Ruslan Ponomariov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ruslán Ponomariov
Ruslán Ponomariov
Ruslán Olégovich Ponomariov
Nacemento: 11 de outubro de 1983
Horlivka Flag of the Soviet Union.svg
Nacionalidade: Ucraína Ucraína
Ocupación: Xogador de xadrez

Ruslán Olégovich Ponomariov (ucraíno: Русла́н Оле́гович Пономарёв), nado o 11 de outubro de 1983 en Horlivka, Unión Soviética e actual Ucraína, é un mestre de xadrez, campión do mundo entre 2002 e 2004.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a competir en xadrez moi xove, quedando 3º no Campionato do Mundo sub-12 en 1994, con 10 anos, e gañándoo ao ano seguinte. En 1996 gañou o Campionato de Europa en categoría sub-18 e ao ano seguinte o Campionato do Mundo na mesma categoría. Gañou o título de Gran Mestre en 1998, con 14 anos, sendo o xogador máis xove en acadalo ata o momento.

En 2002 derrotou ao seu compatriota Vasili Ivanchuk na final do Campionato do Mundo da FIDE por 4,5-2,5, sendo o Campión do Mundo máis xove da historia do xadrez. En 2004 acadou o ouro na Olimpíada de Xadrez de Calvia co equipo ucraíno. Ese mesmo ano chegou á final da Copa do Mundo, que perdeu ante o armenio Levon Aronian, repetiu o mesmo posto na Copa do Mundo de Janti-Mansisk en 2009.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]