Wikipedia:A Taberna (novas)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Esta é a sección novas da Taberna
120px-Internet-news-reader svg-gl.png

Esta sección úsase para realizar anuncios sobre temas relacionados coa Wikipedia.

Comezar un novo fío de conversa

Edit-find-replace.svg
Políticas
publicar
Preferences-system.svg
Técnica
publicar
Dialog-information on.svg
Propostas
publicar
Help-browser.svg
Axuda
publicar
Image-x-generic.svg
Imaxes
publicar
Folder-open.svg
Xeral
publicar
Lembra asinar as mensaxes que escribas engadindo o código "~~~~" ou premendo na icona "Insert-signature.png" da barra de edición.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20

Wikimedia+Education Conference 2019[editar a fonte]

Do 5 ao 7 de abril de 2019 celebrarase en Donostia a Wikimedia+Education Conference 2019. Poden solicitarse bolsas até o 31 de decembro, e poden enviarse propostas até o 20 de xaneiro. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 28 de novembro de 2018 ás 17:16 (UTC)

Creative Commons Global Summit[editar a fonte]

Do 9 ao 11 de maio de 2019 celébrase en Lisboa o Creative Commons Global Summit, e xa se abriu o prazo de inscrición. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 29 de novembro de 2018 ás 22:58 (UTC)

WikidataCon 2019[editar a fonte]

O 25 e 26 de outubro de 2019 terá lugar en Berlín a WikidataCon 2019. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 7 de decembro de 2018 ás 13:21 (UTC)

Hackaton 2019[editar a fonte]

Do 17 ao 19 de maio celebrarase en Praga a Wikimedia Hackathon 2019. Está aberto o prazo de inscrición, e até o 4 de xaneiro poden solicitarse bolsas. Pode ser moi interesante para a xente especializada en aspectos técnicos. Animádevos!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17 de decembro de 2018 ás 13:57 (UTC)

Invitation from Wiki Loves Love 2019[editar a fonte]

Por favor, axude a traducir á súa lingua

WLL Subtitled Logo (transparent).svg

Love is an important subject for humanity and it is expressed in different cultures and regions in different ways across the world through different gestures, ceremonies, festivals and to document expression of this rich and beautiful emotion, we need your help so we can share and spread the depth of cultures that each region has, the best of how people of that region, celebrate love.

Wiki Loves Love (WLL) is an international photography competition of Wikimedia Commons with the subject love testimonials happening in the month of February.

The primary goal of the competition is to document love testimonials through human cultural diversity such as monuments, ceremonies, snapshot of tender gesture, and miscellaneous objects used as symbol of love; to illustrate articles in the worldwide free encyclopedia Wikipedia, and other Wikimedia Foundation (WMF) projects.

The theme of 2019 iteration is Celebrations, Festivals, Ceremonies and rituals of love.

Sign up your affiliate or individually at Participants page.

To know more about the contest, check out our Commons Page and FAQs

There are several prizes to grab. Hope to see you spreading love this February with Wiki Loves Love!

Kind regards,

Wiki Loves Love Team

Imagine... the sum of all love!

--MediaWiki message delivery (conversa) 27 de decembro de 2018 ás 10:12 (UTC)

Worlds of Wikimedia 2019[editar a fonte]

Do 12 ao 14 de xuño celebrarase en Sydney a conferencia The worlds of Wikimedia: communicating and collaborating across languages and cultures, no marco do Ano Internacional das Linguas Indíxenas, declarado polas Nacións Unidas. Pódense presentar comunicacións até o 12 de marzo. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 3 de xaneiro de 2019 ás 09:19 (UTC)

Wikipedia cumpre 18[editar a fonte]

Estanse a organizar en diferentes puntos do estado, a máis de a nivel internacional, actividades para a celebración do 18 aniversario, arredor da data precisa, 15 de xaneiro.

Non vin actividades noutros puntos de Galicia e avisos noutros lugares da Galipedia, por iso deixo aquí a que teño organizada:

17 de xaneiro ás 20:30. Wikipedia cumpre os 18 (charla). Casa das Letras, Ribadeo—o anterior comentario sen asinar foi feito por Agremon (conversacontribucións) 7 de xaneiro de 2019 ás 13:31‎

Si, a wp en inglés cumpre 18 anos, parabéns a eles e tamén parabéns para ti pola organización do evento :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de xaneiro de 2019 ás 13:49 (UTC)
O cartel do evento, cita en prensa e ligazón á radio (entrevista previa, entre 44:20 e 50;40).--Agremon(contacto) 20 de xaneiro de 2019 ás 20:34 (UTC)

Tradutor de Google[editar a fonte]

