Alexandre Alekhine

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAlexander Alekhine

Aleksandr Alekhine
Nome orixinal(fr) Alexandre Alekhine Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1892
Moscova Rusia Rusia
Morte1946
Estoril Portugal Portugal
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Engasgo (pt) Traducir e insuficiência hepática (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCemiterio de Montparnasse Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRusa, posteriormente francesa
RelixiónIgrexa ortodoxa Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Estatal de San Petersburgo
Universidade de París
Imperial School of Jurisprudence (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoXadrez Editar o valor em Wikidata
OcupaciónXogador de xadrez
EmpregadorUniversidade Estatal de San Petersburgo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa e lingua rusa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaFrancia
Rusia Editar o valor em Wikidata
Deportexadrez Editar o valor em Wikidata
Participou en
1939Olimpíada de xadrez de 1939 (pt) Traducir
1938Torneio de xadrez AVRO 1938 (pt) Traducir
1937Campeonato Mundial de Xadrez de 1937 (pt) Traducir
1936Torneio de xadrez de Nottingham de 1936 (pt) Traducir
1935Campeonato Mundial de Xadrez de 1935 (pt) Traducir
1935Olimpíada de xadrez de 1935 (pt) Traducir
1934Campeonato Mundial de Xadrez de 1934 (pt) Traducir
1933Olimpíada de xadrez de 1933 (pt) Traducir
1931Olimpíada de xadrez de 1931 (pt) Traducir
1930Olimpíada de xadrez de 1930 (pt) Traducir
1929Campeonato Mundial de Xadrez de 1929 (pt) Traducir
1927Torneio de xadrez de Nova Iorque de 1927 (pt) Traducir
1927Campeonato Mundial de Xadrez de 1927 (pt) Traducir
1924Torneio de xadrez de Nova Iorque de 1924 (pt) Traducir
1914Torneio de xadrez de São Petersburgo de 1914 (pt) Traducir
1914Mannheim 1914 chess tournament (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeGrace Alekhine (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisAlexander Alekhin (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Q110300139 Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsAlexei Alekhine (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Find a Grave: 7312 Editar o valor em Wikidata

Alexandre Alekhine,[1] nado como Aleksandr Aleksandrovich Alekhin (en ruso Александр Александрович Алехин) en Moscova en 1892 e finado en Estoril en 1946, foi un xadrecista ruso, nacionalizado francés. Foi un dos máis grandes campións mundiais, coñecido polo seu estilo agresivo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Alekhine naceu no seo dunha familia rica de Moscova. O seu pai era terratenente e membro da Duma e a súa nai era filla dun rico industrial. En 1909 obtivo a súa primeira vitoria, ao gañar o Torneo Afeccionado de Rusia en San Petersburgo cunha puntuación de doce vitorias, dúas derrotas e dous empates. Grazas a este torneo obtivo o título de mestre nacional.

No gran torneo de 1914 en San Petersburgo, coa participación da maioría dos mellores xogadores do mundo (coa excepción dos do Imperio Austrohúngaro), quedou terceiro tras Lasker e Capablanca. Ao concluír este torneo, o Tsar Nicolao II proclamou aos cinco gañadores de premios (Lasker, Capablanca, Alekhine, Tarrasch e Marshall) como "Grandes Mestres do Xadrez".

Despois da Revolución Rusa, en 1919, foi acusado de espionaxe e encarcerado en Odesa. Ao ser liberado marchou a Francia en 1921. En 1925 obtivo a cidadanía e entrou na facultade de leis da Sorbona. A pesar de non rematar a tese, foi coñecido como Doutor Alekhine o resto da súa vida.

Alexander Alekhine e José Raúl Capablanca

En 1927 venceu a Capablanca en Buenos Aires e converteuse en campión do mundo ata 1935, cando perdeu fronte a Max Euwe, derrota atribuída ao abuso do alcohol. En 1937 recuperou o seu título. Durante a segunda guerra mundial xogou torneos en Alemaña e en territorios ocupados por ela. En 1941 apareceron artigos antisemitas co seu nome no Pariser Zeitung, e aínda que non se demostrou a súa veracidade, foi acusado de colaborar co inimigo.

Morreu mentres estudaba xogadas para o seu enfrontamento con Mikhail Botvinnik nun hotel de Estoril.

Xogo[editar | editar a fonte]

Defensa Aliojin ou Alekhine. Posición principal.

Alekhine foi un ávido estudante do xogo. Algunhas aperturas e variacións levan o seu nome, sendo a máis coñecida a chamada defensa Alekhine: 1.e4 ♞ f6.

A idea básica da defensa Alekhine é provocar o avance prematuro dos peóns brancos. Unha continuación típica seria 2.e5,♞d5;3.c4,♞b6;4.d4, co que se consegue o avance dos peóns brancos, facendo que se fagan débiles para mais tarde ser obxectivo das negras.

Predecesor:
José Raúl Capablanca
Campión do mundo de xadrez
1927–1935
Sucesor:
Max Euwe
Predecesor:
Max Euwe
Campión do mundo de xadrez
1937–1946
Sucesor:
Mikhail Botvinnik

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nome da súa nacionalización como cidadán francés. Vexa Journal Officiel de la Republique Française.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Para describir os movementos das pezas de xadrez neste artigo usouse a notación alxébrica.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xadrez é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.