Preescolar na Casa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Preescolar na Casa foi un programa educativo que naceu en Galicia no ano 1977. O programa Preescolar na Casa tivo como misión contribuír á formación de pais e nais que tiñan nenos e nenas de ata seis anos co fin de axudar a desenvolver plenamente as capacidades dos seus fillos e fillas a través da reflexión sobre o acontecer da vida diaria. Estivo en marcha durante 35 anos ata a súa desaparición en 2012.

Historia e desarrollo[editar | editar a fonte]

Foi impulsada polo crego Antonio Gandoy[1] e promovida por Cáritas Galicia.[2][3] Ata a aparición da Fundación Preescolar na Casa no ano 2001, foi xestionada por Cáritas Diocesana de Lugo.[1]

Contexto[editar | editar a fonte]

O nacemento deste programa coincide co proceso de creación de de grandes agrupación escolares nas capitalidades municipais o coa falta de acceso dos nenos e nenas de entre catro e cinco anos á escolarización, especialmente no medio rural.[4]

A nivel socioeconómico eran patentes os movementos migratorios dende o rural a outras partes de España ou do estranxeiro, favorecidos polo baixo desarrollo da agricultura e a industria galega. É importante salientar as vagas de incendios da década dos setenta e o irregular seguemento do proceso de recuperación dos montes mancomunados.[5]

Orixes[editar | editar a fonte]

Segundo Ferradás e Branco,[1] o contexto no que aparece inclúe unha serie de factores fundamentales ós que o desenvolvemento deste programa tentará dar resposta:

  • Dispersión poboacional
  • Altas taxas de retraso escolar
  • Escasa cobertura da educación infantil no medio rural. En 1975 había en Galicia 173.106 niños de 2 a 5 anos, pero só o 20.9% estaba escolarizado, quince puntos por debaixo da media española. A meirande parte das aulas de preescolar estaban daquela nas cidades.[1]

Pódense distinguir ata cinco estapa diferenciadas nos trinta e cinco anos de existencia do proxecto:[1]

Primeira etapa 1977-1979[editar | editar a fonte]

En xaneiro de 1977 iniciáronse as xuntanzas de mais e pais con persoas voluntarias como facilitadoras en diversos lugares do rural galego. Para este programa piloto escolléronse catro localidades da provincia de Lugo. Nelas fíxose unha chamada ós pais e nais para expoñerlles o proxecto. A raíz destas xuntanzas as familias comprometéronse a reunirse semanalmente co fin de traballar nas propostas educativas que traballarían cada semana cos seus fillos/as menores de seis anos, neste caso preferentemente de entre catro e cinco anos.[6]

Paralelamente xestionouse unha enquisa dirixida ós parrocos para recoller o seu coñecemento sobre o volume de nenos/as que non estaban escolarizados e recoller as súas opicións sobre a viabilidade do proxecto.[7]

Co inicio do curso escolar 1977/1978 formouse o primeiro equipo profesional (dúas mestras e un mestre), con persoal funcionario do Ministerio de Educación en comisión de servizos.

Nun primeiro momento este persoal funcionario adscrito ao programa coordinouse cos mestres e mestras que acababan de incorporarse ós grupos escolares a través de reunións quincenais nas localidades de traballo onde este profesorado exercera antes das concentracións escolares.[3]

Neste primeiro curso escolar este persoal adscrito eran o encargado, xunto cos mestres e mestras voluntarios/as da xestión e creación de materiais educativos e da organización de xornadas de formación dirixidas ás familias. Nun principio centráronse na educación de nos nenos e nenas de catro e cinco anos, ampliándose progresivamente tamén ós tres anos.[3]

Se ben o foco da actividade centrouse nos contidos escolares para catro e cinco anos, progresivamente, e a demanda das familias, foronse ampliando os contidos educativos. Deste xeito comezaron a ter cabida temas como a saúde, a hixiene, as emocións, a afectividade, a autorrealización,a autoestima e a seguridade.[8]

Segunda etapa 1980-1990[editar | editar a fonte]

Etapa de consolidación e expansión a toda Galicia

Terceira etapa 1990-2001[editar | editar a fonte]

Diversificación e desarrollo pleno do programa

Cuarta etapa 2001-2007[editar | editar a fonte]

Caracterizada por un proceso de institucionalización, que se inicia co establecemento da Fundación Preescolar na casa.

Crise e fin de Preescolar na casa (2007-2012)[editar | editar a fonte]

O proxecto desapareceu en 2012 tras o recorte das axudas públicas procedentes da Xunta que viñan sostendo o programa dende a década dos noventa.[9]

A asociación socio-educativa Antonio Gandoy[editar | editar a fonte]

En 2013 a asociación sen ánimo de lucro Asociación socio-educativa Antonio Gandoy, formada por antigo persoal da Preescolar na casa e voluntarios e que sucedeu á fundación Preescolar na Casa, [10] atendía a noventa familias galegas.[11]

Descrición[editar | editar a fonte]

O proxecto tiña dúas liñas de traballo: a formación de pais e nais en educación infantil e a xestión dun programa de educación infantil familiar que fomentaba as interaccións dos nenos e nenas coa súaa contorna social e familiar.[12]

Organizábase, preferentemente no medio rural e noutros medios desfavorecidos, tentando apoiar e dar seguridade ás familias na educación e crianza dos seus fillos e fillas nos primeiros anos de vida. Pretendía ser unha axuda para que os pais e nais foran capaces de comprender mellor ós seus fillos e fillas e de responder axeitadamente ás súas necesidades e posibilidades.

