičić A. (1915): Hodograph of the first longitudinal earthquake waves (emersio undarum primarum) (Hodograf prvih longitudinalnih valova potresa (emersio undarum primarum)). Rad JAZU, 204,1-20.
  • Mohorovičić A. (1914); Hodograph der ersten longitudinalen Wellen eines Bebens (emersio undarum primarum). Bulletin des travaux de l'Academie Yougoslave des Sciences et des Beaux-arts, Classe des sciences mathematiques et naturelles 2,139-157.
  • Mohorovičić A. (1915): New phases in the onset of an earthquake (Nove faze u slici početka potresa). Rad JAZU, 208, 89-109.
  • Mohorovičić A. (1915): Neue Phasen im Anfange des Bildes eines Bebens. Bulletin des travaux de l'Academie Yougoslave des Sciences et des Beaux-arts, Classe des sciences mathématiques et naturelles 4, 65-86.
  • Mohorovičić A. (1915): Zu dem mittelitalienischen Beben vom 13. Jänner 1915. 2. Beilage zu den Seismischen Aufzeichnungen. Kr. zem. zavod za meteorologiju i geodinamiku, Zagreb, 5 pp.
  • Mohorovičić A. (1915): Zur Frage der Emergenzgeschwindigkeit. 1. Beilage zu den Seismischen Aufzeichnungen. Kr. zem. zavod za meteorologiju i geodinamiku, Zagreb, 4 pp.
  • Mohorovičić A. (1916): Die Bestimmung des Epizentrums eines Nahbebens. Gerlands Beitrage zur Geophysik 14,199-205.
  • Mohorovičić A. (1916): Vorlaufige Mitteilung uber das Beben vom 12. III. 1916. Berichte uber seismische Aufzeichnungen. Kr. zem. zavod za meteorologiju i geodinamiku, Zagreb.
  • Mohorovičić A. (1917): Principles and construction of a seismograph, and a proposal for construction of a new seismograph for recording of horizontal component of ground motion (Principi konstrukcije sismografa i prijedlog za konstrukciju nova sismografa za horizontalne komponente gibanja zemlje). Rad JAZU, 217, 114-150.
  • Mohorovičić A. (1918): Prinzipien fur die Konstruktion eines neuen Seismographen. Bulletin des travaux de l'Academie Yougoslave des Sciences et des Beaux-arts, Classe des sciences mathematiques et naturelles 9/10, 6-20.
  • Mohorovičić A., Mohorovičić S. (1922): Hodographs of the longitudinal and transversal earthquake waves (undae primae et undae secundae) (Hodografi longitudinalnih i transversalnih valova potresa (undae primae et undae secundae). Part 1. Hodographs. Written by A. Mohorovičić. Rad JAZU, 226, 94-190.
  • Mohorovičić A. (1923): Hodographen der longitudinalen und transversalen Wellen eines Bebens (undae primae et undae secundae). 1. Hodographen. Bulletin des travaux de l'Académie Yougoslave des Sciences et des Beaux-arts, Classe des sciences mathematiques et naturelles 15/18, 1-16.
  • Mohorovičić A. (1924): A critical review of the seismic instruments used today and of the organisation of seismic service. Bulletin of Seismological Society of America, I, 38-59.
  • Mohorovičić A. (1925): Hodographes des ondes normales P et S soulignees (Pn, P*, S*) et des deux premieres reflexions pour les profondeurs de 1'hypocentre de 0, 25, 45, 57 kms. UGGI, Section de Seismologie, A. Travaux *Mohorovičić A. (1926): Zur Frage der wahren Empfindlichkeit eines Seismographen. Gerlands Beitrage zur Geophysik 15, 201-214.

Honras[editar | editar a fonte]

O ano 1966 un asteroide cun período orbital de 5 anos e 38 días foi denomindo "8422 Mohorovičić" na súa honra.

O ano 1970 un cráter de 77 km de diámetro na cara oculta da Lúa foi bautizado co seu nome.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]