"Wikipedia integra el Traductor de Google para traducir sus artículos en 121 idiomas". La Vanguardia (en castelán). 10/1/2019.  --. HombreDHojalata.conversa 11 de xaneiro de 2019 ás 21:34 (UTC)

FileExporter beta feature[editar a fonte]

Johanna Strodt (WMDE) 14 de xaneiro de 2019 ás 09:41 (UTC)

No editing for 30 minutes on 17 January[editar a fonte]

You will not be able to edit the wikis for up to 30 minutes on 17 January 07:00 UTC. This is because of a database problem that has to be fixed immediately. You can still read the wikis. Some wikis are not affected. They don't get this message. You can see which wikis are not affected on this page. Most wikis are affected. The time you can not edit might be shorter than 30 minutes. /Johan (WMF)

16 de xaneiro de 2019 ás 18:40 (UTC)

IWSC 2019: International Wiki Scientific Conference[editar a fonte]

Do 11 ao 13 de marzo terá lugar no Porto a IWSC 2019: International Wiki Scientific Conference. POden enviarse presentacións até o 30 de xaneiro. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 16 de xaneiro de 2019 ás 19:45 (UTC)

Bloqueo a Wikipedia en Venezuela[editar a fonte]

"Wikimedia Venezuela envió comunicado sobre el bloqueo a Wikipedia en Venezuela". El Impulso (en castelán). 16/1/2019.  --. HombreDHojalata.conversa 18 de xaneiro de 2019 ás 21:33 (UTC)

Non me funcionou a ligazón por problemas do servidor, atopei a nova aquí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de xaneiro de 2019 ás 09:43 (UTC)

Deputación da Coruña[editar a fonte]

A Deputación da Coruña convoca (aquí) varias axudas para proxectos culturais. Hai de prazo até o 15 de febreiro. Cabería a opción de levar a Galipedia aos centros de ensino, por exemplo.

Ademais, convoca o Concurso de Ideas Luisa Villalta de proxectos culturais pola igualdade (aquí), e hai de prazo até o 26 de xaneiro. Cabería, por exemplo, algún proxecto de cara a rachar coa fenda de xénero.

Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 20 de xaneiro de 2019 ás 18:49 (UTC)

Son de ámbito provincial.--Agremon(contacto) 21 de xaneiro de 2019 ás 09:04 (UTC)
Para os Luisa Villalta non o vexo, a menos que haxa algunha/algún autónoma/o na sala:
"Segunda.- Persoas ou colectivos destinatarios. Poderán presentar os seus proxectos todas aquelas persoas físicas ou xurídicas con sede social ou establecemento permanente na provincia da Coruña e que estean legalmente constituídos no momento de facer a solicitude como profesionais inscritas/os no Réxime Especial de traballadoras/es autónomas/os, entidades de economía social e/ou empresas"
E para as axudas a proxectos culturais, só a través da asociación se é que ten o domicilio oficial na provincia da Coruña. Un saúdo. Maria zaos (conversa) 26 de xaneiro de 2019 ás 17:14 (UTC)
Si Maria zaos, a asociación ten domicilio en Culleredo, o que pasa é que aínda non está rexistrada na Xunta de Galicia, a presentación da documentación vaise facer nestes días. Isto que implica? pois que non podemos solicitar o CIF polo momento, pero xa está legalmente constituída. Se se quixese facer esa solicitude habería que falar coa xente da Deputación e plantexarlles a situación de que ese requisito está en vías de tramitación e se nos deixan presentarnos igual. Por outra banda, tamén comento que a solicitude no rexistro ten un prazo de resolución de 3 meses.
A maiores, acabo de consultar as bases reguladoras xerais, e no punto 6.2 di que hai que acreditar un mínimo de 25 socios no momento da solicitude. Isto non sei se poderemos demostralo, habería que facer unha mini-campaña para aumentar os socios porque agora tan só somos 12, pero non sería difícil de conseguir. A maiores, no punto 6.4 di que deben ter certificado dixital o presidente (eu agora precisamente téñoo caducado, teño que renovalo) e o secretario (Sobreira, ti tes isto?), habería que facelos nun momento. No punto 6.10 di que hai que ter un plan de contas e uns libros de rexistros, ó mellor como aínda non temos ningunha actividade económica isto non nos afecta. No punto 6.16 di que en caso de traballar habitualmente con menores deberá comprobar que o persoal ó seu cargo non foi condenado por "sentenza firme por ningún delito contra a liberdade e indemnidade sexual", isto habería que revisar se nos pode aplicar e como resolvelo (non hai ningún persoal contratado, as actividades van ser realizadas por voluntarios, hai que revisar se os voluntarios teñen sentenzas deste tipo?)
Outra cousa que vin neste documento é que a subvención dáse despois da xustificación dos gastos, pero para facer iso primeiro temos que ter os cartos..., e non temos un can...! Eu non sei como vai isto das subvencións, non sei se todas funcionan así ou esta primeiro da os cartos e logo hai que presentar os xustificantes...
E nese documento fala dun montón de memorias, declaracións e documentos que hai que presentar, pero non sei se son necesarios todos en tódolos casos, ese documento é a base reguladora xeral. En resumo, que habería que revisar primeiro a convocatoria e ver que documentación hai que presentar na solicitude e se realmente podemos pedila (se temos que adiantar nós os cartos vexo isto bastante complicado, a non ser que se faga unha cousa bastante pequena e que poidamos financiar entre todos, uns 300 leuros ou así quizais). Quizais alguén con maiores coñecementos de asociacións ou subvencións poida resolver algunhas das dúbidas. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de xaneiro de 2019 ás 09:50 (UTC)
Non sei se a posibilidade de solicitar unha bolsa de maior contía podería estar en solicitar un préstamo ó banco, quizais con xuros reducidos, pedir a bolsa para cubrir o préstamo, e logo coas cotas dos socios pagar os xuros do banco... Hai non, que se logo non nos dan a bolsa quedamos "empufados"! Isto das subvencións non o entendo moito, como dan os cartos despois de facer os gastos? Está ben para recuperar parte do investido, pero pechan a porta a desenvolver actividades "dende 0"... Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de xaneiro de 2019 ás 10:07 (UTC)

