A-72

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Autovía Monforte de Lemos - Chantada
A-72
TipoloxíaAutoestrada libre
RedeRede de estradas de España
Lonxitude36,7 km
Localización
Inicio A-76  Monforte de Lemos
Fin A-56  Chantada
Circulación
Velocidade máxima120 km/h

A autovía Monforte de Lemos - Chantada ou A-72 é unha autoestrada en proxecto, para conectar as dúas autovías A-56 e A-76 entre a cidade de Monforte de Lemos, pola que transcorre a A-76, e a vila Chantada, pola que transcorre a A-56, na provincia de Lugo.[1]

Trazado[editar | editar a fonte]

Está planificada no novo plan PITVI (2012-2024) para conectar as futuras autovías A-76 (Autovía Ponferrada-Orense) e A-56 (Autovía Lugo-Orense), desdobrando parte do percorrido do actual corredor galego CRG-2.1 (Lalín-Chantada-Monforte), para unha vez posta en servizo, transferir a titularidade ao Ministerio de Fomento.

O tramo supón unha redución de combustible, debido a que o proxecto evita grandes desniveis como o porto de Pedrafita do Cebreiro, nos traxectos A Coruña/Ferrol/LugoPonferrada/Xixón/Madrid, vía Monforte (A-54, A-56 e A-76), o que fai unha alternativa ideal á Autovía do Noroeste para o transporte de mercancías.[2]

Eixe loxístico europeo[editar | editar a fonte]

Esta infraestrutura é prioritaria nos plans loxísticos do Ministerio de Fomento e a Unión Europea para a interconexión de portos marítimos e o complemento da Autoestrada do Mar (Huelva-Ruta da Prata/Madrid/Cornixa AtlánticaXixónNantes/Portsmouth), xa que supón parte do percorrido entre o porto da Coruña e o porto de Ferrol cara ao porto de El Musel en Xixón, dando sentido aos proxectados portos Secos de Monforte de Lemos e Ponferrada.[3]

Tramos[editar | editar a fonte]

Denominación Tramo Quilómetros Estado (2018)  A-72   A-76  Monforte de Lemos - Chantada  A-56  36,7 Estudo informativo aprobado
(DIA aprobada, pendente a licitación do proxecto)[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ministerio de Fomento
  2. Ministerio de Fomento
  3. BOE
  4. "Ministerio de Fomento". Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2016. Consultado o 27 de agosto de 2018.  |urlarquivo= e |url-arquivo= redundantes (Axuda); |dataarquivo= e |data-arquivo= redundantes (Axuda)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]