Fernandel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fernandel
Fernandel como Don Camillo.
Nome completoFernand Joseph Désiré Contandin
Alcume/outrosFernandel
Nacemento8 de maio de 1903
LugarMarsella, Francia
Falecemento26 de febreiro de 1971 (67 anos)
LugarParís, Francia
Causacancro de pulmón
Soterradocemiterio de Passy e Grave of Fernandel
NacionalidadeFrancia
Relixióncatolicismo
Cónxuxe(s)Henriette-Félicie Manse
FillosFranck Fernandel
ProfesiónActor
Na rede
http://fernandel.online.fr/
IMDB: nm0272794 Allocine: 6290 Rottentomatoes: celebrity/1005051-fernandel Allmovie: p23144
Spotify: 0H7kQmHnDWX4a2AYOKb6rN iTunes: 14539257 Last fm: Fernandel Musicbrainz: 0bce7eda-e55b-4176-aa1f-b8d2ca447a17 Discogs: 166534 Allmusic: mn0000138937 Find a Grave: 7144 Deezer: 54299 Genius: Fernandel Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Fernandel é o nome artístico co que era coñecido Fernand Joseph Désiré Contandin, nado en Marsella o 8 de maio de 1903 e finado en París o 26 de febreiro de 1971. Foi un actor, cómico e cantante francés de orixe occitana,[1] que comezou no vodevil e na opereta, onde gañou popularidade pouco a pouco. O seu nome artístico provén do seu matrimonio con Henriette Manse, a irmá do seu mellor amigo e colaborador de cine Jean Manse. Tan atento era coa súa muller que a súa sogra referíase a el como Fernand d'elle ("o seu Fernand").[2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fotograma de La loi, c'est la loi, con Fernandel na esquerda e Totò á dereita.

En 1930, Fernandel apareceu no seu primeiro filme e, a continuación converteuse no principal actor cómico de Francia. A súa carreira de actor durou preto de corenta anos. Fernandel estaba orgulloso da súa cara de cabalo e os dentes grandes que lle daban un carácter inconfundible cando ría ou se anoxaba.

O papel de Fernandel que máis o caracterizou e o que máis gustou ó público foi a representación da figura do irascible sacerdote italiano da aldea que sempre estaba confrontado co conselleiro comunista na serie de filmes Don Camillo.[4]

Fernandel actuou con outros comediantes famosos, como Bourvil ("La cuisine au Beurre") e tamén coproduciu algúns dos seus filmes.

Contra a fin da súa carreira activa, Fernandel apareceu nalgún filme de Hollywood. No ano 1956, participou con David Niven na Volta ao mundo en oitenta días no papel do condutor. A continuación, actuou tamén con Bob Hope e Anita Ekberg na comedia Paris Holiday.

Fernandel morreu de cancro de pulmón e foi enterrado no cemiterio de Passy en París.[5].

Carreira profesional[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Le borgate". comune.perosaargentina.to (en italiano). Comune di Perosa Argentina. 28 de decembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 11 de xuño de 2015. 
  2. Fernandel 1903–1971 (biography) Arquivado 03 de novembro de 2014 en Wayback Machine.. French Film Guide.
  3. Dayna Oscherwitz; MaryEllen Higgins (2009). The A to Z of French Cinema. Scarecrow Press. pp. 162–. ISBN 978-0-8108-7038-3. 
  4. "Fernandel, biographie et filmographie". encinematheque.net. Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2010. Consultado o 28 de novembro de 2010. 
  5. Biographie sur fernandel.online.fr

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]