Wiki4MediaFreedom en Berlín[editar a fonte]

Wiki4MediaFreedom, procura mellorar e aumentar os contidos sobre liberdade de prensa en Wikipedia.

O próximo sábado 26 hai un novo evento en Berlín (a semana pasada foi en Madrid) e hai orzamento para costear o desprazamento dunha persoa dende España. A páxina da actividade: https://meta.wikimedia.org/wiki/Wiki4MediaFreedom_edit-a-thon_-_IV_edition

Se a alguén lle interesa, hai présa. Máis info: vignola@balcanicaucaso.org

(adaptado de correo_e)--Agremon(contacto) 21 de xaneiro de 2019 ás 13:27 (UTC)

Mágoa, acabo de velo :(Maria zaos (conversa) 26 de xaneiro de 2019 ás 13:52 (UTC)

Contacto da concelleira de Igualdade de Ourense[editar a fonte]

Boas, onte recibín un correo da concelleira de Igualdade do concello de Ourense a raíz do wikimaratón que fixemos o ano pasado: Wikipedia:Primeiro wikimaratón do Día Internacional da Muller. Di que aínda quedan moitas mulleres relevantes da historia de Ourense sen artigo e que lles gustaría continuar co traballo xa que teñen moita documentación que recolleron noutro proxecto tamén ese ano. Pregúntame se pode contar coa nosa axuda e este ano convocar tamén ós colexios, organizando o evento con tempo.

Eu voulle responder que pola nosa parte estamos abertos a colaborar en todo o que poidamos. Se alguén quere que lle comente algo ou ten algunha proposta diferente, eu podo comunicarllo ou darlle o correo de contacto. Cando vaia tendo máis detalles xa irei informando. Polo momento xa se pode ir facendo a páxina do Wikimaratón, xa que aínda que ó final non se puidese celebrar en Ourense, penso que debemos seguilo mantendo para traballar nese campo e para facer un novo encontro de wikipedistas. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de xaneiro de 2019 ás 13:48 (UTC)

