La Ráfaga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Ráfaga
LocalidadeVigo
editar datos en Wikidata ]

La Ráfaga foi un semanario publicado en Vigo entre 1914 e 1935, de catro páxinas coa última de publicidade como era costume na época.[1]

Historia e características[editar | editar a fonte]

Ao mestre Elías Pérez Martínez, por iniciativa de La Ráfaga.

Subtitulado Semanario satírico, apareceu o 4 de abril de 1914.[2] Estivo dirixida por Francisco Vidales Canle (que renunciou en decembro de 1914),[3] Aquilino Parada, Miguel Campos Peña, Ramón Campos Peña e Ceferino Maestú Novoa. Foron os seus redactores Ricardo Trillo e Humberto Cuíñas. Entre os seus colaboradores figuraron José Signo e "Andrés de Brizeux"; tiña unha sección crítica titulada "Aturuxos" escrita por Rogelio Rivero. Interrompeu a súa publicación en 1915, para volver reaparecer en setembro dese ano.[4] Volveu pechar na ditadura de Primo de Rivera e o seu director foi á cadea en 1925 por defender a liberdade de expresión. En 1918 organizou unha homenaxe ao mestre Elías Pérez Martínez. Cesou a súa publicación en 1935.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Vilavedra, D., ed. (1997). Diccionario da Literatura Galega. II. Publicacións Periódicas. Galaxia. p. 399. ISBN 84-8288-137-X. 
  2. La Idea Moderna, 8-4-1914, p. 1.
  3. Noticiero de Vigo, 15-12-1914, p. 3.
  4. La Voz de la Verdad, 16-9-1915, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]