Fokker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fokker
Fokker 100 Portugalia CS-TPA 01.jpg
Fundación 22 de febreiro de 1912
Localización Amsterdam, Países Baixos
Fundador Anthony Fokker
Persoas clave Anthony Fokker
Industria aeroespacial
Produtos avións comerciais e militares

Fokker foi un fabricante aeronáutico neerlandés chamado así polo seu fundador, Anthony Fokker. A compañía operou baixo varios nomes, creándose en 1912 en Schwerin, Alemaña, e trasladandose aos Países Baixos en 1919.

Durante o seu período máis exitoso, nos anos 20 e 30 do século XX, dominou o mercado da aviación civil. Fokker entrou en bancarrota en 1996, e as súas opercións foron vendidas aos competidores.

Historia[editar | editar a fonte]

Aos 20 anos Anthony Fokker fabricou o seu primeiro avión, o Spin, que tamén sería o primeiro avión neerlandés. Aproveitando as mellores oportunidades que había en Alemaña trasladouse a Berlín onde, en 1912, fundou a súa primeira compañía, Fokker Aeroplanbau, mudandose posteriormente ao suburbio de Görries, ao suroeste de Schwerin, onde sería fundada Fokker Aviatik GmbH en febreiro de 1912.

Fokker Spin

Primeira Guerra Mundial[editar | editar a fonte]

Fokker aproveitou ter vendidos varios monoplanos Spin ao goberno alemán e ontou unha fábrica no país para abastecer ao exército xermano. O seu primeiro novo deseño para os alemáns en ser producido en gran número foi o Fokker M.5, que era basicamente unha copia do Morane-Saulnier G, coa fuselaxe fabricada con tubos de aceiro en vez de madeira, e con cambios menores no esquema do timón e na tren de aterraxe, e cun novo perfil aerodinámico[1]. Cando se decataron de que era recomendable equipar equipar a estes avións de recoñecemento cunha metralladora que disparase a través da súa hélice, Fokker desenvolveu un equipo de sincronización semellante ao que patentara Franz Schneider.

Equipado cunha versión desenvolvida dese equipo, o M.5 converteuse no Fokker Eindecker o cal, debido ao seu revolucionario armamento, sería un dos avións máis temidos na fronte occidental, e a súa introdución levaría a un período de superioridade aérea alemá coñecida como a "azouta Fokker", ata que se recuperou o equilibrio con avións como o Nieuport 11 e o Airco DH.2.

Durante a Primeira Guerra Mundial, os enxeñeiros de Fokker estiveron traballando no Fokker-Leimberger, un canón metrallador de 12 tubos extremadamente potente, capaz de disparar proxectís de 7,92x57mm a 7.200RPM.

Poteriormente durante a guerra, o goberno alemán forzou a Fokker e a Junkers a colaborar máis estretamente, resultando na fundación de Junkers-Fokker Aktiengesellschaft o 20 de outubro de 1917. Como esta asociación demostrou ser problemática, finalmente sería disolta. cara entón, o deseñador Reinhold Platz adaptara algúns concetos de deseño de Junkers, dando como resultado unha semellanza visual entre os avións dos dous fabricantes na seguinte década.

Algúns dos modelos máis destacados producidos por Fokker durante a segunda metade da guerra foron o Fokker D.VI, o Fokker Dr.I Dreidecker (o avión do Barón Vermello), o Fokker D.VII (o único aparello ao que se fai referencia directa nun tratado: todos os DVII deberon ser entregados aos aliados segundo os termos do acordo do armisticio) e o Fokker D.VIII.

Regreso aos Países Baixos[editar | editar a fonte]

En 1919, Fokker, debendo grandes sumas de impostos atrasados[2], regresou aos Países Baixos e fundou unha nova compañía preto de Amsterdam co apoio de Steenkolen Handels Vereniging, agora coñecida como SHV Holdings. Elixiu o nome Nederlandse Vliegtuigenfabriek para ocultar a marca Fokker,xa que a esta se lle relacionaba coa Gran Guerra. A pesar das estritas condicións de desarme do Tratado de Versalles, Fokker non regresou ao seu país coas mans baleiras. Ese ano arranxou un permiso de exportación e mercou seis trens enteiros de pezas e 180 avións entre a fronteira alemá e neerlandesa, entre os que había 117 Fokker C.I, D.VII e D.VIII. Estas reservas iniciais permitíronlle establecer unha tenda rapidamente.