Xa comecei a páxina Wikipedia:Segundo wikimaratón do Día Internacional da Muller, polo momento tan só é unha adaptación da páxina do ano pasado. Saúdos, Elisardojm (conversa) 24 de xaneiro de 2019 ás 00:10 (UTC)
Ola, pensei un pouquiño no tema. Vou deixar aquí unhas propostas pensadas para o formato wikimaratón. Non teñen por que ser aceptadas precisamente pola concellería (van ordeadas por nivel de polémica -interna ou externa- posible), pero o certo é que o formato wikimaratón de biografías, a parte de repetitivo, seméllame algo complexo para os coles.
  1. Tema: Obras de literatura infantil e xuvenil. Entradas: obra e protagonistas. Alianzas: persoal ao cargo da biblioteca escolar do centro. Programación mínima: En febreiro habería que facer unha selección de libros axeitados (en función do fondo da biblioteca) con tempo para que o estudantado poida levalos prestados e lelos antes da Wikimaratón. Xustificación e relación co tema da Igualdade: A selección farase unicamente de a)libros escritos por autoras (a lingua preferente é a galega, pero hai que prever que entrarán títulos en castelán e outras linguas) ou b) con protagonistas femininas (co tema da lingua o mesmo).
    Polémica: 1) É bastante probable que os fondos das bibliotecas escolares,aínda aqueles mellor dotados, reflexen unha porcentaxe máis alta de autores que autoras. De ser así, cando menos, abrimos a posibilidade á concienciación do persoal encargado das adquisicións sobre os distintos desaxustes numéricos posibles. 2)Aínda que a nivel de infantil (sobre todo) nos últimos anos si hai unha tendencia editorial cunha maior presenza de personaxes femininas e visións alternativas ao paradigma clásico de conto, o certo é que os orzamentos das bibliotecas escolares poden ter restrinxido a compra de novidades (nin idea dos datos actuais para cada centro, depende moito do nivel de dinamización e compromiso de cada centro para acceder ás axudas de compra de libros). Resultado: non vai ser necesariamente fácil atopar moitos títulos. 3) Libros en castelán e outras linguas. Aínda que o libro non estea en galego ben pode ter unha entrada na Wikipedia, xa que é unha obra xeneralista. Unha maior presenza de títulos en castelán tamén é unha oportunidade para poñer de manifesto desigualdades no mundo da edición e a tradución en galego. Organización do wikimaratón: permitir o traballo en grupo. Varias persoas poden ter lido o mesmo libro no mesmo centro e colaborativamente facer unha entrada. Complicacións: a loxística da selección ten que evitar duplicacións entre centros.
  2. Tema: seres mitolóxicos. Xustificación co tema da igualdade: primeiro temos relativamente poucas entradas dentro da categoría mitoloxía galega. Segundo, e mirando o Diccionados seres míticos galegos, que é o que teño a mán, temos moitas entidades femininas ou asexuadas. Por exemplo variedades de serpes e tarascas. Complicacións: as fontes primarias, aínda que non creo que haxa problema en atopar cmo mínimo un libro/enciclopedia nunha biblioteca escolar que recolla moitos destes seres mitolóxicos.
  3. Tema: profesións. Como se pode apreciar nas infoboxes de biografía, cando a profesión existe como entrada na Galipedia, aparece como hiperligazón. Unha boa selección de profesións incidindo no tema da igualdade podería ser unha perspectiva interesante. Polémica: básicamente interna. Non pretendo nin asumo que se poida chegar a outro consenso en tempo, pero o certo é que os títulos de entradas de profesións están en masculino singular. Resulta bastante difícil casar isto cun maratón pola igualdade xa que a mensaxe resulta algo confusa, pero igual ten algún amaño traballando o tema no corpo da entrada e deixando a polémica do título para outra ocasión.
  4. Tema: entradas relacionadas coa educación afectivo-sexual. Alianzas: habería que buscar que asociacións (que as hai) que se adican a dar obradoiros de educación en emocións e/ou afectivo-sexual. Polémica: bueno, creo que é evidente que é unha iniciativa do concello cunha cor política determinada e que falamos de colexios privados e públicos e de menores, co cual a selección de entradas posibles tería que ser moi negociada. Complicacións: Wikipedia non é fonte primaria, co cal é dificl atopar materiais adaptados a estas idades que poidan servir de referencia para o que se edite.

Aí queda, por se serve de inspiración ou algo. Un saúdo. Maria zaos (conversa) 26 de xaneiro de 2019 ás 14:39 (UTC)

Wow! moi boas ideas Maria zaos, moitas grazas! :) Vale, sobre estas ideas eu penso que podemos traballar moito, e ademais poden ser moi útiles para futuras actividades, eu realmente non pensara en ningunha delas, xenial!
Gústame moito, e vexo moi sinxela de incluír, a proposta dos libros. Para min tódolos libros deberían ter a súa entrada, aínda que estean en castelán, inglés, ruso, chinés... Sobre o tema de permitir o traballo en grupo, iso xa está permitido, de sempre tódolos artigos están feitos polos usuarios que queiran colaborar :) Se un grupo de alumnos le o mesmo libro, claro que poden facer o artigo entre todos, cada un pode achegar un pouco de información, melloras ortográficas e de redacción, referencias, etc, todos poden facer algo para mellorar o artigo. O que non está permitido é usar contas compartidas, iso non. Teño que marchar agora pero despois seguirei comentando. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de xaneiro de 2019 ás 10:25 (UTC)
Estaría ben saber e sobre todo acceder (igual non son fontes válidas ou están duplicadas, vai ti saber) a esa "documentación acumulada doutros proxectos" da que falan. Sobre todo antes de poñernos a facer un listado de posibles entradas. Non consigo asinar dende o móbil, síntoo, son Maria Zaos. Usuario:Maria zaos 27 de xaneiro de 2019 ás 12:49‎ (UTC)
Exactamente o que me puxeron no correo foi: "tenemos un archivo en la Concejalía con información bastante completa de bastantes mujeres relevantes, gracias a otro trabajo que se hizo el año 2018 desde el Concello." Polo momento non sei máis e dende que lle respondín dicindo que podiamos colaborar non tiven máis comunicación, preguntarei no seguinte contacto.
Sobre o que comentaches, o tema dos seres mitolóxicos tamén está ben, é un tema interesante que pode dar xogo a moitas cousas. O tema das profesións xa non o vexo tanto, como dis ti, ten o problema do xenérico, e a maiores na Galipedia non se adoitan a facer artigos de profesións, o que se fai normalmente é o artigo do campo de traballo e crear unha redirección dende a profesión. A proposta das relacións afectivo-sexuais sería moi interesante tamén, pero xa o dis ti todo sobre a polémica e as complicacións :)
Son moi boas ideas e cando volvan contactar comigo podo pasarllas a ver o que lles parece, vos contarei. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de xaneiro de 2019 ás 23:25 (UTC)

