Yanko Daučík
Yanko Daučík | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Yanko Daučík Ciboch | ||
Nacemento | 22 de marzo de 1941 | ||
Lugar de nacemento | Praga | ||
Falecemento | 13 de maio de 2017 | ||
Lugar de falecemento | Madrid | ||
Altura | 189 centímetros | ||
Posición | dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
1957 | Indautxu | ||
1957–1959 | Atlético de Madrid | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1958–1959 | Atlético Madrileño | ||
1959 | → Salamanca | 10 | (0) |
1959 | → Rayo Vallecano | 4 | (1) |
1959–1960 | Porto | 13 | (7) |
1960–1962 | Betis | 38 | (14) |
1962–1965 | Real Madrid | 10 | (3) |
1964–1965 | → Melilla | 10 | (1) |
1965–1966 | Atlético de Madrid | 0 | (0) |
1965–1966 | → Melilla | 10 | (0) |
1966 | Toronto Falcons | ||
1966–1967 | Mallorca | 20 | (6) |
1967 | Toronto Falcons | 17 | (20) |
1968 | Universidad de Chile | 2 | (0) |
1968 | Elche | 0 | (0) |
1968–1969 | Rayo Vallecano | 14 | (7) |
1970 | Sant Andreu | 17 | (9) |
1970–1971 | Espanyol | 13 | (1) |
1972 | Xerez | 8 | (1) |
Adestrador | |||
Moscardó | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Yanko Daučík Ciboch, nado en Praga o 22 de marzo de 1941 e finado en Madrid o 13 de maio de 2017, foi un futbolista eslovaco, que xogaba de dianteiro. Fillo do futbolista internacional e adestrador Ferdinand Daučík, militou en numerosos clubs, a maioría deles españois e a miúdo adestrado por seu pai.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nado en 1941 en Praga, capital entón de Checoslovaquia, en 1950 trasladouse coa súa familia a España, onde seu pai, Ferdinand Daučík, asinou como novo adestrador do FC Barcelona. Xogou no Indautxu mentres seu pai adestraba o Athletic de Bilbao, e cando este colleu as rendas do Atlético de Madrid finais da década de 1950, Yanko entrou na canteira do club madrileño.[1] Tras xogar no filial atlético, na parte final da tempada 1958/59 foi cedido ao Salamanca. Na seguinte campaña volveu ir cedido, desta vez ao Rayo Vallecano, da Segunda División,[2] co que disputou catro partidos da tempada 1959/60, marcando un gol no seu debut ante o Valencia Mestalla.
A continuación seguiu a seu pai ao Porto, no que xogou durante a tempada 1959/60, e ao Betis, polo que fichou en 1960.[3] Debutou na Primeira División na primeira xornada da tempada 1960/61 ante o Mallorca, e completou a súa primeira campaña na elite do fútbol español con 9 goles en liga, incluído un triplete contra a Real Sociedad, e 6 na Copa do Xeneralísimo.
As súas actuacións en Sevilla atraeron o interese do Real Madrid, que o fichou en agosto de 1962.[4] Con todo, no club branco tivo que afrontar a dura competencia de Alfredo Di Stéfano, Francisco Gento, Ferenc Puskás e Amancio Amaro, polo que nas súas tres tempadas no equipo só disputou 20 encontros entre liga e Copa. Marcou un total de 8 goles, entre eles un triplete contra o Indautxu na Copa. En 1964 tivo que trasladarse a Melilla para realizar o servizo militar,[5] polo que xogou cedido ao Melilla, da Segunda División.[6]
En maio de 1965 comprou a súa liberdade ao Real Madrid e fichou polo Atlético de Madrid.[7] Debutou co equipo de Otto Bumbel nas semifinais da Copa de Feiras ante a Juventus e disputou tamén dous partidos da Copa do Xeneralísimo, competición que o seu equipo acabou gañando. A continuación regresou ao servizo militar e volveu xogar unha segunda tempada no Melilla.[8]
No verán de 1966 xogou co Toronto Italia na Eastern Canada Professional Soccer League do Canadá.[9][10] A continuación regresou a España para xogar a tempada 1966/67 co Mallorca na Segunda División, e logo volveu ao Toronto, onde se lle uniron o seu pai Ferdinand, o seu tío László Kubala e o seu curmán Branko Kubala. Na tempada 1967 marcou 20 goles en 17 partidos, sendo o máximo goleador da National Professional Soccer League.[11] En 1968 marchou a Chile para xogar no Universidad de Chile, equipo adestrado por Alejandro Scopelli, amigo de seu pai, onde apenas tivo participación.[12]
Pasou os seus últimos anos como xogador no fútbol español, militando en cinco clubs máis, en tres deles ás ordes de seu pai. Así, pasou polo Elche,[13] o Rayo Vallecano e o Sant Andreu, antes de regresar en 1970 á máxima categoría, fichando polo Espanyol. Colgou as botas en 1972, tras unha última tempada no Xerez.