Tras o traslado da compañía, moitos avións militares Fokker C.I e C.IV foron entregados a Rusia, Romanía e a aínda clandestina forza aérea alemá. O éxito tamén lle chegou no mercado comercial, co desenvolvemento do Fokker F.VII, un avión de á alta capaz de levar distintos tipos de motores. Fokker continuou deseñando e fabricando avións militares, entregando aparellos á forza aérea neerlandesa. Entre os clientes militares estranxeiros estiveron Finlandia, Suecia, Dinamarca, Noruega, Suíza, Hungría e Italia. Eses países mercaron cantidades substancais do avión de recoñecemento Fokker C.V, que sería o meirande éxit da compañía nos últimos anos 20 e primeiros 30.

Período glorioso[editar | editar a fonte]

Fokker F.VII

Nos anos 20, Fokker inicou os seus anos gloriosos, pasando a ser o maior fabricante de avións do mundo a finais da década. O seu meirande éxito foi o trimotor de pasaxeiros F.VIIa/3m, que foi usado por 54 aeroliñas de todo o mundo e alcanzou o 40% do mercado estadounidense en 1936. Compartíu o mercado europeo cos avións metálicos de Junkers, pero dominou o de Estados Unidos ata a chegada do Ford Trimotor, que copiou as características aerodinámicas do Fokker F.VII, e os concetos estruturais de Junkers.

Un duro golpe á reputación de Fokker chegou tras o desastre do voo 599 de TWA en Kansas, cando deuse a coñecer que o accidente fora causado por un fallo estrutural causado pola putrefacción da madeira. O lendario adestrador do equipo de fútbol Notre Dame, Knute Rockne, estaba entre as vítimas, o que provocou unha ampla cobertura dos medios e unha investigación técnica. Como resultado, todos os Fokkers dos Estados Unidos quedaron en terra, xunto con outros modelos que copiaron as súas ás.

En 1923 Anthony Fokker mudárase cara os Estados Unidos, onde establecera unha filial da compañía, a Atlantic Aircraft Corporation, que no ano 1927 sería renomeada como Fokker Aircraft Corporation of America. En 1930 esa compañía fusionouse con General Motors Corporation, e o seu novo nome sería General Aviation Manufacturing Corporation (que á súa vez fusionouse con North American Aviation, da que GM se desfixo en 1948). Un ano despois, descontento por estar totalmente subordinado á xestión de GM, Fokker renunciou. O 23 de decembro de 1939, Anthony Fokker morrería na cidade de Nova York.

Segunda Guerra Mundial[editar | editar a fonte]

Ao comezo da Segunda Guerra Mundial, os poucos G.1 e D.XXI da forza aérea neerlandesa foron capaces de conseguir un respectable número de vitorias contra os avións da Luftwaffe, pero moitos deles foron destruídos en terra antes de poder ser usados.

As factoría de Fokker foron confiscadas polos alemáns, e usadas para fabricar adestradores Bücker Bü 181 Bestmann e partes dos transportes Junkers Ju 52. Ao final da guerra, as fabricas foron completamente desmanteladas por Alemaña e destruídas polos bombardeos aliados.

Reconstrución[editar | editar a fonte]

A reconstrución tras a guerra foi difícil. O mercado inundouse de excedentes de guerra baratos. Con cautela, a compañía comezou fabricando planeadores e autobuses, e convertendo transportes Dakota en versións civís. Fabricáronse un feixe de F25. Porén, o adestrador S-11 foi un éxito, sendo mercado por varias forzas aéreas. O S-14 Machtrainer sería un dos primeiros adestradores a reacción, e aínda que non foi exportado, estivo en servizo durante máis dunha década coa forza aérea neerlandesa.

En 1951 construíuse unha nova factoría ao lado do aeroporto de Schiphol, preto de Amsterdam. Alí fabricáronse varios avións baixo licenza, entre os cales estaba o Gloster Meteor e o Lockheed F-104 Starfighter. Establecéronse unhas segundas instalacións de produción e mantemento en Woensdrecht.

Fokker F27

En 1958 entrou en servizo o F-27 Friendship, o avión de pasaxeiros máis exitoso de Fokker tras a guerra. O goberno neerlandes aportou 27 millóns de floríns ao seu desenvolvemento. Equipado co motor Rolls-Royce Dart, converteuse no turbohélice de pasaxeiros máis vendido do mundo, chegando case ás 800 unidades en 1986, incluídas a 206 unidades fabricadas baixo licenza por Fairchild. Existe tamén unha versión militar do F-27, o F-27 Troopship. Ao F-27 seguíulle o F-28 Fellowship en 1962. Ata que a súa fabricación rematou en 1987, construíronse un total de 241 unidades en varias versións.

En 1969, Fokker acordou unha alianza coa compañía de Bremen Vereinigte Flugtechnische Werke, baixo o control dun holding transnacional. Xuntos colaboraron no insactisfactorio reactor rexional VFW-614, do cal só se venderon 19 avións. Esta colaboración rematou a principios de 1980.