Boas, acabo de recibir correo do concello de Ourense, dinme que precisan un técnico que imparta a actividade en Ourense para que guíe á xente dos colexios que vai a participar. Pregúntame quen pode facelo, tería que ser pola semana e polas mañás, entendo que tería que ir polos colexios dando charlas de edición e axudando a editar. Non me di nada de ningunha remuneración nin nada, pero entendo que terán que facer algún tipo de compensación porque esta tarefa vai levar bastante tempo e gasto. Eu non podo ir porque teño traballo, alguén está interesado en participar nesta actividade? Algunha idea de como tratar o tema e de que responder? Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de febreiro de 2019 ás 09:55 (UTC)

E dos contidos que dixo? porque se non se falou dos contidos a min persoalmente xa me empeza a cheirar mal. Eu non podo tampouco, pero neste caso se poidera tampouco ía; que a concelleria de igualdade chame por un ténicO para o maratón de igualdade paréceme o máximo. Un saúdo--Maria zaos (conversa) 15 de febreiro de 2019 ás 10:55 (UTC)
Maria zaos, dos contidos non me dixo nada, tampouco lle preguntei porque non contactaran de novo comigo e quedou a cousa un pouco no aire, podo preguntarlle no próximo correo que lle mande. Sobre o do técnicO..., home, é o de tódolos días, pero tes razón que vindo desa concellería deberían dar exemplo...
E sobre a cuestión, alguén tería dispoñibilidade para a tarefa? Estevoaei, ti que dis? Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de febreiro de 2019 ás 12:14 (UTC)
Agora entendo o que quería dicir Maria zaos e ten razón, temos que ter máis información do que pretende facer o concello, por iso vou a responderlle que precisamos máis datos, e logo, poño o que me conte e seguimos falando. Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de febreiro de 2019 ás 19:24 (UTC)

Intercultur 2019[editar a fonte]

Ola! Entre o 1 e o 28 de febriro convidámosvos a participar na iniciativa Intercultur, consistente en traducir artigos sobre distintos aspectos culturais entre dez dos idiomas da península Ibérica que contan coa súa propia versión de Wikipedia. Os artigos suxeridos poden encontrarase aquí. Máis información, así como as normas de participación, na páxina principal en Meta. --Rubén Ojeda (WMES) (conversa) 1 de febreiro de 2019 ás 13:37 (UTC)

"Un curso enseña a mujeres a editar e incluir contenidos en Wikipedia y Galipedia"[editar a fonte]

