Adriaan Fokker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAdriaan Daniël Fokker

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de agosto de 1887
Bogor, Indonesia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte24 de setembro de 1972
Beekbergen
Güeldres
Países Baixos
Datos persoais
ResidenciaPaíses Baixos
País de nacionalidadeNeerlandesa
EducaciónUniversidade de Leiden
Universidade de Tecnoloxía de Delft
Director de teseHendrik Lorentz Editar o valor em Wikidata
Coñecido porEcuación de Fokker-Planck
Actividade
Campo de traballoFísica e Musicoloxía
Ocupaciónfísico , inventor , teórico da música , musicólogo , compositor , profesor universitario Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Leiden, Professor by special appointment (en) Traducir. Faculdade de Matemática e Ciências Naturais (pt) Traducir (1928–1955)
Universidade de Leiden, Professor by special appointment (en) Traducir. Faculdade de Matemática e Ciências Naturais (pt) Traducir (1928–1955)
Universidade Técnica de Delft, Dutch ordinary professor (en) Traducir (1923–1927)
Museu Teyler (pt) Traducir, conservador Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresHendrik Lorentz Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua neerlandesa Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoHenri Florin (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosA. D. Fokker (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesAnthony Fokker (sobriño) Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Fokker-17


Adriaan Daniël Fokker, nado na vila de Buitenzorg, nas Indias Orientais Neerlandesas, o 17 de agosto de 1887 e finado en Beekbergen, na provincia neerlandesa de Güeldres, o 24 de setembro de 1972, foi un físico e músico dos Países Baixos.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

No eido da Física[editar | editar a fonte]

Adriaan Fokker (na fronte, cuarto pola esquerda) en Leiden en 1926, cos seus compañeiros do laboratorio de Heike Kamerlingh Onnes.

Fokker naceu nun territorio daquela de soberanía neerlandesa, aínda que hoxe recibe o nome de Bogor e pertence a Indonesia.

Era curmán do enxeñeiro aeronáutico Anthony Fokker, fundador da compañía Fokker de aviación. Estudou Enxeñaría de Minas na Universidade de Tecnoloxía de Delft e popsteriormente Física na Universidade de Leiden, co físico neerlandés gañador dun premio Nobel Hendrik Lorentz, onde acadou seu doutoramento en 1913. Na súa tese, dese mesmo ano, derivou o que a partir de entón se pasou a chamar "ecuación de Fokker-Planck", xuntamente con Max Planck.

Logo do seu período de formación universitaria, continuou as súas investigacións con Albert Einstein, Ernest Rutherford e William Bragg.[2]

Fokker fixo diversas contribucións á relatividade especial e algunhas outras menos coñecidas á relatividade xeral, especialmente para a "precesión xeodésica", o fenómeno de precesión dun xiroscopio de caída libre nun campo gravitatorio.[3]

No eido da Musicoloxía[editar | editar a fonte]

Reprodución esquemática do teclado do órgano de Fokker

Na súa faceta de compositor musical e musicólogo, Fokker deseñou e mesmo construíu unha serie de instrumentos de teclado capaces de reproducir escalas microtonais a través dun teclado xeneralizado. O máis coñecido destes instrumentos é un órgano de 31 intervalos iguais ben temperado, coñecido comunmente como órgano Fokker, que foi instalado inicialmente no Museo Teyler de Haarlem in 1951 e posteriormente trasladado á sala de concertos Muziekgebouw aan 't IJ de Ámsterdam, onde se utiliza con regularidade para interpretacións abertas ao públcio.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Adriaan Daniël Fokker Arquivado 09 de marzo de 2018 en Wayback Machine.". En Huygens-Fokker Foundation. Centre for Microtonal Music (en inglés)
  2. "Fokker, Adriaan Daniël (1887-1972)". En Biografisch Woordenboek van Nederland:1880-2000 (en neerlandés)
  3. Eisenstaedt, Jean; Kox, Anne J. Studies in the History of General Relativity. Boston. Birkhäuser, 1988. Páxina 42 [ISBN 978-0-8176-3479-7] (en inglés)
  4. "Fokker Organ. History". En En Huygens-Fokker Foundation. Centre for Microtonal Music (en inglés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]