Amadeo de Souza-Cardoso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Amadeo de Souza-Cardoso, nado en Amarante o 14 de novembro de 1887 e fiando en Espinho o 25 de outubro de 1918, foi un pintor portugués, precursor da arte moderna, proseguindo o camiño trazado polos artistas de vangarda da súa época. Malia ter unha curta vida curta, a súa obra converteuse en inmortal.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado no seo dunha familia rica, esta influíuno no seu ingreso no curso de Dereito na Universidade de Coimbra, cambiando ao pouco tempo Dereito por Arquitectura na Academia de Belas Artes de Lisboa en 1905. O curso non satisfixo o seu xenio creativo, decidindo entón marchar a París en 1906 para instalarse no arrabal de Montparnasse coa intención de seguir aló os seus estudos. As súas primeiras experiencias artísticas coñecidas foron deseños e caricaturas, despois adicouse á pintura. Pódese dicir que foi un pintor impresionista, expresionista, cubista, futurista mais sempre se negou a ser etiquetado como pintor dun determinado estilo. Malia as múltiples influencias das que foi influído, sempre procurou desenvolver unha creatividade e orixinalidade de seu nas súas obras. En 1908 instalouse no número catorce da Cité de Falguière. Alí frecuentou talleres preparatorios para a Academia de Beaux-Arts e a Academia Viti do pintor catalán Anglada Camarasa mais, apesares diso, non chegou a ser admitido. En 1910 pasou algúns meses na cidade de Bruxelas e en 1911 expuxo algúns dos seus traballos no Salon des Indépendants, en París, achegándose paseniñamente ás vangardas e a artistas como Amedeo Modigliani, Constantin Brancusi, Alexander Archipenko, Juan Gris e Robert Delaunay. En 1912 publicou un álbum con vinte deseños e copiou o conto de Gustave Flaubert, "La Légende de Saint Julien l'Hospitalier", traballos ignorados polos apreciadores de arte.

Despois de participar en 1913 nunha exposición con oito traballos nos Estados Unidos, no Armory Show, volveu a Portugal, onde tive a ousadía de realizar dúas exposicións, respectivamente no Porto e Lisboa. Nese ano participou tamén no Herbstsalon da Galeria Der Sturm, en Berín. En 1914 viaxou a Barcelona onde atopouse con Antoni Gaudí, partindo posteriormente cara Madrid onde é sorprendido polo comezo da I Guerra Mundial. Regresou entón a Portugal, onde iniciou unha meteórica carreira na experimentación de novas formas de expresión, tendo pintado con grande constancia ata o punto de expor en 1916 na vila do Porto 114 obras co título "Abstraccionismo", que serían tamén expostas en Lisboa.

O cubismo en expansión por toda Europa foi unha das súas influencias máis marcantes no seu cubismo analítico.

Amadeo de Souza-Cardoso explorou o expresionismo e nos seus derradeiros traballos experimentou novas formas e técnicas, como as colaxes e outras formas de expresión plástica.

O 25 de outubro de 1918, aos 31 anos de idade, morreu prematuramente en Espinho, vítima da "pneumónica".

En 1925, Francia realizou unha retrospectiva do pintor, cunha mostra de 150 dos seus traballos. Dez anos despois, en Portugal, creouse un premio para distinguires aos pintores modernistas, que recibeu o nome de "Prémio Souza-Cardoso".

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Obras[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]