Xosé García Rodríguez
Xosé García Rodríguez | |
---|---|
![]() Xosé de Cea en 2021 | |
Nacemento | 13 de outubro de 1970 |
Lugar de nacemento | Barcelona |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade do País Vasco |
Ocupación | xornalista e escritor |
Cónxuxe | María Socorro Cea Vázquez |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Xosé García Rodríguez, nado en Barcelona o 13 de outubro de 1970, é un escritor e xornalista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de emigrantes, regresou en 1984 a Palas de Rei, residindo actualmente en Melide. É licenciado en Xornalismo pola Universidade do País Vasco. Tamén traballou como profesor de xadrez e oleiro (graduado superior en Cerámica Artística pola Escola de Arte e Superior de Deseño EASD Ramón Falcón). Na súa faceta xornalística, ten colaborado con artigos en A Nosa Terra, Tempos Novos, Praza Pública e Página Abierta, sendo correspondente de La Voz de Galicia nas comarcas de Arzúa e Melide entre 1999 e 2002. Dende finais do 2002 até o verán de 2021 traballou no gabinete de prensa do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas e coordinou o seu voceiro Fouce. Como escritor usou varios pseudónimos, como Cibrán Ulloa ou Xosé de Cea, decantándose por utilizar en exclusiva este último na súa obra publicada dende 2018 e no que toma o apelido da súa muller Soqui Cea.
Obra[editar | editar a fonte]
Poesía[editar | editar a fonte]
- Presencia da fenda, 2001, Letras de Cal.[1]
- Vilareda, 2018, Asociación Rosalía de Castro de Barakaldo.[2]
- Versos para alén da ponte, 2020, Editora Urutau.[3]
Narrativa[editar | editar a fonte]
- En terra rara (2021). Medulia Ed. 138 páxs. ISBN 978-84-124509-6-5.
Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]
- O lume dos soños, 2004, Baía Edicións. Publicado baixo o nome de Cibrán Ulloa.
- Revolución detrito, 2019, Xerais Fóra de Xogo.[4]
- En terra rara, 2021, Medulia Editorial.
Ensaio[editar | editar a fonte]
- Baixo a lona preta. Xornal de viaxe dun brigadista na Bahia do MST, 2013, Estaleiro. Publicado como Xosé García Rodríguez.
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- XIV Certame Francisco Añón de Poesía (Solsticio de río), 2010, Concello de Outes.
- E de súpeto o inverno, 2017. Agalir Ediciones Solidarias.
- Andares. A Terra do Medio, 2019. Libro de homenaxe a Xosé Vázquez Pintor.
- Xistral Revista Lucense de Creación Poética, nº 22, 2020. Concello de Lugo.
- 75 apertas de buxo, 2021. Edicións Fervenza.
- Cuaderno de viaje. Camino Primitivo (en asturiano). Patanegra Ediciones de Arte, 2022.
Premios[editar | editar a fonte]
- Gañador do I Premio de Poesía Letras de Cal no 2000, por Presencia da fenda.
- Gañador do I Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil no 2004, por O lume dos soños.[5]
- Accésit no XIV Certame de Poesía Francisco Añón, convocado polo concello de Outes no 2010, por Solsticio de río.
- Finalista do XII Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil, convocado pola Deputación da Coruña en 2018, por Revolución Detrito.
- Finalista do IV Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade, convocado polo Instituto de Estudos Chairegos (Iescha) e o Concello de Vilalba en 2020, por En terra rara.