Almada Negreiros
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José Sobral de Almada Negreiros, nado en Trindade (São Tomé) o 7 de abril de 1893 e finado en Lisboa o 15 de xuño de 1970, foi un artista multidisciplinar, pintor, escritor, poeta, ensaísta, dramaturgo e novelista portugués vinculado ao grupo modernista. Tamén foi un dos principais colaboradores da revista Orpheu.