Estilista

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Diferentes cosméticos.

Un estilista é un profesional que se dedica a asesorar sobre a vestimenta, o peiteado e en xeral a imaxe e estética dos seus clientes, normalmente tomando como guía a moda ou tendencias do momento.

Formación e requisitos (España)[editar | editar a fonte]

Os estilistas son os profesionais encargados de crear unha harmonía estética ao redor dun suxeito ou escenario. O estilita encárgase de seleccionar os elementos adecuados para unha editorial de revista, campañas publicitarias, televisión, vídeos musicais, presentacións en concertos e calquera aparición pública dalgún modelo ou celebridade. Os estilistas xeralmente son parte dun equipo requirido polo cliente para traballar xunto con deseñadores de moda, fotógrafos, directores, peiteadores e maquilladores para crear un aspecto particular ou un tema para un proxecto específico.

Para traballar como estilista hai varias vías a seguir:

  • Formación Profesional de Grao Superior: Estilismo, Asesoría de imaxe persoal,deseño en estilismo de indumentaria e en modelismo.
  • Estudos Universitarios de Grao Superior: Escolas de deseño e moda.
  • Outros Estudos:
    • Cursos de peiteado.
    • Cursos de maquillaxe.
    • Cursos de estilismo de moda.
    • Cursos de estilismo, imaxe e moda.
    • Cursos de fotografía de moda e estilismo persoal.

Mercado Laboral[editar | editar a fonte]

As saídas profesionais do estilismo son as seguintes:

  • Estilista.
  • Editor de Moda.
  • Asesor Persoal.
  • Estilista de Pasarela.
  • Estilista de Fotografía.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]