Aix sponsa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Aix sponsa
Rango fósil: Plistoceno - Actualidade

Macho (arrba) e femia (abaixo)
Macho (arrba) e femia (abaixo)

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Anseriformes
Familia: Anatidae
Subfamilia: Anatinae
Xénero: Aix
Especie: A. sponsa
Nome binomial
Aix sponsa
(Linnaeus, 1758)
Área de distribución de Aix sponsa      Todo o ano     Área de incubación     Área de invernada
Área de distribución de Aix sponsa
     Todo o ano     Área de incubación     Área de invernada

Área de distribución de Aix sponsa
     Todo o ano     Área de incubación     Área de invernada
Sinonimia
Vexase o texto

Aix sponsa é unha especie de ave da orde das anseriformes, familia dos anátidos e subfamilia dos anatinos, unha das dúas integradas no xénero Aix.

Este pato é unha das aves acuáticas norteamericanas máis vistosas.[2][3]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita en 1758 por Linneo na páxina 128 da 10ª edición do seu Systema Naturae, baixo o nome de Anas sponsa.[4][5]

Sinónimo[editar | editar a fonte]

Ademais de polo seu nome actualmente válido, a especie coñeceuse polo sinónimo:[4][5]

Especie tipo[editar | editar a fonte]

Aix sponsa é a especie tipo do xénero Aix.[2]

Características[editar | editar a fonte]

Aix sponsa é un pato de tamaño mediano (mide ao redor de tres cuartos do tamaño dun lavanco). Un adulto típico mide entre 47 e 54 cm de lonxitude cunha envergasura alar de entre 66 a 73 cm. A súa masa corporal varía entre os 454 e os 862 g.[2]

Este pato presenta un marcado dimorfismo sexual: o macho ten vivas cores características na cabeza, o que fai que a especie sexa a miúdo utilizada en catividade; a plumaxe da femia é moito máis apagada.

O macho adulto ten unha plumaxe iridiscente multicolor abraiante e ollos vermellos, cun distintivo brillo branco no pescozo. A femia, menos colorida, ten o anel ocular branco e a gorxa esbrancuxada. Ambos os dous adultos teñen cabezas cristadas.

A chamada do macho é un asubío en ascenso, kheeeeee; as femias emiten un chirrido prolongado e ascendente cando se asustan, e un cr-r-ek, cr-e-ek agudo para unha chamada de alarma.[6]

Hábitat e distribución[editar | editar a fonte]

Aix sponsa encóntrase principalmente as costas leste e oeste dos Estados Unidos, onde frecuenta lagos e pantanos. Tamén hai poboacións desta ave en Cuba e Puerto Rico.

Habitan durante todo o ano nas partes da súa área de distribución sur, pero as poboacións do norte migran cara ao sur durante o inverno.[7].[8] Invernan no sur dos Estados Unidos preto da costa atlántica. O 75 % zona do Pacífico non son migratorios.[8]

Debido á súa atractiva plumaxe, tamén son populares nas coleccións de aves acuáticas e, como tales, son frecuentemente rexistradas na Gran Bretaña como escapadas. As poboacións establecéronse temporalmente en Surrey no pasado, pero non se considera que sexan autosuficientes.[Cómpre referencia] Xunto co pato mandarín, Aix sponsa considérase unha especie invasora en Inglaterra e Gales, e é ilegal liberalos na natureza.[9]

Dada a súa distribución autóctona, a especie tamén é un potencial divagante natural na Europa occidental, e houbo rexistros en zonas como Cornualla, Escocia e as illas Scilly, que algúns observadores consideran que poden estar relacionados coas aves silvestres; porén, dada a súa popularidade en catividade, sería extremadamente difícil probar a súa procedencia.

A especie foi introducida en diversos países de Europa pero non se aclimatou como o pato mandarín.

Historia natural[editar | editar a fonte]

Esta especie necesita árbores para nidificar, xa que poñen os ovos nunha cavidade da árbore ou nun niño artificial. A súa forma de aniñamento permitiulle ver ás súas poboacións desenvolverse nos Estados Unidos despois dunha caza abusiva a principios do século XX.

As variedades marelas e brancas son consideradas como domésticas.

Estado de conservación[editar | editar a fonte]

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, considerando que esta especie ten unha área de distribución extremadamente grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel baixo o criterio de tamaño da área de distribución, que a tendencia de poboación parece estar en aumento e, polo tanto, a especie non se achega aos limiares de vulneráble segundo o criterio de tendencia de poboación. O tamaño da poboación é extremadamente grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel segundo o criterio de tamaño da poboación. Por estes motivos o status da especie é avaliada como LC (pouco preocupante).[1]

Na cultura popular[editar | editar a fonte]

En 2013, a Royal Canadian Mint creou dúas moedas para conmemorar a Aix sponsa. As dúas moedas son cada unha parte dun conxunto de tres moedas para axudar a promover "Ducks Unlimited Canadá", así como a celebrar o seu 75 aniversario.[10]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 BirdLife International (2021): Aix sponsa na Lista vermella da UICN. Versión 2022-1. Consultada o 30 de novembro de 2022.
  2. 2,0 2,1 2,2 Wood Duck (Aix sponsa) en All About Birds. Cornell Lab of Ornithology.
  3. Dawson, William (2007): Neher, Anna (ed.) "Dawson's Avian Kingdom Selected Writings". California Legacy. ISBN 978-1-5971-4062-1, pp. 37–38.
  4. 4,0 4,1 Aix sponsa (Linnaeus, 1758) no GBIF. Consultado o 30 de novembro de 2022.
  5. 5,0 5,1 Aix sponsa (Linnaeus, 1758) na BioLib. Consultada o 30 de novembro de 2022.
  6. Ducks Unlimited Canada. Arquivado do orixinal o 11 de marzo de 2015. Consultado o 30 de novembro de 2022.
  7. "Wood Duck". Hinterland's Who's Who. Arquivado do orixinal o 23 decembro de 2014. Consultado o 30 de novembro de 2022.
  8. 8,0 8,1 Wood Duck (Aix sponsa) Arquivado 30 de novembro de 2022 en Wayback Machine..
  9. Schedule 9 to the Wildlife and Countryside Act, 1981.
  10. "Royal Canadian Mint Coins Celebrate the 75th Anniversary of Ducks Unlimited Canada While Honouring Other "Icons of Canadian Nature, Culture And History" Arquivado 07 de abril de 2022 en Wayback Machine.. Royal Canadian Mint.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Carboneras, Carles; del Hoyo, Josep; Elliot, Andrew & Sargatal, Jordi (1992): "Family Anatidae" en Handbook of the Birds of the World. Volume 1. (Ducks, Geese and Swans). Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-87334-10-5.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]