Albino Mallo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Albino Mallo Álvarez»)
Infotaula de personaAlbino Mallo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de abril de 1929 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte16 de setembro de 2020 Editar o valor em Wikidata (91 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoEnsaio
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

AELG: 263 Dialnet: 1617339

Albino Mallo Álvarez, nado en Vigo o 22 de abril de 1929[1] e finado o 16 de setembro de 2020 na Coruña,[2] foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O pai, Albino Mayo García,[3] era un emigrante retornado[4] da Arxentina que abrira o (hoxe desaparecido) café Derby, de Vigo, local que durante boa parte do século XX foi lugar de parladoiros culturais na cidade. Mallo licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago e marchou a Madrid traballar de pasante no despacho que tiñan Victoriano Fernández Asís e Cipriano Torre Enciso, mentres que estudaba un mestrado. Mallo simultaneou a súa formación coa escrita xornalística tanto en Santiago, en La Noche[5], como en Madrid, en Pueblo, neste caso grazas á mediación dos seus xefes avogados, que tamén escribían nel[2].

Volveu a Vigo en 1959, onde colexiou de avogado e empezou a exercer pero non lle gustraba polo que, nesa época, comezou a colaborar na radio con La Voz de Vigo[6] onde facía un programa de cultura canda a que logo sería a súa dona, Pilar Martínez Ledo. Proseguiu profesionalmente como xornalista, e non como avogado, e foi redactor en La Voz de León e despois, en 1962, director de La Voz de Extremadura e de La Voz de Guipúzcoa[2].

Licenciouse na Universidade de Navarra en Ciencias da Información,[7] e incorporouse á prensa escrita, na redacción do diario Unidad, e redactor xefe de La Voz de España, ambas as dúas cabeceiras en Donostia.

En 1979 ingresou na Axencia Efe, onde foi destinado primeiro como subdelegado a Bruxelas, e logo como delegado (correspondente xefe) en Montevideo e Santiago de Chile.[8] Neses primeiros anos oitenta cubriu as ditaduras suramericanas e a Guerra das Malvinas. A mediados dos anos oitenta foi nomeado delegado de EFE en Galicia e mudouse a vivir a Santiago de Compostela[2]. Rematou a súa carreira profesional en 1992, dirixindo El Ideal Gallego, aínda que até o final da súa vida seguiu a colaborar con distintos medios galegos con artigos de opinión, como en El Correo Gallego e con O Correo Galego, que despois mudou o nome a Galicia Hoxe.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Obtivo o Premio Nacional Virxe do Carme e o Premio Nacional de xornalismo turístico e en 1999 recibiu a Medalla de Bronce de Galicia.

Obras en galego[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Obras en castelán[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Mallo Álvarez, Albino". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 350. ISBN 84-8064-113-4. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Muere el periodista vigués Albino Mallo a los 91 años". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 18 de setembro de 2020. 
  3. Giráldez Lomba, Antonio (2010). 200 memorias de Vigo (en castelán). Caixanova, Faro de Vigo e Alcaldía de Vigo. p. 81. VG 955-2010. 
  4. "Derby, el café de las tertulias y la música, en Urzaiz". La Voz de Galicia (en castelán). 2006-10-04. Consultado o 2020-09-18. 
  5. "Albino Mallo, aquel pionero de 'La Noche'". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2020-09-18. 
  6. "Albino Mallo 1929-2020". aelg.gal. Consultado o 24 de setembro de 2020. 
  7. Redacción (18 de setembro de 2020). "Fallece el periodista Albino Mallo, defensor y divulgador de la comarca de Omaña". ileon.com (en castelán). Consultado o 24 de setembro de 2020. 
  8. "Albino Mallo". caminodofaro.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2020. Consultado o 24 de setembro de 2020. 
  9. Redacción (21 de outubro de 2014). "Albino Mallo aporta su visión periodística". elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 24 de setembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]