Fokker foi un dos principais socios no consorcio EPAF (European Participating Air Forces) do F-16 Fighting Falcon, e foi responsable da fabricación deses cazas para as forzas aéreas de Bélxica, Dinamarca, Países Baixos e Noruega. Este consistía en empresas e axencias gobernamentais deses catro países e dos Estados Unidos. Os F-16 eran montados por Fokker e pola belga SABCA con partes procedentes das cinco nacións involucradas.

Proxectos aeroespaciais[editar | editar a fonte]

En 1967 Fokker iniciou unha modesta división aeroespacial fabricando partes para satélites europeos. Un gran avance chegou en 1968, cando Fokker desenvolveu o primeiro satélite neerlandés, o ANS, xunto con Philips e universidades do país. A este seguíulle un segundo gran proxecto, o satélite IRAS, lanzado con éxito en 1983. A Axencia Espacial Europea nomeou en xuño de 1974 liderado por ERNO-VFW-Fokker GmbH para fabricar móduos presurizados para o Spacelab.

Posteriormente, Fokker contribuíu a varios prxectos de satélites europeos, e tamén ao foguete Ariane nos seus distintos modelos. Xunto cun contratista ruso, desenvolveu o gran sistema de paracaídas para os foguetes do Ariane 5, que lle permitían regresar á Terra con seguridade e ser reutilizados.

A división espacial fíxose cada vez máis independente ata que, xusto antes da bancarrota de Fokker en 1996, converteuse nunha corporación totalmente independente, coñecida como Fokker Space and Systems, Fokker Space, e Dutch Space. O 1 de xaneiro de 2006 pasou a mans de EADS-Space Transportation.

Fokker 50, Fokker 100 e Fokker 70[editar | editar a fonte]

Fokker 70

Tras unha breve colaboración insatisfactoria con McDonnell Douglas en 1981, Fokker comezou un ambicioso proxecto para desenvolver dous novos avións ao mesmo tempo. O Fokker 50 foi unha versión completamente modernizada do F-27, o Fokker 100 un novo avión de pasaxeiros baseado no F-28. Os gastos de desenvolvemento descontroláronse, forzando case a Fokker á bancarrota en 1987. O goberno neerlandés rescatou á compañía con 212 millóns de floríns pero exixíulle a Fokker buscar un "socio estratéxico", British Aerospace e DASA serían os candidatos máis probables.

As vendas iniciais do Fokker 100 foron boas, permitíndolle a Fokker comezar a desenvolver o Fokker 70 en 1991, unha versión máis pequena do F100. a smaller version of the F100. Pero as vendas do F70 foron menores das expectativas e o F100 comezou a ter unha forte competencia por parte de modelos de Boeing e Airbus.

En 1992, tras longas e difíciles negociacións, Fokker asinou un acordo con DASA. Porén, este non arranxou os problemas da compañía, principalmente debido a que a compañía nai de DASA, Daimler-Benz, tamén tivo que lidiar cos seus problemas de organización.

Bancarrota[editar | editar a fonte]

O 22 de xaneiro de 1996, o consello de administración de Daimler-Benz decidiu centrarse nos seus negocios automobilísticos e cortar lazos con Fokker. O día seguinte un tribunal de Amsterdam ampliou temporalmente a protección dos acredores. O 15 de marzo a compañía foi declarada en bancarrota[3].

As divisións da compañía que fabricaban partes e levaban a cabo tarefas de mantemento e reparación pasaron a formar parte de Stork N.V.; agora son coñecidas como Stork Aerospace Group. Stork Fokker existe para manter a revenda dos avións da compañía que aínda existen: renovan e revenden F50s e F100s, e convertiron un feixe de F50s como avións de transporte. Ten na súa axenda proxectos especiais como desenvolver unha variante de patrulla marítima do F50 e un reactor executivo do F100. Por este proxecto, Stork recibíu no ano 2005 o "Premio da industria aeroespacial" na categoría de transporte aéreo da revista Flight International.

Outras divisións da compañía que tiñan beneficios continuaron como empresas independentes, como Fokker Space (posteriormente Dutch Space) e Fokker Control Systems.

En novembro de 2009, Stork Aerospace cambiou o seu nome polo de Fokker Aerospace Group. No ano 2011 este pasoou a chamarse Fokker Technologies. As antigas instalacións de Fokker en Schiphol foron reconstruídas como o Fokker Logistics Park.

Modelos[editar | editar a fonte]

1912 - 1918[editar | editar a fonte]

1919 - 1940[editar | editar a fonte]

Deseños de Fokker-Atlantic[editar | editar a fonte]

1945 - actualidade[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]