Yves Saint Laurent

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Yves Saint Laurent
Study of Yves Saint Laurent by Reginald Gray.jpg
Nome completoYves Mathieu-Saint-Laurent
Nacemento1 de agosto de 1936
 Orán
Falecemento1 de xuño de 2008 (71 anos)
 París
Causacancro de cerebro
NacionalidadeFrancia
Ocupacióngrand couturier e deseñador
Coñecido/a porLe Smoking
PremiosGrand Officer of the Legion of Honour
editar datos en Wikidata ]
Tenda Yves Saint Laurent en Portugal por Christophe Moustier, 1996

Yves Mathieu-Saint-Laurent, nado en Orán, Alxeria, o 1 de agosto de 1936, e falecido o 1 de xuño de 2008 en París, foi un deseñador de moda francés, fundador da marca de roupa de alta costura homónima.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Con 18 anos entrou a traballar na sinatura Christian Dior, onde substituíu ao propio Dior á fronte da súa sinatura dous anos despois, converténdose no modisto máis mozo da alta costura francesa. A súa carreira na sinatura Dior concluíu no ano 1960 cando foi chamado para cumprir co servizo militar francés.

En 1962 finalizou as súas obrigas coa milicia, e ao volver a París descobre que a casa Dior substituíralle por Marc Bohan, deseñador que se achegaba máis ao estilo ladylike que se buscaba. Saint-Laurent demandou á empresa por danos morais coa axuda do seu amigo Pierre Bergé, e co diñeiro recibido, mailo do empresario estadounidense Mack Robinson, creou a súa propia casa de costura. A primeira colección, Ligne Trapéze, dese mesmo ano, convértese nun éxito instantáneo.

As súas coleccións nos anos 60 salientan pola incorporación do smóking ao vestiario actual e a innovación en prét-a-porter feminino. Deseña decorados e vestiario para films e obras como Cyrano de Bergerac e A Pantera Rosa, e converte a Catherine Deneuve en icona de estilo e musa persoal.

A súa afección á arte lévalle a homenaxear a mestres como Piet Mondrian, Picasso e Braque, con vestidos que reproducen os seus motivos. Unha exposición na Coruña (febreiro de 2008) ilustraba esta influencia no seu traballo, reunindo os seus deseños xunto con obras de arte que inspiráronos.

Saint Laurent e Bergé reuniron unha importante colección de arte, ata que en data recente declararon que «cos prezos actuais, xa non podemos seguir comprando».

Cabe destacar que a imaxe e o logotipo da empresa encargouse o deseñador gráfico francés Cassandre, en uso hoxe en día.

Logros[editar | editar a fonte]

Pasou á historia como o primeiro deseñador de moda que expuxo nun museo, o Metropolitan Museum de Nova York. Anunciou a súa retirada do deseño en xaneiro de 2002.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]