Trala súa retirada dedicouse aos negocios e tivo un breve paso polos bancos, adestrando o Moscardó. Morreu o 13 de maio de 2017 en Madrid aos 76 anos.[14]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Era fillo do futbolista e adestrador Ferdinand Daučík e sobriño do matrimonio formado por Anna Viola Daučík e o tamén futbolista László Kubala. Tamén foron futbolistas os seus irmáns Ignacio e Javier Daučík e o seu curmán Branko Kubala.[15]
Palmarés[editar | editar a fonte]
- Real Madrid
- Primeira División (2): 1962/63, 1963/64.
- Atlético de Madrid
- Copa do Xeneralísimo (1): 1964/65.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Niño, Álex (19 de marzo de 1997). "Merlín busca banquillo". El País (en castelán). Consultado o 1 de maio de 2022.
- ↑ "Daucik (hijo) cedido al Rayo Vallecano". El Correo Gallego (en castelán) (26757). 12 de setembro de 1959. p. 2. Consultado o 1 de maio de 2022.
- ↑ "Daucik piensa en Chile". La Noche (en castelán) (12239). 6 de decembro de 1960. p. 4. Consultado o 1 de maio de 2022.
- ↑ "Yanko Daucik fichó por el Real Madrid". La Noche (en castelán) (12597). 4 de agosto de 1962. p. 6. Consultado o 1 de maio de 2022.
- ↑ "Yanko". La Noche (en castelán) (13175). 20 de febreiro de 1964. p. 6. Consultado o 1 de maio de 2022.
- ↑ "Yanko Daucik". El Progreso (en castelán). 18 de novembro de 1964. p. 6. Consultado o 1 de maio de 2022.
- ↑ "Yanko Daucik compró su libertad al Madrid". El Pueblo Gallego (en castelán). 15 de maio de 1965. p. 12. Consultado o 1 de maio de 2022.
- ↑ "Daucik, otra vez al Melilla". El Pueblo Gallego (en castelán). 9 de setembro de 1965. p. 15. Consultado o 1 de maio de 2022.
- ↑ Waring, Ed (2 de xuño de 1966). "Piotti nearly didn't get in, Roma wishes he hadn't". The Globe and Mail (en inglés). p. 29.
- ↑ Colin, Jose (2001). On-Side - 125 Years of Soccer in Ontario (en inglés). Vaughan: Ontario Soccer Association and Soccer Hall of Fame and Museum. p. 197.
- ↑ "Datos de Yanko Daucik na NASL". nasljerseys.com (en inglés). Consultado o 1 de maio de 2022.
- ↑ Salviat, Julio. "Cero aporte: Yanko Daucik, el peor europeo en Chile" (en castelán). Consultado o 1 de maio de 2022.
- ↑ "Yanko Daucik fichado por el Elche". El Pueblo Gallego (en castelán). 12 de maio de 1968. p. 16. Consultado o 2 de maio de 2022.
- ↑ "Fallece a los 76 años el exmadridista Yanko Daucik". As (en castelán). 13 de maio de 2017. Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2022. Consultado o 2 de maio de 2022.
- ↑ Poquí, Joan (11 de decembro de 2016). "El milagro de Kubala". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 2 de maio de 2022.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador cos Toronto Falcons (en inglés)
- Nados en Praga
- Nados en 1941
- Finados en 2017
- Futbolistas de Eslovaquia
- Futbolistas de Checoslovaquia
- Futbolistas de España
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Atlético de Madrid B
- Xogadores da UD Salamanca
- Xogadores do Rayo Vallecano
- Xogadores do FC Porto
- Xogadores do Real Betis Balompié
- Xogadores do Real Madrid CF
- Xogadores do Melilla CF
- Xogadores do Atlético de Madrid
- Xogadores do RCD Mallorca
- Xogadores do Club Universidad de Chile
- Xogadores do Elche CF
- Xogadores do UE Sant Andreu
- Xogadores do RCD Espanyol
- Xogadores do Xerez CD