Saltar ao contido

Wikipedia:Políticas e normas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Wikipedia:P»)
Para ler unha pequena introdución ao máis básico das políticas da Wikipedia véxase Axuda:Introdución ás políticas.

Ao longo do tempo, a comunidade da Wikipedia desenvolveu unha serie de políticas e normas que describen o mellor xeito de actuar, ter claros os principios, resolver os conflitos e moitos outros aspectos para conseguir o noso obxectivo de crear unha enciclopedia libre e veraz.

Con base na experiencia propia e na doutros proxectos da Fundación Wikimedia, os usuarios da Galipedia foron adoptando por consenso e/ou votación algunhas destas políticas. Aquí ofrécese unha boa lista delas, algunhas delas aprobadas (marcadas con "") e outras que aínda están camiño de recibir o prace da comunidade coa redacción actual.

Derivación

[editar a fonte]

A Wikipedia está operada pola organización sen ánimo de lucro Fundación Wikimedia que se reserva certos dereitos legais (véxase aquí para unha lista das súas políticas). Porén, a Wikipedia é un proxecto autónomo dirixido pola súa comunidade. As políticas e convencións reflexan o consenso da comunidade, recollendo en Wikipedia:Cinco piares os principios máis importantes.

Políticas fundamentais

[editar a fonte]
Artigo principal: Wikipedia:Cinco piares.

Todas as políticas oficiais da Wikipedia deben basear os seus principios en cinco piares fundamentais que definen o carácter da enciclopedia. En resumo:

Normas relacionadas co punto de vista neutral

[editar a fonte]

Os artigos da Wikipedia deben procurar mostrar un punto de vista neutral que represente equilibradamente as visións existentes sobre un tema. En relación con esta idea desenvolvéronse este conxunto de normas:

Normas relacionadas coa boa conduta

[editar a fonte]

A convivencia na Wikipedia baséase no respecto e na colaboración. Por iso ten que ter presente as normas de conduta e as cousas que non se deben facer . En concreto, desenvolvéronse normas específicas nestes aspectos:

Normas relacionadas co estilo

[editar a fonte]
Aprobadas
Propostas

Normas relacionadas cos procedementos de elección

[editar a fonte]

Normas relacionadas coa administración

[editar a fonte]