Zsa Zsa Gabor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaZsa Zsa Gabor

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(hu) Zsa Zsa Gábor Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(hu) Gábor Sári Editar o valor em Wikidata
6 de febreiro de 1917 Editar o valor em Wikidata
Budapest, Hungría Editar o valor em Wikidata
Morte18 de decembro de 2016 Editar o valor em Wikidata (99 anos)
Os Ánxeles (Estados Unidos de América) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Parada cardiorrespiratoria Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaWestwood Village Memorial Park Cemetery (pt) Traducir
Cemitério de Kerepesi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Austrohúngaro
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
RelixiónXudaísmo Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosGreen (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cor do peloCabelo cinza (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilme, teatro e Televisión Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónactriz de cinema , actriz de televisión , concursante en certames de beleza , actriz de teatro , socialité , actriz Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1932 Editar o valor em Wikidata - 1997 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua húngara e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Patrimonio estimado40.000.000 Ft Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloPrincesa Editar o valor em Wikidata
CónxuxeFrédéric von Anhalt (1986–2016), morte
Michael O'Hara (1976–1983)
Jack Ryan (1975–1976)
Joshua S. Cosden, Jr. (1966–1967)
Herbert Hutner (1962–1966)
George Sanders (1949–1954)
Conrad Hilton (1942–1947)
Burhan Belge (1937–1941)
FillosFrancesca Hilton (pt) Traducir
 () Conrad Hilton (pt) Traducir
Marcus Eberhardt (en) Traducir, fillo adoptivo
 () Frédéric von Anhalt (pt) Traducir
Prinz von Anhalt (en) Traducir, fillo adoptivo
 () Frédéric von Anhalt (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisVilmos Gábor (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Jolie Gabor (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsMagda Gabor (pt) Traducir e Eva Gabor (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0001248 Allocine: 1849 Rottentomatoes: celebrity/zsa_zsa_gabor Allmovie: p25448 TCM: 67248 TV.com: people/zsa-zsa-gabor IBDB: 80340
Discogs: 1481862 WikiTree: Gábor-19 Find a Grave: 174144146 Editar o valor em Wikidata

Sári Gábor, nada en Budapest o 6 de febreiro de 1917 e finada nos Ánxeles (California) o 18 de decembro de 2016, máis coñecida como Zsa Zsa Gabor (|ˌʒɑːʒɑː ˈgɑːbɔr|, en húngaro |ˈʒɒʒɒ ˈɡaːbor|), foi unha actriz húngara-estadounidense.[1] Tivo varios papeis en coñecidos filmes de Hollywood, obras de Broadway e tivo tamén un forte auxe na televisión.

Comezou a súa carreira nos escenarios de Viena e foi coroada Miss Hungría en 1936. Emigrou aos Estados Unidos en 1941 e converteuse nunha actriz cobizada polo seu «instinto e estilo europeo». O seu primeiro papel no cinema foi como actriz secundaria en Lovely to Look At. Máis tarde actuou na comedia We're Not Married! xunto a Marilyn Monroe, en Touch of Evil de Orson Welles, e realizou un dos seus poucos papeis protagonistas en Moulin Rouge (1952), dirixido por John Huston, quen a describiu como unha actriz de mérito. Ademais dos seus filmes e aparicións na televisión, foi coñecida pola súa serie de nove matrimonios, incluído co magnate hoteleiro Conrad Hilton, o actor británico George Sanders e o dominicano Porfirio Rubirosa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Os pais de Gabor foron Vilmos Gábor (1884-1962), militar, e Janka (Jolie) Tilleman (1896-1997),[2] xoieira e representante de artistas; a súa avoa Francesca Kende era propietaria dunha xoiaría. Zsa Zsa Gabor era a segunda de tres irmás: Magda (1915-1997), Zsa Zsa e Eva (1919-1995), quen tamén foi coñecida como actriz. Mulleres de gran beleza, as tres irmás movéronse no ambiente refinado da alta sociedade estadounidense dende que abandonaron a súa Hungría natal.[1]

Zsa Zsa Gábor apareceu en máis de trinta filmes e en populares series e shows de televisión, pero foron o seu marcado acento húngaro, o seu carácter ocurrente e os seus numerosos matrimonios, as razóns polas que se mantivo durante décadas como unha personalidade soada en Hollywood.

Miss Hungría[editar | editar a fonte]

Do mesmo xeito que as súas irmás, Zsa Zsa foi introducida pola súa nai no mundo dos espectáculos de variedadaes; debutou no club Femina de Viena[3] e en 1936 gañou o concurso de Miss Hungría.[4] Ese mesmo ano, durante outra das súas estancias na capital austríaca, o popular tenor Richard Tauber deulle un papel (como soprano soubrette) nunha opereta.

En 1941 Zsa Zsa mudouse a Hollywood en busca dun futuro mellor, lonxe da segunda guerra mundial que azoutaba Europa. Precedeulle con éxito a súa irmá Eva, quen obtivera un papel no filme Forced Landing. A guerra tocou de preto ás irmás Gábor: os seus avós maternos morreron nun bombardeo en Budapest en 1944, mentres que a súa nai conseguiu fuxir aos Estados Unidos grazas á axuda dun amigo de Magda, que era embaixador de Portugal.

Década de 1950[editar | editar a fonte]

O debut de Zsa Zsa no cinema non foi inmediato, senón que se produciu dez anos despois da súa chegada a América. Antes de conseguir papeis destacados na gran pantalla, fixo aparicións en programas de radio e televisión en compañía das súas irmás, Eva e Magda. As tres irmás Gabor e a súa nai fixéronse habituais nos ecos de sociedade, pois acudían xuntas a festas facendo gala da súa beleza e chispeante carácter, ao que contribuía o seu acento húngaro.

O apoxeo de Gabor no cine foi durante a década de 1950. Debutou da man do director Mervyn LeRoy en Lovely to Look At (1952), adaptación do musical de Broadway Roberta. Participou despois en filmes como We're Not Married! xunto a Ginger Rogers e Marilyn Monroe, en The Story of Three Loves de Vincente Minnelli e en 3 Ring Circus xunto a Jerry Lewis e Dean Martin. En 1953, rodou en Europa outra comedia, L'ennemi public no. 1, protagonizada polo cómico Fernandel.

O seu papel de maior entidade foi xunto a José Ferrer no filme Moulin Rouge (1952) de John Huston, biopic sobre o pintor Toulouse-Lautrec onde encarnou a cantante Jane Avril, amiga e musa do pintor. O mesmo Huston chegou a afirmar que Zsa Zsa era «como actriz, digna de crédito».[5]

Zsa Zsa sumou ao seu historial cinematográfico outros dous títulos destacados: Lili (1953), filme musical protagonizado por Leslie Caron, e o filme de Orson Welles Touch of Evil (1958), nun elenco que encabezaban Charlton Heston, Janet Leigh e Marlene Dietrich.

Tamén aceptou traballos en producións de serie B, eminentemente comerciais. Rodou o filme de ciencia ficción Queen of Outer Space (1958) en The Girl in the Kremlin (1957) relacionouse con Lex Barker, galán famoso por interpretar a Tarzán.

Desde os anos 1960[editar | editar a fonte]

A partir dos anos sesenta o seu traballo centrouse en espectáculos e series de televisión; colaborou co humorista e presentador Bob Hope e tivo papeis de estrela convidada en múltiples series como Batman, Bonanza, The Love Boat ou O príncipe de Bel Air... Tamén gravou unha versión televisiva de Ninotchka e en 1972 encarnou a bailarina e espía Mata Hari no filme cómico Up The Front.

Dotada de gran sentido do humor, na súa madurez chegou a parodiarse a ela mesma en breves papeis en A Nightmare on Elm Street 3: Dream Warriors (1987) e The Naked Gun 2 12: The Smell of Fear (1991).

