Vincente Minnelli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Vincente Minnelli
Nome completoLester Anthony Minnelli
Nacemento28 de febreiro de 1903
 Chicago
Falecemento25 de xullo de 1986
 Beverly Hills
CausaAlzhéimer e pneumonía
SoterradoForest Lawn Memorial Park (Glendale)
NacionalidadeEstados Unidos de América
Ocupacióndirector teatral, director de cinema e diseñador de vestuario
PaiVincent Charles Minnelli
NaiMarie-Émilie Odile Lebeau
CónxuxeJudy Garland, Georgette Magnani, Danica Radosavljev e Lee Anderson
FillosLiza Minnelli
Coñecido porThe Four Horsemen of the Apocalypse, Two Weeks in Another Town, Home from the Hill, Some Came Running, Designing Woman, Tea and Sympathy, Lust for Life, Brigadoon, The Band Wagon, The Bad and the Beautiful, Un americano en París, Madame Bovary, The Pirate e Meet Me in St. Louis
Premiospremios do Sindicato de Directores, Óscar ó mellor director, star on Hollywood Walk of Fame e Globo de Ouro ó mellor director
editar datos en Wikidata ]

Lester Anthony Minnelli, nado en Chicago o 28 de febreiro de 1903 e finado en Beverly Hills (California) o 25 de xullo de 1986, foi un director de cinema e de teatro estadounidense. Utilizou o nome artístico de Vincente Minnelli.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun músico co que a familia realizaba xiras por toda a área, traballou como fotógrafo e deseñador de vestiario antes de marchar a Nova York, onde comezou a súa carreira de director teatral. O éxito acadado nesta faceta levou á Metro-Goldwyn-Mayer a contratalo en 1940. Debutou no cine dirixindo Cabin in the Sky, en 1943.

Durante a rodaxe de Meet Me in St. Louis coñeceu a Judy Garland, coa que estivo casado durante seis anos. Deste matrimonio naceu a súa filla Liza Minnelli.

Aínda que Minnelli é especialmente coñecido coma director de películas musicais, como Un americano en París ou Gigi, que lle valeu o Oscar ao mellor director, tamén conseguiu grandes éxitos con comedias ou melodramas, como O pai da noiva ou The Bad and the Beautiful.

Finou en 1986, aos 83 anos.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]