O nome de Preescolar na Casa responde á historia do programa. Cando se creou, naceu cun claro sentido compensador da escola, e máis concretamente da etapa preescolar, denominación empregada por aquel entón.

Como servizo tiña varios niveis de actuación: o nivel familiar, o dirixido nenos e nenas e o nivel comunitario.

Oferta ás familias[editar | editar a fonte]

  • A posibilidade de reunirse periodicamente con outras familias para dialogar, reflexionar e analizar a vida cotiá e a súa influencia na educación dos nenos, coa finalidade de gañar seguridade na súa actuación educadora.[12]
  • A posibilidade de acceder a diversos medios de formación: programas de radio, televisión, teletexto, revista, páxina web), ludobiblioteca e, dunha forma máis directa, a través das reunións de orientación.[12]
  • A posibilidade de descubrir e afondar no desenvolvemento dos nenos, para comprendelos mellor e ter actuacións máis axeitadas.
  • A posibilidade de descubrir, aproveitar e valorar os recursos existentes na contorna como elementos educativos.[12]
  • A posibilidade de establecer unha relación adulto-neno máis lúdica e, polo tanto, de maior gozo.
  • A potenciación do papel da muller.
  • A potenciación do papel do pai na educación dos fillos.
  • A posibilidade de realizar actuacións preventivas de cara o desenvolvemento e educación dos nenos.
  • Achegar ó seu propio contorno, un servizo educativo, mesmo no seu fogar.
  • Un modelo de relación entre os adultos participantes na reunión baseado no respecto, na cooperación e na colaboración.

Oferta ás nenas e nenos[editar | editar a fonte]

  • O encontro con outros nenos e nenas e persoas adultas[12]
  • A participación en actividades lúdicas e o desfrute[12]
  • A experimentación e a exploración[12]
  • Participar en situacións de aprendizaxe que lle permitían adquirir coñecementos e desenvolver capacidades.
  • Participar nun tempo organizado a través de actividades que ofrecían seguridade e permitían anticipar acontecementos. Potenciar o respecto ó ritmo interior de cada neno e contribuír a regular o ritmo exterior (orde, espazo e tempo).
  • Gozar, durante o tempo da reunión, da atención exclusiva dos seus pais.
  • Un ambiente de cordialidade e cooperación, continuador da seguridade afectiva que representa a familia.
  • Un achegamento a súa realidade, as súas vivencias, o tempo que se lle facilita o coñecemento do contorno, establecendo lazos afectivos con persoas diferentes ás da propia familia.

Oferta á comunidade[editar | editar a fonte]

  • Un camiño cara o recoñecemento e respecto da infancia, das súas necesidades e do importante papel que a familia ten na educación.[12]
  • Unha axuda á revitalización da cultura galega,[12] da súa lingua e das súas tradicións.
  • Un espazo de comunicación, debate, reflexión, creación e potenciación para os adultos.[12]
  • A posibilidade de desenvolver actividades e proxectos comúns de diferente índole e para o desarrollo dunha cultura da educación infantil familiar.[12]

Organización[editar | editar a fonte]

As distintas actividades de PnC estaban dirixidas ás familias e á sociedade en xeral. Dentro destas pódense distinguir varias tipoloxías: a reunión, o encontro, as reunións familiares sen a presenza dos nenos e nenas, as visitas familiares, as mais colaboradoras e as actividades de difusión nos medios (televisión, teletexto, radio)[13]

As reunións[editar | editar a fonte]

Representaron o piar básico da organización de PnC. Eran xuntanzas quincenais que se levaban a cabo ao longo do curso escolar normalmente nun local comunitario ou casa particular. Nelas participan as familias e os/as cativos en función da proximidade ao lugar de encontro e eran coordinadas por unha persoa orientadora (mestre/a). A duración desta actividade era flexible, pero adoitaba rondar as dúas horas.[1]

Estrutura[1][editar | editar a fonte]

1. Acollida e actividades de presentación e saúdos.

2. Revisión e achegas en relación o que pasara dende a última reunión ( a nivel familiar e cotián e a nivel organizativo-educativo)

3.Actividades propostas polo persoal orientador para ser realizadas cos nenos e nenas de xeito que poidan ser continuadas no fogar

4. Diálogo coas nais e pais en relación á educación dos seus fillos e fillas, no que se fomentaba a reflexión e debate sobre os problemas da anterior quincena ou a raíz de determinadas inquietudes manifestadas polas familias ou suxeridas polo persoal orientador.