"Un curso enseña a mujeres a editar e incluir contenidos en Wikipedia y Galipedia". Faro de Vigo (en castelán). 5/2/2019. 
"Obradoiro de edición en Wikipedia". Concello de Vigo. 4/2/2019.  --. HombreDHojalata.conversa 5 de febreiro de 2019 ás 20:42 (UTC)
Está ben, estaría mellor se contasen un pouco coa comunidade. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de febreiro de 2019 ás 22:20 (UTC)
A impartidora é Mboix (es:Mboix, Montserrat Boix). --. HombreDHojalata.conversa 5 de febreiro de 2019 ás 23:33 (UTC)
Bueno, nalgures pon "edita con afouteza" :). Estaría ben contactar con elas se é que non contactaron con ninguén do Wikipedia:Wikiproxecto mulleres, cando menos. Un grupo de edición con quedadas semanais pode ser algo moi positivo, se se coordina ben Maria zaos (conversa) 5 de febreiro de 2019 ás 23:52 (UTC)
Si Maria zaos, xa dixen que está ben, pero... :) Xa vin q é esa persoa a que vai dar a charla, aínda que non é editora da Galipedia, pero o espazo de traballo permanente non o vai levar ela. E por certo, acabo de comprobar que con este centro xa me puxera eu en contacto polo wikimaratón do ano pasado, así que o meu correo e o meu teléfono xa o tiñan... :) Eu o 26 non podo ir ata Vigo, podo mandarlles un correo para ofrecerlles a nosa axuda, logo poño un bosquexo aquí para q lle botedes un ollo antes de mandalo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de febreiro de 2019 ás 09:42 (UTC)
Proposta de correo a enviar:
Bos días, son un dos editores da Galipedia, https://gl.wikipedia.org/wiki/Usuario:Elisardojm, e póñome en contacto con vostedes en relación ó obradoiro de edición e ó espazo de traballo Wikimulleres que van a organizar. De primeiro quero felicitalas pola súa iniciativa xa que as Wikipedias precisan melloras neste campo e todas as achegas son benvidas, e o segundo é para ofrecerlles a miña colaboración e axuda dentro da Galipedia. Non poderei asistir á xornada do día 26, pero podemos estar en contacto tanto por correo electrónico, teléfono ou deixándome un aviso miña páxina de conversa da Galipedia, o que prefiran. Un saúdo.... e engado os meus datos de contacto.
Maria zaos e HombreDHojalata, parécevos axeitado así o correo? Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de febreiro de 2019 ás 11:02 (UTC)
Está moi correcto, si. Hai un tema que é o seguinte, poñoo por se acaso: cando se refiren ao espazo Wikimulleres eu entendo que se refiren a este espazo ou á súa versión en galego. Maria zaos (conversa) 6 de febreiro de 2019 ás 11:09 (UTC)
Maria zaos eu entendo que se refiren ás reunións que van facer os luns, pero tampouco o sei seguro. O que tamén lle podo comentar no correo é q aqui temos o Wikipedia:Wikiproxecto mulleres e que se queren participar nel, sería moi interesante para nós, non? Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de febreiro de 2019 ás 14:27 (UTC)

────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────Eu abstéñome. Non teño unha opinión clara sobre este tema. Quizais me falten datos para poder comprender por que certas cousas suceden dun xeito determinado. --. HombreDHojalata.conversa 6 de febreiro de 2019 ás 17:35 (UTC)

