Doenza cardiovascular

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Doenza cardiovascular
Clasificación e recursos externos
DiseasesDB28808
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

As doenzas cardiovasculares son unha clase de doenzas que afectan o corazón ou os vasos sanguíneos.[1] Entre estas doenzas están as doenzas arteriais coronarias, como a anxina de peito e o infarto agudo de miocardio, accidentes vasculares cerebrais (AVC), cardiopatía hipertensiva, febre reumática, miocardiopatía, arritmia cardíaca, cardiopatía conxénita, valvulopatias, cardite, aneurisma da aorta, doenza arterial periférica e trombose venosa.[1][2]

Os mecanismos subxacentes varían de acordo coa doenza en cuestión.[1] Estímase que os factores de risco alimentario están asociados co 53% das mortes por doenza cardiovascular.[3] A doenza arterial coronaria, os accidentes vasculares cerebrais e a doenza arterial periférica prodúcense por aterosclerose,[1] que pode ser causada por hipertensión arterial, tabaquismo, diabetes, falta de exercicio físico, obesidade, colesterol elevado, mala calidade do sono[4][5] e consumo excesivo de bebidas alcohólicas.[1] A hipertensión arterial é a causa do 13% das mortes por doenzas cardiovasculares, o tabaco do 9%, a diabetes do 6%, a falta de exercicio do 6% e a obesidade do 5%.[1] A febre reumática cardíaca pode ter orixe nunha farinxite estreptocócica que non fose tratada.[1]

Estímase que 90% dos casos de doenzas cardiovasculares poden ser evitados con medidas de prevención.[6][7] A prevención da aterosclerose pode facerse diminuíndo os factores de risco,[1] a través de medidas como seguir unha alimentación saudábel, practicar exercicio físico, evitar a exposición ó fume de tabaco e limitando o consumo de alcohol. O tratamento da hipertensión arterial e da diabetes tamén é benéfico. O tratamento das persoas con farinxite estreptocócica con antibióticos pode diminuír o risco de febre reumática.[8] Aínda non é claro o beneficio do uso de aspirina en persoas doutra forma saudábeis.[9][10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Shanthi M, Pekka P, Norrving B (2011). Global Atlas on Cardiovascular Disease Prevention and Control (PDF). World Health Organization in collaboration with the World Heart Federation and the World Stroke Organization. pp. 3–18. ISBN 978-92-4-156437-3. Arquivado (PDF) dende o orixinal o 2014-08-17. 
  2. Naghavi M, Wang H, Lozano R, Davis A, Liang X, Zhou M, et al. (xaneiro de 2015). "Global, regional, and national age-sex specific all-cause and cause-specific mortality for 240 causes of death, 1990-2013: a systematic analysis for the Global Burden of Disease Study 2013". Lancet 385 (9963): 117–71. PMC 4340604. PMID 25530442. doi:10.1016/S0140-6736(14)61682-2. 
  3. Petersen, Kristina S.; Kris-Etherton, Penny M. (2021-11-28). "Diet quality assessment and the relationship between diet quality and cardiovascular disease risk". Nutrients 13 (12): 4305. ISSN 2072-6643. doi:10.3390/nu13124305. 
  4. Jackson CL, Redline S, Emmons KM (marzo de 2015). "Sleep as a potential fundamental contributor to disparities in cardiovascular health". Annual Review of Public Health 36 (1): 417–40. PMC 4736723. PMID 25785893. doi:10.1146/annurev-publhealth-031914-122838. 
  5. Wang R, Dong Y, Weng J, Kontos EZ, Chervin RD, Rosen CL, et al. (xaneiro de 2017). "Associations among Neighborhood, Race, and Sleep Apnea Severity in Children. A Six-City Analysis". Annals of the American Thoracic Society 14 (1): 76–84. PMC 5291481. PMID 27768852. doi:10.1513/AnnalsATS.201609-662OC. 
  6. McGill HC, McMahan CA, Gidding SS (marzo de 2008). "Preventing heart disease in the 21st century: implications of the Pathobiological Determinants of Atherosclerosis in Youth (PDAY) study". Circulation 117 (9): 1216–27. PMID 18316498. doi:10.1161/CIRCULATIONAHA.107.717033. 
  7. O'Donnell MJ, Chin SL, Rangarajan S, Xavier D, Liu L, Zhang H, et al. (agosto de 2016). "Global and regional effects of potentially modifiable risk factors associated with acute stroke in 32 countries (INTERSTROKE): a case-control study". Lancet 388 (10046): 761–75. PMID 27431356. doi:10.1016/S0140-6736(16)30506-2. 
  8. Spinks A, Glasziou PP, Del Mar CB (novembro de 2013). "Antibiotics for sore throat". The Cochrane Database of Systematic Reviews 11 (11): CD000023. PMC 6457983. PMID 24190439. doi:10.1002/14651858.CD000023.pub4. 
  9. Sutcliffe P, Connock M, Gurung T, Freeman K, Johnson S, Ngianga-Bakwin K, et al. (2013). "Aspirin in primary prevention of cardiovascular disease and cancer: a systematic review of the balance of evidence from reviews of randomized trials". PLOS ONE 8 (12): e81970. Bibcode:2013PLoSO...881970S. PMC 3855368. PMID 24339983. doi:10.1371/journal.pone.0081970. 
  10. Sutcliffe P, Connock M, Gurung T, Freeman K, Johnson S, Kandala NB, et al. (setembro de 2013). "Aspirin for prophylactic use in the primary prevention of cardiovascular disease and cancer: a systematic review and overview of reviews". Health Technology Assessment 17 (43): 1–253. PMC 4781046. PMID 24074752. doi:10.3310/hta17430.