Unha historia que non vou contar
Unha historia que non vou contar | |
---|---|
Autor/a | Cid Cabido |
Cuberta | Manuel G. Vicente |
Orixe | Galiza |
Lingua | galego |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Edicións Xerais |
Data de pub. | decembro de 2009 |
Formato | 14,5 x 22 cm. edición rústica cosida a fío |
Páxinas | 272 |
ISBN | ISBN 978-84-9914-061-2 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Unha historia que non vou contar é unha novela de Cid Cabido, publicada por Edicións Xerais en decembro de 2009.
Trama
[editar | editar a fonte]A obra está ambientada en Vigo entre decembro de 2005 e o verán de 2007, e está narrada en primeira persoa polo propio autor en forma de non-fiction novel. Fala da procura de información sobre a morte de Antonio Alfarem Baquet (heterónimo de Antonio Alfageme del Busto), empresario vigués asasinado en abril de 1974. Ao mesmo tempo, trata a súa relación con Tonche (amigo seu que lle deixa un apartamento), Paula (moza coa que ten unha relación durante ese tempo) e Rebeca (irmá de Paula).
Feitos reais
[editar | editar a fonte]Antonio Alfageme apareceu morto o 20 de abril de 1974 (5 días antes da revolución dos cravos) na súa oficina de Vigo. Na prensa local, Faro de Vigo e El Pueblo Gallego, dan información sesgada e dun modo moi prudencial, ao tratarse dunha persoa moi respectada na sociedade viguesa. Era presidente da patronal de conserveiras de Galicia e cónsul honorario de Chile, e fora presidente do Real Club Celta entre 1958 e 1959[1]. Noutras publicacións, como o ABC do 23 de abril[2], tamén se falou do tema.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Presidentes do Real Club Celta Arquivado 21 de novembro de 2011 en Wayback Machine., en www.celtavigo.net (consultado o 11 de febreiro de 2010)
- ↑ "El presidente de la Unión de Fabricantes de Conservas de Galicia, asesinado en Vigo", artigo no ABC de Sevilla, 23 de abril de 1974 (consultado o 11 de febreiro de 2010)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha do libro na páxina da editorial Arquivado 27 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine.