Congregación para as Causas dos Santos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A Congregación para as Causas dos Santos (Congregatio de Causis Sanctorum), é unha das nove Congregacións da Curia Romana.

Foi creada o 8 de maio de 1969 polo papa Paulo VI en substitución da Sagrada Congregación de Ritos instituída por Sisto V en 1588.

Trátase do organismo do Vaticano encargado de estudar os milagres, martirios e virtudes heroicas e de propoñer os diferentes exemplos de santidade para que o Sumo Pontífice proceda a realizar as canonizacións e beatificacións oportunas.

A Congregación conta actualmente con 34 membros, e o seu prefecto é o cardeal Angelo Amato.

Lista de prefectos[editar | editar a fonte]

Se levan unha † significa que faleceron.
  • Card. Flavio Chigi † (12 de febreiro de 1759 - 12 de xullo de 1771)
  • ...
  • Card. Arcadio María Larraona Saralegui † (12 de febreiro de 1962 - 9 de xaneiro de 1968, xubilado)
  • Card. Benno Walter Gut † (29 de xuño de 1967 - 7 de maio de 1969, nomeado Prefecto da Congregación para o Culto Divino e Disciplina dos Sacramentos)
  • Card. Paolo Bertoli † (7 de maio de 1969 - 1 de marzo de 1973, falecido)
  • Card. Luigi Raimondi † (21 de marzo de 1973 - 24 de xuño de 1975, falecido)
  • Card. Corrado Bafile † (11 de xullo de 1975 - 27 de xuño de 1980, xubilado)
  • Card. Pietro Palazzini † (27 de xuño de 1980 - 1 de xullo de 1988, xubilado)
  • Card. Angelo Felici † (1 de xullo de 1988 - 13 de xuño de 1995, xubilado)
  • Card. Alberto Bovone † (13 de xuño de 1995 - 17 de abril de 1998, falecido)
  • Card. José Saraiva Martins (30 de maio de 1998 - 9 de xullo de 2008, xubilado): Prefecto Emérito
  • Card. Angelo Amato (9 de xullo de 2008 - ..., no cargo)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]