2002-2016: problemas de saúde[editar | editar a fonte]

A boa saúde de Gabor comezou a crebarse en 2002, ao sufrir un accidente de automóbil polo que estivo hospitalizada durante varias semanas. En 2005, sufriu unha trombose e quedou parcialmente paralizada, tendo que desprazarse en cadeira de rodas;[6][7] someteuse a unha operación para eliminar unha obstrución arterial. En 2007 sufriu unha cirurxía relacionada coa súa operación anterior e despois foi sometida a unha cirurxía para tratar unha infección. En xullo de 2010, sufriu unha caída na súa casa e tivo que someterse a unha operación de cadeira; deixou o hospital o 16 de agosto de devandito ano. Porén, poucos meses despois, o 14 de xaneiro de 2011, cirurxiáns nos Estados Unidos amputaron tres cuartas partes da súa perna dereita á altura do xeonllo por mor dunha gangrena.[8]

O 18 de maio dese mesmo ano foi ingresada nun hospital dos Ánxeles para ser intervida de urxencia por mor dunha hemorraxia dixestiva derivada dunha mala colocación da sonda gástrica que a alimentaba. A consecuencia disto, a actriz caeu nun coma do que saíu cinco días despois.

O 6 de decembro de 2012, Gabor foi ingresada de urxencia no Hospital da Universidade de California por mor dunha grave infección producida polo tubo de alimentación que lle colocaron no estómago.[9]

En decembro de 2014 informouse de que estaba conectada a unha máquina que lle permitía seguir con vida, alimentada por unha sonda nasogástrica, aínda que perdía o coñecemento por momentos.

Falecemento[editar | editar a fonte]

Gabor faleceu debido a un ataque cardíaco no seu fogar o 18 de decembro de 2016, dous meses antes de cumprir 100 anos.[10]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Zsa Zsa e o playboy Porfirio Rubirosa en 1954.

Etiquetada como unha socialité (celebridade) da jet set hollywoodiense, o que acabou por eclipsar a súa carreira como actriz, Gabor sumou nove matrimonios. Casou por primeira vez aos vinte anos de idade cun ministro turco e entre os seus seuintes maridos estiveron o magnate hoteleiro Conrad Hilton (con quen tivo a súa única filla, Francesca) e o actor George Sanders, de quen se divorciou e que tempo despois casou coa súa irmá Magda.

Cronoloxicamente, os seus maridos foron:

A única filla de Gabor, Constance Francesca Hilton, naceu o 10 de marzo de 1947.[13][21] Segundo a autobiografía de Gabor de 1991 One Lifetime Is Not Enough, o seu embarazo foi o produto dunha violación por parte do seu marido Conrad Hilton. Foi a única das irmás Gabor que tivo algún fillo.[22] Francesca Hilton faleceu en 2015 aos 67 anos por mor dun infarto.[23][24] O marido de Gabor nunca lle falou sobre o pasamento da súa filla polo seu estado físico e emocional.[25][26]

O seu último matrimonio e o máis duradeiro emparentouna supostamene coa nobreza europea: casou co alemán Frédéric Prinz von Anhalt, de quen se afirmaba que ostentaba un título aristocrático sen validez legal no seu país. Entre os romances de Gabor que non culminaron en voda lémbrase o que mantivo co playboy dominicano Porfirio Rubirosa, e fálase de aventuras máis fugaces co político turco Ataturk[27] cando ela tiña 18 anos e co ditador dominicano Rafael Leónidas Trujillo.

Zsa Zsa Gabor era famosa polo seu agudo enxeño, a súa predilección polas xoias e o seu peculiar acento, razóns polas que mantivo gran notoriedade, á marxe da súa irregular carreira. Alcanzou resonancia mundial en 1989 o incidente que protagonizou cando losqueou un policía que a detivo por unha infracción de tráfico; ela conducía o seu coche Rolls Royce coa documentación caducada e en presumible estado de embriaguez. Por devandita agresión ao axente, a actriz pasou tres días nunha cela e tivo que cumprir 120 horas de traballo comunitario nun albergue de mulleres. A propia Gabor parodiou en dúas ocasións esa liorta, nun episodio da telecomedia O príncipe de Bel-Air e no filme The Beverly Hillbillies.

