Volta a Castela e León

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Volta a Castela e León, no seu día denominada Trofeo Castela e León, é unha competición ciclista por etapas que se disputa en Castela e León (España).

Dispútase case ininterrompidamente, dende a tempada 1985, coa excepción de 1990. Dende a creación dos Circuítos Continentais UCI en 2005 integrouse no UCI Europe Tour dentro da categoría 2.1.

En canto á participación, adoita haber unha boa representación internacional e de equipos de categoría UCI ProTour. No seu palmarés hai ciclistas importantes como Miguel Indurain, Melchor Mauri, Santiago Blanco, Ángel Casero, Leonardo Piepoli, Francisco Mancebo, Alexander Vinocurov, Alberto Contador e Levi Leipheimer.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]