Elisardojm, dende o meu punto de vista moi persoal e non necesariamente representativo de nada, a miña resposta á túa pregunta é " si e non". Claro que é interesante, pero aínda que teñamos bastantes incógnitas sobre como se van organizar, ata o momento é claro que a actividade se organiza externamente e de xeito independente. Por aí o teu correo orixinal é, para min, ben correcto. Se algunha das participantes acaba editando na Galipedia, estupendísimo, (xa vai no texto que tes) e a partir de aí pois a súa andaina será tratada como a de calquera persoa que comeza a editar acó. E sobre o de sinalar o do wikiproxecto, máis ben non polo seguinte ( ollo que isto que escribo é a título totalmente persoal): Segundo se mire, podería interpretarse mal, como unha comparación velada, por exemplo. Os wikiproxectos son bastante visibles mesmo para quen acaba de aterrar acó. Calquera editora é benvida e pode, como calquera outra persoa, editar en función dos seus intereses e é máis: apuntarse a calquera dos wikiproxectos é libre e totalmente voluntario. Se se quere incluír algo máis, eu en todo caso incluiría a lista de todos os wikiproxectos, non este en concreto. A maiores pois xa dis no correo que quedas aí para solucionar calquera dúbida, así que poden preguntar sobre o tema. Un saúdo. Maria zaos (conversa) 6 de febreiro de 2019 ás 19:02 (UTC)
Vale, paréceme ben a túa idea Maria zaos, mandarei o texto orixinal. Por outra banda, comentar que me dixeron que, polo que parece, o obradoiro xa completou as prazas que ofertaba... Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de febreiro de 2019 ás 23:00 (UTC)
Saludos Soy Montserrat Boix del Grupo de Usuarias de Wikimujeres. Las compañeras del Centro de Documentación Feminista de Vigo escribieron a Wikimujeres porque querían empezar a editar. En un principio querían apoyo para una editatona el 11 de febrero día de la mujer y la ciencia. No pudo ser porque era muy precipitado. Les planteamos que en vez de una editatona estaría bien que se creara un grupo de personas de manera estable para que aprendieran a editar wikipedia y por ello se creó el grupo de trabajo/taller para el día 26 de febrero. No hemos ido a buscar a nadie, el servicio de documentación ha pedido apoyo a la coordinación de Wikimujeres a través del correo electrónico y hemos respondido. Esto no va de clanes, se trata de sumar. Ni de ocupar territorios. En Wikimujeres hay compañeras de muchos espacios y de varios idiomas, entre ellas por cierto veo alguna firma que también está en la red de Wikimujeres. Cada cual edita en el idioma que le va bien y le apetece. Cuantas más actividades y grupo de trabajo mejor. Acabo de ver el artículo del Faro de Vigo. Ha ido más rápida la publicidad que todo lo demás. De hecho estoy en estos momentos en Chile en la reunión del Movimiento Wikimedia de Iberocoop 2019. ¿Alguien de Galipedia en la reunión? Intentaré leer con tranquilidad el hilo de la conversación y el debate. Se catalán pero no gallego. Lo siento. Un saludo.--Mboix (conversa) 7 de febreiro de 2019 ás 19:36 (UTC)
(en castelán) Gracias por la aclaración, Mboix, aunque creo que te defiendes de cosas de las que nadie te ha acusado Face-smile.svg --. HombreDHojalata.conversa 7 de febreiro de 2019 ás 20:13 (UTC)
No entiendo gallego. Estoy usando traductor automático. En realidad a mi lo que me gusta es editar wikipedia y no meterme en estos líos. Intento apoyar la formación en edición desde la perspectiva de género y que haya más mujeres editando desde el activismo del conocimiento libre y diverso porque me parece clave para avanzar en los contenidos de diversidad y desde la necesidad constatada de abrir el movimiento wikimedia. Este hilo me ha sorprendido. Alguien ha preguntado me ha parecido entender "porque no se pregunta a la comunidad" y es que yo y Wikimujeres también formo/formamos parte de la comunidad. De la comunidad internacional que al margen de los idiomas defiende que la wikipedia no puede escribirse sólo en masculino singular y desde la perspectiva anglosajona como ocurre con demasiada frecuencia. Sólo he contado cómo se ha producido el proceso del taller. Y se trata de sumar, así que todo apoyo será bienvenido. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Mboix (conversacontribucións)
(en castelán) Bueno, ésto no es ningún "lío". Si la cosa es que no lo has entendido (por el idioma), con gusto te traduzco lo que ha dicho el compañero: "Está bien, estaría mejor si contasen un poco con la comunidad. Saludos".
Su afirmación (la suya, de él) a mi me parece sumamente razonable. Cuando habla (él) de "la comunidad" (y en el contexto en que lo hace) entiendo yo que se refiere a esta comunidad, puesto que en las noticias se habla, entre otras cosas, de la "Galipedia".
Presume, por favor, User:Mboix, buena fe (en:Wikipedia:Assume good faith) y no tomes lo que se ha dicho como ataque contra nada ni contra nadie, porque no lo es.
Por cierto, en gl.wiki, además del Wikipedia:Wikiproxecto mulleres, tenemos otro (de objetivos, si quieres, más "locales"), Wikipedia:Wikiproxecto galegas, que inicié hace seis años, y en el que, por supuesto, te invito a participar. --. HombreDHojalata.conversa 7 de febreiro de 2019 ás 22:40 (UTC)

Claro que si, por supuesto, buena fe. Te aseguro que también por mi parte. Y muchas gracias por las referencias. Me lo miro y os pregunto dudas. También encantada de si alguien se acerca a Vigo el 26 y charlar. Hay que sumar, por supuesto. Seguimos ;-) --Mboix (conversa) 8 de febreiro de 2019 ás 00:27 (UTC)

(en castelán) Si claro Mboix, me refería a la comunidad de la Galipedia, ya que las políticas no son iguales en todas las Wikipedias, ni el libro de estilo, etc..., y que sería interesante comentar en esa jornada. Como ya puse arriba en el correo para el Centro de Documentación, y que ya he enviado, la propuesta me parece estupenda y espero que funcione a las mil marabillas porque creo que sería el primer y único grupo de estas características en Galicia, y que podría servir de ejemplo para crear otros, centrados en este tema o en otros diferentes, y que serían un gran apoyo a la edición. Yo el 26 no puedo ir a Vigo, no sé si otros habrían podido acercarse, pero de todos modos me han comentado que las plazas para asistir ya están completas... Otra casa, acabo de ver que del Centro de Documentación ya me han respondido al correo, me agradecen la oferta y guardan mi contacto para otras colaboraciones. Saúdos, Elisardojm (conversa) 8 de febreiro de 2019 ás 12:49 (UTC)

Novo trebello de medición de calidade de artigos[editar a fonte]

Boas, xa está nas preferencias de usuario un novo trebello, a calidade dos artigos, que fai unha medición automática da calidade e amosa unha icona na parte superior. Esta medición faise en base á campaña de medición de artigos que se fixo hai uns meses. Hai que lembrar que é unha ferramenta automática e ten moitas limitacións, pero pode dar unha aproximación da calidade do artigo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de febreiro de 2019 ás 01:38 (UTC)

