Manto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Manto terrestre")
Corte da Terra desde o núcleo á exosfera.

O manto terrestre é a capa na estrutura da Terra que se atopa directamente debaixo da codia da Terra (separado dela pola descontinuidade sísmica de Mohorovicic) e sobre o núcleo externo (sepadado del pola descontinuidade sísmica de Guttemberg. O término é aplicado tamén ás estruturas doutros planetas. O manto terrestre vai aproximadamente desde os 70 aos 2.900 km de profundidade.

O manto superior vai dos 70 aos 800 km de profundidade, aproximadamente, e o manto inferior vai dos 800 aos 2.900 km de profundidade, aproximadamente.