Álvaro Caruncho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaÁlvaro Caruncho

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Álvaro de la Iglesia Caruncho Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de abril de 1948 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte14 de novembro de 2011 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteDoenza cardiovascular Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Álvaro de la Iglesia Caruncho, nado na Coruña o 23 de abril de 1948 e finado na mesma cidade o 14 de novembro de 2011, foi un pintor galego.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Álvaro Caruncho estudou na Escola de Artes da Coruña, onde tivo como mestre, entre outros, o acuarelista Mariano García Patiño.[2] Publicou os seus primeiros debuxos en 1968 en La Voz de Galicia, ilustrando uns artigos de Antonio Naveira. O ano seguinte iniciou a súa actividade como deseñador gráfico.

Despois de dirixir o departamento de arte dunha empresa de publicidade, abriu un estudo co grafista Alfonso Matarranz,[3] sendo recoñecido e premiado o seu labor neste campo en diversas ocasións, ata que en 1996 decidiu dedicarse exclusivamente á pintura.

En 1972 comezou a colaborar no semanario de humor La Codorniz,[3] fundada polo escritor e dramaturgo Miguel Mihura.[2] En 1973 realizou a súa primeira exposición individual na Galería Richelieu de Madrid, participando e realizando dende entón muestras tanto en España (A Coruña, Vigo, Compostela, Pontevedra, León, Oviedo, Barcelona, Granada, Santander, Ourense, Valencia, Alacant, Valladolid, Almería) como no estranxeiro (Venezuela, Portugal, Inglaterra, Italia, Austria, Países Baixos). En 1975, viaxou a Grecia para recoller a medalla e placa de prata que obtivo na I International Cartoon Exhibition of Atenas, publicándose debuxos seus tamén noutros países como o Líbano.

Volveu expor en 1977 na Galería Ceibe da Coruña, onde presentou o seu libro de humor ¡¡Por Narices!! que prologou o tamén pintor e humorista Alfonso Abelenda.[4] En 1978 mostrou a súa obra en Caracas e en 1979 expuxo individualmente en Vigo. Tras unha nova exposición na Coruña (1982) participou na exposición-homenaxe a Enrique Herreros no Centro Cultural Conde-Duque de Madrid.

En 1995 expuxo individualmente na galería Rincón del Arte da Coruña e en 1996 a Fundación Caixa Galicia organizou unha exposición retrospectiva itinerante da súa obra polas principais cidades galegas. Ese mesmo ano participou tamén no I Salón de Outono de Pintura da Real Academia Galega de Belas Artes. En 1999 presentou en Vigo a exposición "Arte no Deporte" que se realizou no Museo de Arte Deportivo e foi seleccionado para participar na II Bienale Internazionale dell Arte Contemporánea de Florencia.

Nos seguintes anos continuou a participar en mostras noutras cidades, como Santiago de Compostela e Valladolid en 2000, Porto ("Euroarte/Porto Capital Europeia da Cultura", 2001), Casa de Galicia de Madrid (2003), e Almería e Ponte de Lima en 2005). En 2006 participou na exposición "Cinco Maestros de la Pintura Gallega" que se realizou no Museo Manuel Torres de Marín, no II Encontro coa pintura e a poesía da Fundación Luís Seoane da Coruña, na 10th. International Fair for Contemporary Art de Innsbruck e na Holland Art Fair 2006. Tamén fixo parte das exposicións "Creadores Contemporáneos" (PALEXCO, 2007), "5 creadores de los 70" (Casa das Artes, 2008[5] e Fundación Torrente Ballester, 2009), "80 obras de artistas coruñeses" (Fundación María José Jove, 2008), "Achegarte" (Kiosco Alfonso, 2009).

Faleceu o 14 de novembro de 2011 debido a complicacións xurdidas dunha doenza cardíaca e circulatoria.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El pintor e ilustrador coruñés Álvaro Caruncho fallece a los 63 años". La Opinión A Coruña. 15 de novembro de 2011. Consultado o 15 de novembro de 2011. 
  2. 2,0 2,1 "Falleció el conocido pintor coruñés Álvaro de la Iglesia Caruncho". Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2021. Consultado o 10 de xaneiro de 2021.  Arquivado 14 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.
  3. 3,0 3,1 "Julio Cebrián, Alfonso Abelenda y Álvaro Caruncho: tres humoristas gráficos gallegos en Madrid". Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2020. Consultado o 10 de xaneiro de 2021. 
  4. Por narices (1977, Moret)
  5. Una gozada llamada 5 creadores de los 70
  6. Cultura Galega

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Mario Antolín, Diccionario de pintores y escultores del siglo XX. Editorial Forum Artis, Tomo 7, 1996
  • F. X. de la Colina, Diario de un Gorila. Editor Javier Estrada, Madrid, 1995
  • Xavier Costa Clavell, Los Gallegos. Edicións Xerais de Galicia, Vigo, 1983
  • José Manuel Gironés, La política española entre el rumor y el humor. Ediciones Nauta, Barcelona, 1974
  • Antonio Martínez Cerezo, Datario de artistas españoles. Alaris, Santander, 2001
  • Gabriel Plaza Molina, Arte en Galicia, la década del boom. Ediciós do Castro, A Coruña, 1981

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]