5. Tempo de xogos dos cativos e cativas na alfombra simultáneo ao debate dos adultos.

6. Planificación das tarefas para a seguinte quincena e achega de material específico

7. Despedida.

Servizos e medios de difusión[editar | editar a fonte]

Servizos[editar | editar a fonte]

A biblioteca de Preescolar na Casa[editar | editar a fonte]

Na sede de Preescolar na Casa en Lugo existía unha biblioteca física que era a base para a biblioteca itinerante do programa. Nela xestionábanse as compras de materiais educativos en función das necesidades das familias e do persoal orientador. Informatizouse no ano 2000, cando contaba aproximadamente con 1.283 exemplares. A biblioteca era o centro que xestionaba a distribución dos Cadernos de Preescolar na Casa, dos que existían milleiros de exemplares por título. Ademais mantiña varias subscricións a revistas especializadas e daba acubillo á Videoteca de Prescolar na Casa, coas copias dos programas de televisión e radio propios e outros vídeos de carácter educativo. Existía así mesmo unha coordinación entre PnC e o persoal das bibliotecas locais.[2]

Constaba de tres seccións diferenciadas dirixidas respectivamente ó persoal orientador, ás pais e nais e os nenos e nenas.[14]

Ludoteca[editar | editar a fonte]

Ademais de promover a experiencia lúdica como medio de aprendizaxe e de fomentar a creación de xoguetes, PnC dispuña dunha varaida colección de xoguetes educativos que se lles facilitaban ás familias no día da xuntanza.[14]

Medios de difusión[editar | editar a fonte]

A revista[editar | editar a fonte]

Preescolar na casa contou cunha revista que chegou a publicar 160 números entre 1977 e 2011. Na súa mellor época chegou a ter unha tiraxe de 3 500 exemplares.[1]

Programa de radio[editar | editar a fonte]

Comezou en xaneiro de 1982 a través das ondas de Radio Nacional de España en Galicia.Posteriormente tamén se emitiron programas en radios locais e comerciais ao igual que programas máis específicos: este é o caso do deseñado para nenas e nenos de tres anos entre 1986 e 1987.[15] Algunhas das radios locais que o emitían eran Radio Principal Onda Cero-Monforte, Radio Principal Onda Cero-Vilalba e Radio Municipal de Quiroga. A duración destes programas era de 30 min.[16]

Programa de televisión[editar | editar a fonte]

As emisións do programa Preescolar na casa na Televisión de Galicia comezaron en 1990 e remataron en 2011 co programa número 720. Entre as seccións que figuraban neste espazo estaban:[15]

  • Asómate ao mundo
  • Entrevista, cun debate de dez minutos proposto polos pais, nais ou persoal orientador.
  • O xogo é a vida
  • Estimulación apropiada, aquí e agora, porque os nenos non agardan, aprenden sempre
  • Fotofixa
  • Respostas dos especialistas
  • Os consellos do cuco.

Tamén se emitía a través do canal internacional de Televisión de Galicia.Complementando o programa, o telexto da TVG comezou a incorporar a partir de 1996 varias páxinas de contidos relacionados que se actualizaban periódicamente.[17]

Sitio web[editar | editar a fonte]

Comezou a súa andaina a principios de 1998. Permitía difundir os materiais e actividades do proxecto alén da comunidade autónoma. Tamén permitía a xestión dun servizo de consultas a través do correo electrónico.[14]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Ferradás Blanco e Franco López (2008) p. 346
  2. 2,0 2,1 Gontad Canosa (2000)
  3. 3,0 3,1 3,2 Fernández Fernández e Rey Otero (2000)
  4. Fernández Fernández e Rey Otero (2000), p. 144
  5. id. p. 144
  6. Fernández Fernández e Rey Otero (2000) p.145
  7. id. p. 145
  8. Fernández Fernández e Rey Otero (2000) p. 149
  9. Rey, Lucía (La Xunta se ceba con Preescolar na Casa después de muerto). "La Xunta se ceba con Preescolar na Casa después de muerto". Consultado o 28 marzo 2018. 
  10. "A asociación Antonio Gandoy comprou a maioría dos bens da extinta Preescolar na Casa". La voz de Galicia. 22 marzo 2013. Consultado o 28 marzo 2018. 
  11. Rey, Lucía (09 novembro de 2013). "El nuevo Preescolar na Casa orienta ya a casi 90 familias de toda Galicia". La voz de galicia (en español). Consultado o 28 marzo 2018. 
  12. 12,00 12,01 12,02 12,03 12,04 12,05 12,06 12,07 12,08 12,09 12,10 Fernández Fernández e Rey Otero (2000) p. 146
  13. Fernández Fernández e Rey Otero (2000) pp. 151-154
  14. 14,0 14,1 14,2 Fernández Fernández e Rey Otero (2000) p. 155
  15. 15,0 15,1 Ferradás Blanco e Franco López (2008) p. 347
  16. Fernández Fernández e Rey Otero (2000) p. 153
  17. Fernández Fernández e Rey Otero (2000) p. 154

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]