Vin que están marcados doutro xeito os artigos ao entrar nun deles, mais cando expresan 2,5 creo que debería expresarse sobre canto é a calidade, se sobre 4, 5 ou sobre 10. Deume por entrar en dous de calidade para sabelo e levei a sorpresa de que estaban marcados moi baixos (Castelao, Rosalía de Castro). Lles (conversa) 14 de febreiro de 2019 ás 07:17 (UTC)
Tes razon Lles, hai algo mal pq acabo de consultar eses artigos con outra ferramenta ORES e teñen de puntacion 5.09 e 5.01. Revisarei a ver q pasa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de febreiro de 2019 ás 07:29 (UTC)
Xa está amañado Lles. Creo q a valoración vai de 1 a 6, vou tentar q indique o maximo. Cambieille o nome por "Estimacion de calidade". Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de febreiro de 2019 ás 07:42 (UTC)

E non podería, pregunto, incluír unha ligazón interna a unha páxina que explique que é iso da "estimación de calidade" e/ou o tal "sistema ORES"? Así mesmo, neste mesmo fío, non se podería incluir unha ligazón interna a algunha páxina desa campaña que se fixo hai uns meses? --. HombreDHojalata.conversa 14 de febreiro de 2019 ás 08:00 (UTC)

Engadín na definición do trebello a ligazón a Usuario:Elisardojm/ArticleQuality onde se explica o que fai. Amosa a estimación ORES de calidade ó comezo do artigo, no historial e tamén ó lado das ligazóns dos artigos usando Modelo:Medición ORES, podedes ver como queda en Wikipedia:Wikiproxecto 1000 artigos de calidade para alumnado de 12 a 16 anos/Educación corporal.
Vou mirar de incluír algunha ligazón ó que dis HombreDHojalata. A campaña de etiquetaxe ORES comentouse en Wikipedia:A_Taberna_(novas)/Arquivo_20#Preparación_do_servizo_ORES_na_Galipedia.
Por outra banda, algunhas das páxinas do trebello están en subpáxinas de usuario porque non sei moi ben onde teñen que estar, eu fixen a adaptación de eu.wiki e alí están organizadas dese xeito... Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de febreiro de 2019 ás 08:13 (UTC)
Lles e HombreDHojalata, xa está engadida a escala (puxen q vai de 0 a 6, pero teño q consultalo pq aínda non atopei ningun artigo por debaixo do 1) e a ligazón á páxina de axuda. Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de febreiro de 2019 ás 08:27 (UTC)

Boas de novo, como houbo varias dúbidas sobre o funcionamento do trebello, q eu puxera por defecto para tódolos usuarios (principalmente para q lle saia tamén ás IPs), acabo de quitar a visualización por defecto mentres non se axusta un pouco e se decide como poñelo. O que queira usalo pode activalo nas súas preferencias na sección Trebellos, marcando "Calidade dos artigos". Sinto as molestias q isto vos puidese ter ocasionado. Saúdos, Elisardojm (conversa) 14 de febreiro de 2019 ás 11:40 (UTC)

Lles, confirmado, a escala é de 1 a 6, xa o cambiei no trebello. Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de febreiro de 2019 ás 19:44 (UTC)

"La UE blinda los memes, los GIF y la Wikipedia en Internet" (en castelán)[editar a fonte]

Porteiro, Cristina (14/2/2019). "La UE blinda los memes, los GIF y la Wikipedia en Internet". La Voz de Galicia (en castelán).  --. HombreDHojalata.conversa 15 de febreiro de 2019 ás 18:42 (UTC)

Artículo 13: filtros de subida El negociador del Parlamento Axel Voss aceptó el trato entre Francia y Alemania que esbocé en una entrada reciente del blog: Las webs comerciales y las apps en las que los usuarios puedan publicar material deben hacer sus "mejores esfuerzos" para comprar licencias preventivamente para cualquier cosa que los usuarios pudieran posiblemente subir - es decir: todo el contenido con copyright del mundo. Una proeza imposible.
Artículo 11 : el "impuesto al enlace" La versión definitva de este copyright extra para sitios de noticias se parece mucho a la versión que ya fracasó en Alemania - sólo que esta vez no se limita a motores de búsqueda y agregadores de noticias, lo cual significa que hará daño a muchos más sitios. Reproducir algo más que "palabras únicas o extractos muy cortos" de noticias requerirá una licencia. Eso seguramente abarcará muchos de los snippets comunmente mostrados junto a los enlaces en la actualidad, para dar una idea de a qué refieren.

Últimas noticias: El texto del Artículo 13 y la Directiva Europea del Copyright ha concluído. https://www.internautas.org/html/10235.html—o anterior comentario sen asinar foi feito por 188.87.66.43 (conversacontribucións) 16 de febreiro de 2019 ás 01:23‎

Talk to us about talking[editar a fonte]

Trizek (WMF) 21 de febreiro de 2019 ás 15:01 (UTC)