Aínda que os pais de Gabor eran xudeus,[28] ela era católica practicante.[29][30]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Filme Director Notas Ref.
1952 Lovely to Look At LeRoy [31]
We're Not Married! Goulding [32]
Moulin Rouge Huston [32]
The Million Dollar Nickel Ballbusch
1953 The Story of Three Loves Minnelli [33]
Lili Walters [32]
L'ennemi public no. 1 Verneuil
1954 Sangre y luces Rouquier/Suey [34]
Ball der Nationen Ritter
3 Ring Circus Pevney [32]
1956 Death of a Scoundrel Martin [32]
1957 The Girl in the Kremlin Birdwell [35]
1958 The Man Who Wouldn't Talk Wilcox
Country Music Holiday Ganzer [35]
Touch of Evil Welles [32]
Queen of Outer Space Bernds [32]
1959 For the First Time Mate
1960 La Contessa azzurra Gora
Pepe Sidney [4]
1962 Lykke og krone Helander/Saelen
The Road to Hong Kong Panama Cameo [36]
Boys' Night Out Gordon [32]
1966 Picture Mommy Dead Gordon [32]
Drop Dead Darling Hughes [37]
1967 Jack of Diamonds Taylor [38]
1972 Up the Front Kiliett
1976 Won Ton Ton, the Dog Who Saved Hollywood Winner [39]
1978 Every Girl Should Have One Hyatt
1984 Frankenstein's Great Aunt Tillie Gold [40]
1987 A Nightmare on Elm Street 3: Dream Warriors Russell Cameo [41]
Johann Strauß: Der König ohne Krone (Johann Strauss: The King Without a Crown) Antel
1991 The People vs Zsa Zsa Gabor Documental
The Naked Gun 2 12: The Smell of Fear Zucker Cameo
1992 The Naked Truth Mastorakis [35]
1993 Est & Quest: Les Paradis Perdus (East & West: Paradises Lost) Rival
Happily Ever After Blossom (voz) [42]
The Beverly Hillbillies Spheeris Cameo [43]
1996 A Very Brady Sequel Cameo

