Pato mandarín

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Pato mandarín
Mandarin.duck.arp.jpg
Estado de conservación
Status iucn3.1 LC gl.svg
Preocupación baixa
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Anseriformes
Familia: Anatidae
Xénero: Aix
Nome científico
Aix galericulata
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

O Pato mandarín (Aix galericulata) é unha ave da familia das anatidas. Como relacionado pato da Carolina pertence ó xénero Aux.

Índice

[editar] Descrición

Son parrulos relativamente pequenos, que miden entre 41 e 49 cm. de lonxitude e teñen unha envergadura alar que vai dos 65 ós 75 cm. Os machos adultos en plumaxe reprodutora son aves de aspecto rechamante e inconfundible. Teñen o bico vermello, a cabeza verde metálica, un debuxo branco en forma de media lúa sobre dos ollos e a cara vermella con "patillas" castañas. O papo é púrpura con dúas liñas verticais brancas e os flancos avermellados, con dúas “velas”” alaranxadas no lombo, formadas polas plumas da alas . A plumaxe ten reflexos metálicos. As femias teñen unha coloración moito máis discreta, castaña agrisada, manchada na parte inferior. Teñen un anel ocular branco e unha liña que parte do ollo, ademais dunha pequena parte branca nos flancos. A punta do seu bico é pálida. En xeral soi moi semellantes ás femias do pato da Carolina.

[editar] Distribución

A área orixinal de distribución da especie comprendía o nordeste de China e a rexión rusa do Amur, onde hai aínda unhas 1000 parellas, e o Xapón onde quedan unas 5000. Actualmente a especie está moi ameazada nestas áreas. Como ave de parques e zoos espallouse case por todo o mundo e os exemplares fuxidos establecéronse con máis ou menos éxito nalgunhas zonas coma Alemaña, Austria, Suíza, os Países Baixos e o sur de Inglaterra., onde hoxe se consideran unha especie definitivamente consolidada. A poboación salvaxe europea, que conta cunhas 7.000 parellas sería hoxe superior á asiática. As poboacións salvaxes asiáticas son migratorias, que pasan o inverno bnas terras baixas do sur de China e do Xapón. Malia calcular os seus números nuns 65.000 exemplares a IUCN non considera ó pato mandarín especie ameazada.

En estado salvaxe os patos mandaríns crían en zonas de bosque mesto preto de lagos pouco fondos, pantanos ou estanques.

[editar] Conduta

Na natureza son aves tímidas que se moven entre a vexetación mesta, voando con habilidade entre as polas e agatuñando polas árbores. Son pouco sensibles ó frío, o que lles permite sobrevivir ós invernos centroeuropeos. Buscan comida principalmente no chan, apañando mesmo sementes grandes coma landras. Aliméntanse principalmente ó amencer ou cando empeza a anoitecer, e pasan o día pousados nunha pola ou agachados na vexetación.

Poden formar pequenos bandos no inverno, pero non adoitan mesturarse con outras especies de parrulos.

[editar] Reprodución

Fan os niños en furados nas árbores, preto da auga. Poñen de 6 a 10 ovos brancos, duns 5 cm. de longo que chocan uns 31 días.  Cando os polos saen do ovo, a mai salta no chan e chámaos inmediatamente. Os pitos móvense xa de pequenos con facilidade polas polas, gracias as unllas aguzadas e a cola longa.

[editar] Simbolismo

Na China o pato mandarín é un símbolo de fidelidade dentro do matrimonio, malia que as parellas de mandaríns non duran máis ca unha estación.

[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


[editar] Galería de imaxes

Ferramentas persoais