Apollo 11

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Apollo program.svg
Apollo 11
Insignia da misión
Insignia da misión
Datos da misión
Misión: Apollo 11
Nome dos módulos: Módulo de mando:
Columbia
Módulo lunar:
Eagle
Rampla de lanzamento: Centro Espacial Kennedy, Florida
LC 39A
Engalaxe: 16 de xullo de 1969
13:32:00 UTC
Alunaxe: 20 de xullo de 1969
20:17:40 UTC
0° 40' 26.69" N
23° 28' 22.69" E
Mare Tranquillitatis
Tempo AEV lunar: 2 h 31 min 40 s
Tempo na superficie da Lúa: 21 h 31 m 20 s
Cantidade de mostras: 21,55 kg
Amaraxe: 24 de xullo de 1969
16:50:35 UTC
13°19′N 169°9′O / 13.317, -169.150
Duración: 8 d 03 h 18 m 35 s
Número de órbitas lunares: 30
Tempo en órbitas lunares: 59 h 30 min 25,79 s
Masa: MC: 30.320 kg;
ML: 16.448 kg
Foto da tripulación
E-D: Armstrong, Collins, e Aldrin.
E-D: Armstrong, Collins, e Aldrin.
Outras misións
Anterior misión Seguinte misión
Apollo 10 Apollo 12
Engalaxe do Apollo XI.

O Apollo 11 foi unha misión espacial tripulada de Estados Unidos cuxo obxectivo foi lograr que un ser humano camiñase na superficie da Lúa. A misión enviouse ao espazo o 16 de xullo de 1969, chegou á superficie da Lúa o 20 de xullo dese mesmo ano e ao día seguinte logrou que 2 astronautas (Armstrong e Aldrin) camiñasen sobre a superficie lunar. O Apollo 11 foi impulsado por un foguete Saturno V desde a plataforma LC 39A e lanzado ás 13:32 UTC do complexo de cabo Kennedy, en Florida (EE.UU.). Oficialmente coñeceuse á misión como AS-506. A misión está considerada como un dos momentos máis significativos da historia da Humanidade e a Tecnoloxía.

A tripulación do Apollo 11 estaba composta polo comandante da misión Neil A. Armstrong, de 38 anos; Edwin E. Aldrin Jr., de 39 anos e piloto do LEM, alcumado Buzz; e Michael Collins, de 38 anos e piloto do módulo de mando. A denominación das naves, privilexio do comandante, foi Eagle para o módulo lunar e Columbia para o módulo de mando.

O comandante Neil Armstrong foi o primeiro ser humano que pisou a superficie da Lúa, o 20 de xullo de 1969 ás 2:56 (hora internacional UTC) ao sur do Mar da Tranquilidade (Mare Tranquillitatis), seis horas e media despois de ter aluado. Este fito histórico retransmitiuse a todo o planeta desde as instalacións do Observatorio Parkes (Australia). Inicialmente o paseo lunar ía ser retransmitido a partir do sinal que chegase á estación de seguimento de Goldstone (California, Estados Unidos), pertencente á Rede do Espazo Profundo, pero ante a mala recepción do sinal optouse por utilizar o sinal da estación Honeysuckle Creek, próxima a Camberra (Australia).[1] Esta retransmitiu os primeiros minutos do paseo lunar, tralos cales o sinal do observatorio Parkes foi utilizado de novo durante o resto do paseo lunar.[2] As instalacións do MDSCC en Robledo de Chavela (Madrid, España) tamén pertencentes á Rede do Espazo Profundo, serviron de apoio durante toda a viaxe de ida e volta.[3][4]

O 24 de xullo, os tres astronautas lograron unha perfecta amaraxe en augas do Océano Pacífico, pondo fin á misión.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Apollo 11 TV". www.honeysucklecreek.net (en inglés). Consultado o 24 de decembro de 2016. 
  2. "On Eagle's Wings: The Story of the Parkes Apollo 11 Support". www.parkes.atnf.csiro.au (en inglés). Consultado o 24 de decembro de 2016. 
  3. «La Revista: El hombre que pisó la Luna: Cuatro españoles en el Apolo XI», El Mundo, 31 de xaneiro de 2000
  4. «Sen as vitais comunicacións mantidas entre o Apollo 11 e a estación madrileña de Robledo de Chavela, a nosa aterraxe na lúa non sería posible», afirmación de Neil Armstrong en Campos, A. «Reportaje: Excursiones: Ascensión a la Almenara: "La primera piedra"», El País, 24 de febreiro de 1995.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre astronomía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.