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "The Secret Is Out: Zsa Zsa is 72". News Archive. 3 de noviembre de 1989. Consultado o 14 de febreiro de 2014. 
  2. "Zsa Zsa Gabor profile at". Filmreference.com. Consultado o June 12, 2013. 
  3. Zsa Zsa Gabor: Biografía e filmografía
  4. 4,0 4,1 Hischak, Thomas S. The Oxford Companion to the American Musical: Theatre, Film, and Television, Nova York: Oxford University Press, 2008, p.271
  5. Huston, John. John Huton: Interviews, Univ. Press of Mississippi (2001), p. 11
  6. "Zsa Zsa Gabor Seriously Hurt After Car Crash". 29 de novembro de 2002. 
  7. "Gabor to get $2 million for car crash". 
  8. "UCLA statement on Zsa Zsa Gabor's condition following today's surgery". UCLA Health Sciences Media Relations. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2012. Consultado o 14 de xaneiro de 2011. 
  9. Ingresada por una grave infección.
  10. Gray, Tim. «Hollywood Legend Zsa Zsa Gabor Dies at 99.» Variety. Consultado o 19 de decembro de 2016 (en inglés).
  11. "Marriage entry, 17 May 1935 Budapest 11th district, 172/1935". 
  12. 12,0 12,1 12,2 Gabor, Zsa Zsa; Frank, Gerold. Zsa Zsa Gabor: My Story, The World Publishing Company, 1960.
  13. 13,0 13,1 Feinberg, Alexander (5 de outubro de 1947). "Bandit Gets $600,000 Gems in Raid on Penthouse Home: Mrs. Sari Hilton, Hotel Chain Owner's Wife, Reveals Hiding Place of Jewel Box After Intruder Threatens to Shoot Baby". The New York Times. 
  14. "Photo of Zsa Zsa Gabor and husband George Sanders". Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2021. Consultado o 27 de agosto de 2020.  Arquivado 27 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.
  15. "Zsa Zsa Gabor Is Married Here to Corporation Head". The New York Times. 6 de novembro de 1962. 
  16. "Herbert L. Hutner, Arts Adviser, Is Dead at 99". The New York Times. 19 de decembro de 2008. 
  17. "Zsa Zsa Decides It's Time to Sell Beauty Formulas". The New York Times. 29 de xaneiro de 1969. 
  18. "Jack Ryan Dies at 65; Designer of Barbie Doll". The New York Times. 21 de agosto de 1991. 
  19. Gabor, Zsa Zsa (and Wendy Leigh). One Life is Not Enough (Delacorte Press, 1991), p. 311.
  20. Current Biography Yearbook (H. W. Wilson Company, 1989), p.177.
  21. "Photo of Zsa Zsa Gabor and daughter Francesca". Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2015. Consultado o 27 de agosto de 2020.  Arquivado 06 de xaneiro de 2015 en Wayback Machine.
  22. Bennetts, Leslie (6 de setembro de 2007). "It's a Mad, Mad, Zsa Zsa World". Vanity Fair. Consultado o 12 de xuño de 2013. 
  23. Duke, Alan (19 de abril de 2011). "Zsa Zsa Gabor to become new mother at 94, husband says". CNN. 
  24. Oldeburg, Ann (6 de xaneiro de 2015). "Francesa Hilton, Zsa Zsa Gabor's daughter, dies". USA Today. Consultado o 18 de decembro de 2016. 
  25. "Zsa Zsa Gabor: "I want to die in Hungary"". dailynewshungary.com. 17 de abril de 2016. 
  26. "Zsa Zsa Gabor - Facebook". facebook.com. 
  27. Strategypage
  28. "Zsa Zsa Gabor, the Hollywood star with Jewish roots, dies aged 99". The Times of Israel. Associated Press. 19 de novembro de 2016. 
  29. "Jewish-born Hollywood star Zsa Zsa Gabor dies at age 99". Jerusalem Post. Reuters. 19 de decembro de 2016. Consultado o 30 de decembro de 2016. 
  30. "Obituary: Zsa Zsa Gabor". BBC News (BBC). 19 de decembro de 2016. 
  31. A. W. (30 de maio de 1952). "Movie Review - ' Lovely to Look At,' Based on Musical Comedy, 'Roberta,' Arrives at Music Hall". NYTimes.com. The New York Times. Consultado o 19 de decembro de 2016. 
  32. 32,0 32,1 32,2 32,3 32,4 32,5 32,6 32,7 32,8 Corliss, Richard. "Zsa Zsa Gabor Dead at 99: It Was Divine Knowing Her". TIME.com. Consultado o 19 de decembro de 2016. 
  33. "Films in Which Zsa Zsa Gabor Appeared". Times Herald. 19 de decembro de 2016. Consultado o 1 de marzo de 2022. 
  34. Beauty and the Bullfighter, original title: Love in a Hot Climate (1954) Arquivado 06-11-2018 en Wayback Machine. Alarmy
  35. 35,0 35,1 35,2 Pullen, Kirsten (2014). Like a Natural Woman: Spectacular Female Performance in Classical Hollywood. Rutgers University Press. p. 207. 
  36. Neibaur, James L. (2004). The Bob Hope Films. North Carolina, U.S.: McFarland. p. 138. 
  37. Malone, Aubrey (2013). The Defiant One: A Biography of Tony Curtis. North Carolina, U.S.: MacFarland. p. 132. 
  38. "Movie Review - Screen: Jewel Thievery:George Hamilton Plays the 'Jack of Diamonds' - NYTimes.com". www.nytimes.com. Consultado o 19 de decembro de 2016. 
  39. "Celebs mourn loss of 'fabulous' Zsa Zsa Gabor". BBC News (en inglés). 19 de decembro de 2016. Consultado o 19 de decembro de 2016. 
  40. Weldon, Michael (1996). The psychotronic video guide. Macmillan. p. 219. ISBN 978-0-312-13149-4. Consultado o 5 de xaneiro de 2012. 
  41. Press, Associated (19 de decembro de 2016). "Zsa Zsa Gabor, Actress and Celebrity, Dies at 99". The Wall Street Journal. ISSN 0099-9660. Consultado o 19 de decembro de 2016. 
  42. Steve Daly, Happily Ever After Arquivado 07 de marzo de 2014 en Wayback Machine., Entertainment Weekly, 4 de xuño de 1993.
  43. "Zsa Zsa Gabor: The actress who triumphed at playing herself". BBC News (en inglés). 19 de decembro de 2016. Consultado o 19 de decembro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]