Saltar ao contido

María Socorro Cea Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaría Socorro Cea Vázquez
Biografía
Nacemento1 de abril de 1970 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
Melide Editar o valor en Wikidata
Alcaldesa de Melide
2007 – 2011
 Ángeles Vázquez MejutoÁngeles Vázquez Mejuto  Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Grupo étnicoPobo galego Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata
Partido políticoBloque Nacionalista Galego Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeXosé García Rodríguez Editar o valor en Wikidata

María Socorro Cea Vázquez, nada en Melide o 1 de abril de 1970, é unha mestra e política galega vinculada ao BNG.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A súa primeira aparición en política foi en 1999 ocupando o posto número cinco da candidatura do BNG de Melide, sen resultar elixida. En 2003 encabezou a candidatura nacionalista e logrou pasou de 2 a 4 concelleiros, reforzándose como alternativa ó goberno do PP. Nese mandato foi designada deputada provincial, durante o cal foi voceira do BNG na Deputación. A finais de 2003 foi elixida membro do Consello Nacional e da Executiva Nacional do BNG, responsabilidades que abandonou a finais de 2006 para dedicarse por completo á política municipal.

Nas eleccións municipais de 2007 preséntase por segunda vez como cabeza de lista do BNG, obtendo seis concelleiros o que fai perder a maioría absoluta ao PP. En xuño de 2007 foi elixida alcaldesa de Melide co apoio do único concelleiro do PSdeG-PSOE, con quen gobernou ata o final da lexislatura. Nas municipais de 2011 perdeu a alcaldía en favor do PPdeG, que logrou a maioría absoluta. En abril de 2012 renunciou como portavoz e concelleira[1].

Regresou ao ensino despois de nove anos de excedencia dedicados de xeito intenso á política como voceira do BNG. A pesar de deixar a política activa en 2012, nunca abandonou a súa militancia nacionalista e segue sendo unha activista cultural e política; así como unha loitadora comprometida coa causa feminista, ecoloxista, xustiza social e memoria.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Está casada dende 1995 co escritor Xosé de Cea (Xosé García Rodríguez) e ten dous fillos.

  1. "El pleno da cuenta de la renuncia de Cea y de 4 miembros más del Bloque". Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2024. Consultado o 20 de abril de 2024.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Ángeles Vázquez Mejuto
 
Alcaldesa de Melide
 
2007 - 2011
Sucesor:
Ángeles Vázquez Mejuto