Conversa Wikipedia:Políticas e normas
Detalles das contribucións e análise de visitas á páxina. |
Propostas
[editar a fonte]Esta páxina conten propostas xunto con políticas oficiais da Galipedia polo que pode levar a erro aos editores a hora de distinguir entre políticas oficiais e meras propostas nuna feitas. Lansbricae (Ti dirás) 10:09, 15 setembro 2007 (UTC)
Discordo coas últimas modificacións feitas. Esta páxina tiña como finalidade ser un resumo ou índice das Políticas e normas da comunidade. No momento actual convertéuse nunha mestura de políticas oficiais e materias que nin sequera teñen sido propostas ao consenso da comunidade. Creo que non se debería introducir unha política no Sistema ata que fose consensuado, ou alomenos modificar o nome actual de Wikipedia:Políticas e normas por outro que non leve a erro ao lector e que describa o contido real. Esta páxina tiña unha finalidade determinada, si se pretendese modificar esta finalidade debería proporse previamente e non facerse modificacións unilaterais que modifiquen a finalidade dun artigo cun título tan significativo Wikipedia:Políticas e normas. Os administradores non posúen ningún tipo de poder lexislativo que lles permita tales modificacións. Lansbricae (Ti dirás) 07:59, 5 decembro 2007 (UTC)
Discordo polos mesmos motivos, a Galipedia sempre se rexiu primeiramente polo consenso, e se este non se acadaba se sometía á votación da comunidade, e desde os últimos meses as modificacións impóñense, polo que lin desas propostas iso sí é "xogar co sistema". Alma (fálame eiquí) 08:02, 5 decembro 2007 (UTC)
- Prezada Alma, efectivamente na Galipedia rexeu sempre o consenso ata que dende unha parte houbo certo interese en que todas as normas que ata ese momento funcionaban de xeito consensuado se escribisen e se votasen. Agora que se gasta tempo e esforzos en facer isto, esa mesma parte oponse ao sistema sinalando que se rompe o consenso. estaría ben aclararse. Por outra banda, creo que deberías ler máis atentamente a definición de Wikipedia:Xogar co sistema. Grazas. Un cordial saúdo. --Xabier Cid 09:55, 5 decembro 2007 (UTC)
- Insistir en que todo o exposto fora obxecto de consenso por parte da comunidade pero sen existir rexistro delo é contrario ao propio termo consenso e as propias políticas aprobadas. Para existir un consenso debe existir un coñecemento previo do que se vaia consensuar. Se non existe ese coñecemento previo non pode haber consenso, polo menos nun proxecto como este no que cada quen pode escoller cando comezar a colaborar e como facelo. Ademais disto, insistir en que é un grupo o que é contrario, e que propostas como wikipedia:Monicreques estaban consensuadas alónxase de toda verdade. No caso do grupo, é unha acusación subxectiva e persoal que creo está de máis nun administrador. no caso de políticas como monicreques se había consenso non se respetou xa que un monicreque administrador foi vetado pola comunidade, o que impide considerar a existencia dun consenso anterior, alomenos era un consenso sobre unha política moi diferente a agora plantexada. En conclusión, este tipo de medidas o único que están a facer é a dividir e alonxan á comunidade do consenso. Lansbricae (Ti dirás) 11:00, 5 decembro 2007 (UTC)
- Prezado XC, cando falas dunha parte, realmente sorprendesme porque dentro de min todas as miñas partes (cabeza, brazos, pernas e sentidiño común) reclamaron cada vez que se presentou a machete unha proposta de política, que fose sometida a consenso; se esa proposta antes pasaba por materias obxecto de consenso, a parte da miña testa dicialle a parte da miña boca que estivera calada porque non tiña motivos para protestar. O que sí, gostaríame que me dixeras que afán regulador teño eu, qué propostas de políticas saquei eu, cando o único que fixen foi protestar con aquelas que non habían sido sometidas previamente ao consenso da comunidade, e se logo, despois de ser consensuadas, eu non estaba dacordo con elas, nin sequera discordaba, dándolle prevalencia ao sentir maioritario da comunidade, e reclamar unha política de solución de conflitos para evitar que voltase a suceder algo como o que ocorreu no mes de agosto cando a miña páxina de conversa foi VANDALIZADA (conflito que aínda está pendente de solucionar). E agradézoche as túas recomendacións de lectura, pero se eu teño problemas co concepto de xogar co sistema (que pode ser xa que non foi consensuado), ti non ves nos exemplos os erros que se están a cometer por parte dos que fan tantos esforzos en normativizar. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 17:46, 5 decembro 2007 (UTC)
Sobre o título
[editar a fonte]Sempre me chamou a atención que o título fose política e normas. Por que política, en singular? Non temos máis dunha política? O malo é que un cambio de título obrigaría a trocar as ligazóns, pero os bots fano axiña. Que dicides? --Toliño Fala aquí comigo 10:41, 21 de xullo de 2010 (UTC)
- Eu digo que tes razón. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 12:41, 21 de xullo de 2010 (UTC)
- Eu entendo que as dúas formas son válidas. E políticas, en plural, tamén me gusta máis, por coherencia. --Atobar (conversa comigo) 13:07, 21 de xullo de 2010 (UTC)
- Deixémolo como está, polo de agora. --Toliño Fala aquí comigo 10:11, 26 de xullo de 2010 (UTC)