Michael Rasmussen
| Informacións | |
|---|---|
| Nome | Michael |
| Apelido | Rasmussen |
| Data de nacemento | 1 de xuño de 1974 |
| País | |
| Equipo | |
| Último equipo | Rabobank |
| Equipo(s) Pro | |
| 2002-2003 2003- |
CSC Tiscali Rabobank |
| Principais vitorias | |
|
|
Michael Rasmussen, nado en Tølløse o 1 de xuño de 1974, é un ciclista dinamarqués. Chámanlle O polo voador. Despois de ser campión de mundo de cross-country con bicicleta de montaña, fíxose ciclista de estrada, especialista nas probas de montaña.
Índice |
[editar] Carreira profesional
Os inicios da súa carreira son en bicicleta de montaña e obtén o campionato do mundo en 1999. En 2002 pásase ao ciclismo en estrada e á profesionalidade, ao fichar polo CSC-Tiscali. En 2003 troca as cores ao fichar polo Rabobank.
Os seus maiores éxitos profesionais obtívoos no Tour de Francia e nas edicións de 2005, 2006 e 2007 gañou cadansúa tirada e levou posto o maillot amarelo cando menos unha xornada. Ademais, obtivo o mailló de puntos vermellos que o acreditou como campión da montaña nas edicións de 2005 e 2006.
O seu grande ano puido ser o 2007. Venceu na segunda tirada alpina do Tour, apañou o maillot amarelo e mantívoo durante nove tiradas, gañando incluso a tirada raíña dos Pireneos con chegada no porto de Aubisca, e ampliando a súa vantaxe. Porén, cando tiña todo para vencer a rolda gala, foi apartado da proba polo seu propio equipo, o Rabobank. As razóns dadas pola dirección do conxunto foron que Michael Rasmussen non se presentara a dous controis antidopaxe previos ao Tour escusándose en que estivera en México. Cando se comprobou que iso era falso, foi expulsado. A ausencia dos controis xa provocara que a Federación Dinamarquesa de Ciclismo o excluíse dos mundiais de 2008 e dos Xogos de Beixín.
Téñeno comparado, pola súa forma de rodar na montaña, co máis famoso dos ciclistas dinamarqueses, Bjarne Riis. Ten sona de maniático co peso. Malia medir 1,75 m só pesa 59 kg, non transporta botella con auga, ten modificado o deseño da súa bicicleta para reducir o peso, e leva zapatos máis pequenos do que lle cómpren para aforrar tamén carga. Vive en Castelnuovo del Garda (Italia), nas ribeiras do lago de Garda.
| Predecesor: Christophe Dupouey |
campo a través 1999 en Åre |
Sucesor: Miguel Martinez |
| Predecesor: Richard Virenque |
Campión da montaña no Tour de Francia 2005 e 2006 |
Sucesor: Mauricio Soler |
[editar] Principais vitorias
- Campión do mundo de ciclismo de montaña 1999.
- 3 tiradas do Tour de Francia, en 2005, 2006 e 2007.
2 veces campión da montaña no Tour de Francia: 2005 e 2006.- 7º no Tour de Francia 2005.
- 1 tirada na Vuelta a España, en 2003.